Xosé Alfredo Pereira Martínez

Xosé Alfredo Pereira Martínez

Sabarís, 1956 Vinculado ao movemento da recuperación dos montes veciñais en man común desde a década dos 70 do século pasado, participando nos Comités de axuda á loita labrega e na Coordenadora de montes de Pontevedra. No ano 1989 forma parte da Coordenadora de Montes de Galicia É coofundador da Mancomunidades de comunidades de montes de Val Miñor, a primeira mancomunidade de comunidades de montes que se crea no País (1992) No ano 1997 preside o I Congreso Galego de comunidades de montes celebrado no concello de Poio. No ano 2002, preside o II Congreso Galego de comunidades de montes celebrado no concello de Pontevedra. No ano 1999 e nomeado Presidente da Organización Galega de comunidades de montes veciñais en man común (ORGACCMM), cargo que ostenta na actualidade. É presidente da comunidade de montes veciñais en man común da parroquia de Santa Cristina da Ramallosa no concello de Baiona.