No monte veciñal: a unidade (real) e a loita social, tamén é o camiño

No monte veciñal: a unidade (real) e a loita social, tamén é o camiño
Dende sempre, as empresas forestais e madeireiras, para incrementar os seus negocios, tiveron os montes veciñais no seu punto de mira para usurpalos. Estas terras comunitarias por sua superficie media (250has), eran, segundo palabras destes iluminados, tecnicamente manexabeis e fiñanceiramente rentabeis. Manexabeis e rentabeis para o seu obxetivo, que non e outro que encher estas terras comunitarias de especies de crecemento rápido para a produción de celulosa e cultivos enerxéticos.

En xuño do ano 2012,case acadan este obxetivo (usuprarlle os montes veciñais a veciñanza comuneira). O Partido Popular ,expresión política dos intereses forestais e madeireiros, promulga a chamada lei de montes de Galicia. Nunha das disposicións transitorias de esa lei, dictaba que os montes veciñais consorciados e/ou conveniados, nun prazo de 4 anos, ou pagaban as falsas e inxustas débedas que acarrexaban eses consorcios e/ou convenios ,ou tiñan que entregar a xestión das súas terras comunitarias as empresas forestais e/ou madeireiras, mediante a sinatura dos chamados eufemisticamente contratos temporais de xestión pública. Eufemisticamente xa que a lei de contratos das administracións, permite que estas contraten a empresas privadas para facer os traballos que lle corresponderían.

Dende do mesmo momento en que entrou en vigor esta lei de montes de Galicia, as comunidades de montes,unidas na Organización Galega de comunidades de montes veciñais, rexeitaron este roubo das terras comunitarias para entregarllas de balde as empresas forestais e/ou madeireiras, e iniciaron unha loita social para parar esta inxustiza. Chanzos de esta loita social foron a realización de asambleas informativas en toda Galiza ,a convocatoria en Compostela de duas manifestacions nacionais. E tamén a solicitude aos grupos parlamentares do Parlamento Galego, para que presentaran iniciativas parlamentares para evitar este roubo dos montes veciñais.

A verdade debe prevalecer sempre e xa que logo e de xustiza recoñecer e agradecer, que o único grupo parlamentar que atendeu as reclamacións das comunidades de montes de Galiza, foi o grupo parlamentar do BNG. Este grupo parlamentar, a través do seu deputado Xose Luís Rivas, mais coñecido por Mini, presentou varias iniciativas parlamentares que recollían as reivindicacións das comunidades de montes. Os demais grupos parlamentares da oposición no Parlamento Galego (socialistas e os autodenominados rupturistas), tamén tiña coñecemento de estas reivindicacións das comunidades de montes de Galiza. Mais non moveron un palleiro. Tamén e de xustiza recoñecer que as comunidades de montes de Galiza, non estiveron soas nesta loita contra o roubo de terras comunitarias para entregarllas de balde as empresas forestais e/ou madeireiras.Contaron co apoio da Alianza rural por un medio rural galego vivo (ADEGA, CIG, FRUGA) e co SLG.

Esta loita social e reivindicativa das comunidades de montes ,empezaba a acadar resultados. O primeiro foi que o Partido Popular, modificou esa disposición transitoria de lei de montes de Galicia e o roubo de terras comunitarias que si ia facer no an 2016, pasou a ter que facerse no ano 2020. O segundo resultado acadado, foi unha nova modificación da disposición transitoria, mediante a cal, as falsas débedas que tiñan os montes veciñais consorciados e/ou conveniados, so se contabilizaria do 2005 para adiante. En termos futbolísticos, podemos decir que as comunidades de montes ían gañando o partido, mais ainda faltaba minutos para rematar o mesmo.

Está a piques de promulgarse un decreto polo que se aprobará o regulamento polo que se rexerán os contratos temporais de xestión pública. Nunha das suas disposicions transitorias, dicese que a administración poderá condonar as falsas e inxustas débedas dos montes consorciados e/ou conveniados; cuestión a que ate de agora, negábase sistematicamente a consellaría do medio rural. Seguindo cos termos futbolísticos ,podemos decir que o partido rematou e que foi gañado polas comunidades de montes de Galiza.

Unha vez mais, volvese a amosar que a unidade( real) e a loita social e reinvidicativa, e o camiño para acadar a defensa dos intereses das maioiras sociais. E non somentes nos diversos sectores. Tamén no Pais. Os bos resultados acadados polo nacionalismo nas pasadas elecións o Parlamento Galego, tamén o indican. Resultados bos, pero sobor de todo, esperanzadores para a futuro da nosa nación.