Libros da Fundación

O volume 50 preguntas, 50 argumentos para a soberanía de Galiza, nace como resposta a unha necesidade: dotármonos colectivamente de máis e mellores argumentos. Participan cincuenta persoas de ámbitos, xeracións e formación diversas. E é unha obra intencionadamente inacabada. Non é ningunha caste de catecismo laico. Non están todas as preguntas, nin estas son as únicas respostas posíbeis. Recollemos nesta descarga a portada, o sumario e a introdución. De teres interese en adquirir a revista, só tes que te poñer en contacto coa Fundación Bautista Álvarez.

Terra e Tempo Nº 171. "50 preguntas, 50 argumentos para a soberanía de Galiza"