Modificación do Consello Forestal de Galiza

Modificación do Consello Forestal de Galiza
A consellaria do medio rural, presentou un borrador para modificar o Consello Forestal de Galiza. Os obxetivos da pretendida modificacion, son dous: expulsar, legal, pero antidemocraticamente, a todas aquelas organizacions e entidades que non comulgan coa política forestalista do Partido Popular e deixar asentado un lobbi madeirista-forestalista, que hipoteque calquer muda da política de montes que pretenda levar adiante, consellarias de medio rural futuras, que sexan de outra cor política.

O borrador da modificación do Consello Forestal indica que as entidades e organizacions, que queiran formar parte do Consello Forestal, teñen que contar no seu organigrama con personal con dedicación permantente en materia forestal, así como unha apropiada infraestructura e medios ofimáticos. Por se esto fose pouco, tamén esixen que teñan experiencia demostrabel, mediante facultade de mobilización de expertos e tecnicos en materia de seguimento, planificación, xestión, conservación ou aproveitamentos das masas forestais.

De este xeito antidemocrático, a conselleria do medio rural, expulsa do Consello Forestal, a aquelas organizacions que teñen como fín principal a reinvindicación de unha política de montes mutlifuncional e sustentabel. Expulsará tamén a aquelas organizacions e entidades, sen ánimo de lucro , relacionadas co monte como poden ser :grupos medioambientais, usuarios/as, organizacions civís.............So quedarán co Consello Forestal de Galiza, organizacions empresariais, sobor de todo forestalistas e madeireiras e organizacions “amigas “ da Conselleria do medio rural.

Como se este atrancamento, poidera ter algunha fisura,pola que se poidera colar,non vaia ser o demo, algunha organización que non comulgue coa política forestal do Partido Popular, poñen unha traba mais. Formarán parte do Consello Forestal , so cinco entidades das diversas camaras representativas. As outras entidades , estarán pero non estarán. Seran convidados de pedra que non terá información, nen poderán participar nos debates. A algúns ou algunhas, a este funcionamento chamalle democracia delegada. Mais é unha democracia organica e xa que logo , non é democracia.

As empresas forestais e madeireiras, non dan pontada sen fio. E prantexan esta modificación do Consello Forestal de Galiza, quede como sua punta de lanza, para impor a sua política forestalista, goberne quén goberne. De feito que, nas 8 camaras de representación , que conformarán o Consello Forestal, deixan fora,as comunidades de montes , os sindicatos agrarios e as centrais sindicais. Certamente, as comunidades de montes non as deixan fora, mais colocanas baixo o epigrafe de “propietarios”.Cando as comunidades de montes, son as titulares dos montes veciñais, unha titularidade singular de Galiza, unha seña de identidade da nosa nación. Os/as redactores/as do borrador da modificación do Consello Forestal, amosan o seu caracter antigalego.E o que é pìor, a sua intención de que as comunidades de montes desparezan.

Os que si quedarán fora , seran os sindicatos agrarios e as centrais sindicais. O que non ten sentido ningún. Os primeiros xa que se falamos de un aproveitamento multifuncional do monte, un deses aproveitamentos é o agro-gandeiro. Os segundos, non só porque no Consello Forestal, están representadas todas as empresas relecionadas co monte, senón que na loita contra o lume, teñen cousas que dicer.

Estamos diante de unha ferramenta lexislativa(un decreto), feito ad hoc. E xa que logo, legalmente perverso (primeiro marcase o interés e logo adecuas o texto ), e democráticamente impresentabel. E tan ac hoc. que mesmo. nun consello a nivel galego, permitese a presencia de representacions provincias. Porque o fán?. Fano para asegurar a presencia no Consello Forestal dos productores particulares de madeira do norte de Galiza. Productores que a sua visión do monte empeza e acaba en “os eucaliptus, onde como e canto queiran os titulares das terras.”

Coa modificación do Consello Forestal de Galiza, a conselleria de xeito antidemocrático, pretende expulsar do mesmo as entidades e organizaions que non comulgan coa sua política forestalista. Estas entidades, temos que expulsar ao Partido Popular da Xunta de Galiza. Mais non como eles, senón de xeito legal a democrático :información, mobilizacions e procesos eleitorais.