Fondo Monetario Internacional. Si á pobreza, non á desigualdade

Fondo Monetario Internacional. Si á pobreza, non á desigualdade
A década do 2020 comezou cun cambio na cúpula do Fondo Monetario Internacional (FMI) o instrumento financeiro controlado polos EEUU A década do 2020 comezou cun cambio na cúpula do Fondo Monetario Internacional (FMI) o instrumento financeiro controlado polos EEUU. Unha nova orientación para ocultar o seu nefasto papel histórico moi visíbel de endebedamento e empobrecemento dos paises que caeron nas súas redes cos créditos para o financiamento dos seus Estados en crise. Estes foron a escusa para enriquecer inda máis o Capital global xunto as minorias cleptómanas dos seus paises, sumindo ainda máis na pobreza e a miseria as maiorías sociais dos pobos nos que actuaron, coa imposición da austeridade en complicidade cos seus gobernos oligárquicos.` A substitución de Christine Lagarde formada nas Universidades estadounidenses, na dirección do FMI hoxe destinada a xestión das finanzas europeas no BCE, pola nova Directora Xerente Kristalina Ivanova Georgieva-Kinova simboliza o cambio de imaxe motivado polo profundo deterioro da credibilidade, no seu papel de salvadora dos paises en crise. Así, hoxe temos neste posto da máxima responsabilidade unha economísta búlgara, neta dun destacado revolucionario bolxevique e filla dun burócrata soviético búlgaro. Kristalina ten o doctorado en economía do Instituto Superior “Karl Marx” de Sofia, agora con outro nome. Pero tamén é acompañada pola economista hindú Gita Gopinath, formada nas universidades estadounidenses e oriunda do Estado do matriarcado socialista de Kerala, como directora do Departamento de Estudos do FMI. Foi todo un cambio ornamental para desta maneira, ocultar as numerosas desfeitas cometidas nos países entrampados cos seus empréstitos. Que podemos agardar cos novos cambios no escenario da cúpula do FMI?. Para responder a este interrogante temos que partir da premisa de que a súa estratexia está subordinada ao obxectivo de obter os máximos beneficios para o Capital da oligarquia mundial, comezando pola afincada nos EEUU, e a súa política sempre será a expropiación dos recursos estratéxicos dos paises prestameiros para a oligarquía mediante a súa privatización. Arestora o seu novo discurso céntrase na importancia que para a nova directora do FMI ten a desigualdade dentro dos pobos como obstáculo ao crecemento económico capitalista e, xa que logo, a promover políticas de reparto da riqueza dentro dos pobos condicionada aos seus préstamos, amais da súa privatización oligárquica, e aplicalos dunha maneira eficiente ao facelos rendíbeis. Deste xeito a” desigualdade” esgrimida polo FMI convértese nunha falacia empregada para agudizar as contradicións internas entre os sectores populares dentro dos pobos, esquecendo a tremenda desigualdade entre a minúscula élite super podente imperialista e as maiorías sociais empobreciodas das nacións .O mensaxe é claro, culpar aos colectivos populares de todos os desaxustes, liberando a élite capitalista de toda responsabilidade e poñela como a salvadora do mundo. O FMI ante a crecente parálise do seu sistema propon elevar os impostos indirectos que gravan o consumo, como o IVE, impostos progresivos sobre algúns sectores económicos populares como os autónomos, pequenas empresas e pensionistas , que considera privilexiados, para favorecer a emerxencia de novas clases medias innovadoras ligadas aos intereses do capital ,confrontando por abaixo e liquidando a estes sectores populares, coa escusa de reducir a desigualdade entre eles. A “desigualdade” asi entendida polo FMI é un problema porque afecta negativamente a xeneración dunha demanda solvente, e ya que logo, tamén a taxa de ganancias do Capital. Segundo os tecnócratas do novo FMI, as clases medias emerxentes son o motor da ganancia capitalista , inda sendo minoritarias pois son os xeneradores principais desta demanda, unha especie de “destrución creativa” seguindo a Schumpeter, emporiso deben contar cun marco xurídico axeitado para apoiar aqueles individuos emprendedores ainda que sexa a costa do empobrecemento das maiorias sociais pasivas, mais evitando no posible que éstas caian na miseria. Para os voceiros do FMI a “igualdade” é sempre “ igualdade individual de oportunidades” para a totalidade sen exclusións extra económicas, mais dotada da máxima mobilidade social sempre por abaixo da pirámide social. A exclusividade inmutábel da élite privada gobernante mantense para a salvagarda da estabilidade do sistema. A igualdade social conduce a pobreza xeneralizada, segundo o FMI, por ser contraria a liberdade de mercado que xunto a propiedade privada, e a base da riqueza e da liberdade burguesa en todolos ámbitos. Desigualdade e pobreza non son o mesmo para o FMI. A pobreza non é o importante é como a austeridade, xa que non xeran demanda no mercado, fora dos produtos de primeira necesidade. Outra cousa é a miseria que pon en perigo a estabilidade do sistema e deslexitima o Estado e a supervivencia da élite privada capitalista. A desigualdade pola base é un problema en si mesmo, xa que os privilexias extra económicos no capitalismo afectan ao crecemento económico, debilitando as súas capacidades produtivas. Segundo Gita Gopinath as medidas económicas deben establecerse de acordo cos criterios técnicos do FMI, aplicados sen distinción do orixe de clase ou caste e blindados contra as intervencións de ruptura alleas aos criterios dos expertos na economía académica capitalista. A pobreza soamente convértese nunha dificultade, segundo o FMI, cando chega a extrema pobreza, non tanto por unha cuestión ética, se non porque pode ser utilizada cara a revolucións sociais e políticas. Por iso, propoñen a xeneralización dunha renda básica universal financiada cos impostos ao consumo, xunto a doazóns aportadas co consenso dos oligarcas capitalistas que os asegure contra as confiscacións derivadas dun conflito social antagónico, pois preferen perder algo e rascarse o peto exercendo unha fraternidade caritativa , antes que perdelo todo. Outra via para a salvagarda do sistema é o xenocidio que na practica non se desbota, senon ca complementa, facendo cabalgar, de cando en vez, os catro xinetes da Apocalipse, (a guerra, a fame, a peste e a morte),para reducir a poboación sobrante e poñer as cousas no seu sitio, a pesar dos riscos que iso comporta. Mais sen risco non hai beneficios para o Capital. A política económica anunciada polo FMI, oscila entre o neoliberalismo e a socialdemocracia, unha pugna inter burguesa que varre as fronteiras políticas entre esquerda e dereita, que con distintos disfraces perseguen o mesmo obxectivo , o acrecentameno da taxa de ganancias para erguer a acumulación de capital. Nada de cambios contrarios a esta meta, todo o contrario. En base a este parámetro se propon o combate a extrema pobreza e a marxinalidade social, que pode afectar negativamente e estabilidade política e social. Como alternativa promoven a organización de actuaciones lucrativas solidarias e caritativas, e manter a gran masa da poboación sumida nunha pobreza xeneralizada igualitaria e sostíbel. Tamén así o Capital pode dispoñer dunha masa de traballadoras e traballadores ocasionais en precario, e o máis importante, sen dereitos, facendo investimentos no gasto social para xestionar facendo negocio lucrativo, coa primacia de empresas e entidades privadas e cás Igrexas,e ONGS ao seu servizo, para crear una gran masa social agradecida e dócil, ao sentirse segura manténdose nunha cómoda pobreza liberada da miseria. Desta maneira a sociedade é máis segura para a oligarquia capitalista e controlada a través das últimas técnicas de comunicación. En todo caso o FMI ignora a brutal desigualdade existente entre a élite imperialista e as grandes maiorias sociais e pobos afundidos na miseria, é en ningún caso recoñece que esta colosal desigualdade é consecuencia do orde capitalista imperialista; e non pode ser doutra maneira xa que é unha ferramenta manexada polos EEUU, o pais máis rico e poderoso do mundo, que ainda que ten máis de 40 millóns vivindo na pobreza e extrema pobreza, está decidido a subordinar a todos os paises do mundo aos intereses da súa reducida élite oligárquica. Mais ante a crecente deslexitimación deste poder imperial e dos seus aparellos financeiros opresivos, xa comeza a cuestionarse polos pobos a súa hexemonia, e para contrarrestar este descrédito recupéranse receitas intervencionistas públicas do pasado pero sempre supeditadas a auto regulación privada do mercado libre baixo o goberno do capital financeiro. O FMI aproveita a crise ecolóxica consubstancial co capitalismo como escusa para limitar o consumo necesario das amplas masas, descoñecendo a depredación agresiva da natureza polas élites, as que aconsella investir para facer negocio ca ecoloxía e o medio ambiente para reducir o desemprego. Unha boa oportunidade para obter ganancias capitalistas neste novo sector tan demandado polas sociedades. Isto é o que hoxe nos propon o FMI como instrumento inequívoco do capitalismo imperialista, a pesar de todas as aparencias, cunha liberdade, igualdade e fraternidade adulteradas, e receitas intercaladas de neoliberalismo con un diluído keynesianysmo. Unha sociedade perfecta, de crecemento cero robotizada ao servizo dunha minúscula élite global todopoderosa de matriz estadounidense. “Hai que anular as cotas (da seguridade social), elevar o IVE...e co IVE pagar as pensións” “O sistema de pensións español está quebrado” son as recomendacións do FMI para o Estado español e “concordan en sinalar que o seu sistema de prestacións sociais é irracional”. Kristalina di “que España gasta moito en pensións, e amais dunha maneira ineficiente”.Como consecuencia o “Estado de Benestar español” perpetúa as desigualdades, sendo un sistema insostíbel debido a xenerosidade das pensións combinada co envellecemento da poboación. A segunda consecuencia é que España, a pesar disto, gasta menos en prestacións sociais que os seus socios europeos porque non hai tantos sistemas complementarios, como no norte de Europa”. Con estes razoamentos o FMI busca o obxectivo de opor as contradicións entre os distintos sectores populares para agochar a principal a existente cos distintos chanzos da élite capitalista imperialista. Na Galiza inda hai menos sistemas privados complementarios, tan apreciados por Kristalina e que segundo ésta “o sistema público de pensións é un sistema de solidariedade entre xeneracións, xa que os traballadores activos de hoxe pagan coas súas cotizacións aos pensionistas de hoxe”( e o cotizado polos pensionistas de hoxe, onde foi?). “E así os seus fillos lles pagarán as pensión a eles.”(Se chimpa sempre a xeración actual). “Por iso chámase un sistema de reparto que non ten nada que ver cos sistemas de capitalización” (Falso).É un sistema de capitalización público e non privado,velaquí a diferenza Esta engade con cara lavada “que os que non teñen fillos non deberían ter dereito a pensións”! As galegas e os galegos imos bos!. Pero debémonos sosegar, xa que o FMI nos afastará da miseria grazas ao negocio lucrativo das ONGS subvencionadas por eles que nos van asegurar unha pobreza xeneralizada igualitaria, se somos obedientes e a maioria seguimos votando aos partidos politicos de ambito estatal e continuamos sendo unha colonia, mais para iso temos que renunciar a liberdade e identidade como pobo, e tamén entre outras moitas cousas como a sanidade e o ensino públicos ao “inxusto” e “ineficiente” sistema público de pensións que” perxudica a nosa mocidade”, segundo Kristalina. Así, a maioría das galegas e galegos terán a facultade para participar en “igualdade de oportunidades” formando parte das clases medias acomodadas, se queren, e se non queren poden vivir nunha cómoda pobreza igualitaria grazas a “xenerosidade” do FMI. Poderán acceder ás clases medias, ben pola emigración fora do Pais, ou algúns, os mellor vendidos, traballando dentro do Pais para o aparello do poder político económico españolista e imperialista internacional, sen esquencer a capacidade de algúns de nós liberados de escrúpulos, para montar multinacionaís caritativas e “benfeitoras”. Este é o “esplendoroso” futuro que nos ofrece o anovado FMI. Nótase a man dos EEUU. Ou non?