Necesidade de cambios pero… de qué cambios?

Necesidade de cambios pero… de qué cambios?
Veremos se se adoptan medidas novedosas ou se se segue exprimindo aos de abaixo. Se se fai isto último a confrontación social soamente será custión de tempo

A menxase á población é nítida: temos que facer un cambio, mudar de conducta ao respecto dos cretos,  recortar o sistema de benestar, traballar máis tempo por menos soldo ...
O outro día discutía eu con un colega sobre este tema. El dicíme que iso de "ir de vacacións con un crédito era estúpido", e eu lle respostaba que me parecía máis asumible pedir un credito para iso e a pagar nun horizonte dun ano, que para mercar unha vivenda para pagar a corenta anos neses anos de burbulla.

Esa discusión non chegou a nada interesante. El mantuvo a súa idea e eu a miña. El me dicía que unha vivenda era unha vivenda e eu que corenta anos son  moitos para fialos a un tipo de interese variable (é o tipo de interese máis utilizado ata o de agora na merca dunha vivenda).

En fin, que a pesares da traxedia do "empufe" colectivo, parece que no fondo, no verdadeiramente importante, non hai cambios e peor ainda, parece que non se esperan.

Isto non é máis que unha anécdota de cómo están gravadas certas eibas na nosa cultura cidadán. Temos mentalidade de escravos, de escravos "das ideas dos que saben". E saben porque están arriba, arriba de ónde,..., pois arriba.

E nese cambio de mentalidade é onde está a necesidade de facer fincapé. Esa verdade franciscana, que dicía que "canto máis cousas tes, menos libre es" é unha máxima que se pode aplicar ainda hoxe no que respecta o tema da vivenda comprada a crédito a longo prazo.

Temos a necesidade, para subsistir coma sociedade, de transmitir aos nosos xóvenes os verdadeiros valores do esforzo individual, do traballo ben feito e da disciplina intelectual, para que poidan loitar individual e colectivamente para facer unha Galiza máis próspera e máis atrainte para os de aquí e para os de fora.

Pero haberá que rachar con moitas ideas "serias" e poñer no seu sitio (isto é, fora do sillón) a moitos dirixentes políticos que fían un mellor futuro a medidas que a eles non lles disgusten.

Xa lle baixaron os soldos aos traballadores públicos e van camiño de abaratar o despedimento dos traballadores fixos e no ano que ven, parece que van a empeorar o tema das pensións. Perfecto. Eles fan mal o seu traballo e os seus erros temos que pagalos os de "abaixo".

Teño medo de que a clase dirixente -política neste caso- crea que con iso xa está feito o traballo duro que tiñan que facer. E esta idea venme martelando dende fai uns dias, cando escoitei unha entrevista que lle facían nunca radio a alcaldesa de Alacante.

Muller de 39 anos, con quince anos de adicación o consistorio. A segunda máis nova nese posto  dunha capital de provincia. Dicía, entre outras cousas, duas  que me fixeron temblar. Unha delas era que quería propoñerlle ao seu partido (PP), que fixera unha moción en Madrid para modificar o tema da venda de patrimonio municipal para destiñar a gasto corriente e non soo a investimentos (o que agora prohibe a lei). E ante o seu público -estaban nas dependencias da casa do concello- argumentaba esta necesidade de cambio, para poder, entre outras cousas, seguir mantendo a tarxeta ouro, que permite aos xubilados viaxar de balde no transporte municipal, e para ter unha das cidades máis limpas de tal xeito que estaban a concursar para levar o premio de cidade máis limpa do estado. Dicía que máis adiante volvería a ter o concello máis patrimonio e.......

Con xente así dirixindo unha cidade, unha vila ou unha casa non imos para ningures.

Vamos a ter que implantar o tema da retribución fixa máis variable ó traballo dos políticos. E millor con un fixo moi baixo, para que o variable sexa interesante para eles conquerilo.

Con visións políticas tan chiripitiflauticas non saimos da crise nunha xeración.

Fai falla investir na xente nova que está a loitar polo seu futuro no posto de traballo ou no centro de estudos. Eles son os que teñen que ter a "tarxeta ouro". Teñen que ter un salario social, que lles permita desenrolar a sua vida sin preocuparse polas necesidades básicas, que estarían cubertas independentemente de cal sexa a sua procedencia.

Estamos a vivir unha crise que ten que ser unha oportunidade para a nosa sociedade. Temos que ver que se está a facer ou que se fixo en situacións semellantes en outros paises e que tiñeron éxito.

Deixemos de tirar cartos en servizos públicos "gratuitos" para comprar o voto e apostemos pola xente nova, polos nosos universitarios, investigadores e traballadores.

Noutras épocas había empresa pública en sectores económicos "vitais" para os estados. Agora deberá haber capital semente e controlado por parte de administración, que ten que dar soporte e canalizar esas capacidades que xurden de sempre na universidade.

Temos que valorar si temos un sector privado suficientemente forte para acometer investimentos en empresas innovadoras e con preoxección. E si fai falla que entre o diñeiro público, deberá facelo. Para iso si ten que estar o diñeiro público, non para malvendelo para pasear a un colectivo ou para comprar escobas.

Os grandes cambios teñen que chegar ainda, pero teñen que ser cambios para mellorar o noso presente e axudar ao futuro, non para hipotecalo, como estiveron a facer istes últimos vinte anos.

Quero recordar aquí a Pardiñas, o meu amigo da infancia que finou fai uns dias, que nas conversas que tiñamos fai trinta e tantos anos falabamos da necesidade que tiñamos con pais de ter algún instrumento que nos permitira vender fora aquilo que sabíamos facer ben aquí.

Era a finais dos anos setenta, era unha sociedade gris, que espertaba do malsoño da dictadura, pero con unha necesidade de facer moitos cambios e de rachar co que había. Pasou o tempo e case que nada mudou.

Confío en que desta sexamos quen de facer os cambios onde realmente teñen que facerse, e ese sitio é "nos de arriba".

Veremos si se adoptan medidas novedosas ou si se segue exprimindo aos de abaixo. Si se fai isto último a confrontación social soamente será custión de tempo.