Europa en folga

PEN08 ATENAS (GRECIA) 03/03/2010.- Pensionistas tratan de romper la linea de seguridad establecida por los policias antidisturbios durante una protesta convocada a frente a la sede del Gobierno griego en Atenas (Grecia), hoy, miércoles, 3 de marzo de 2010. El primer ministro griego, Yorgos Papandréu, advirtió hoy de que su país podría solicitar ayuda del Fondo Monetario Internacional (FMI) si la Unión Europea (UE) no respalda a Atenas en sus esfuerzos para luchar contra el déficit público y el grave endeudamiento que sufre. Según fuentes gubernamentales citadas por la televisión nacional NET, el dirigente socialista aseguró tras un Consejo de Ministros: "Ya hicimos lo necesario. Ahora le toca a Europa". "Si la UE no nos da el respaldo político, Grecia podría recurrir a la ayuda del FMI". Papandréu se refería al nuevo paquete de medidas de ahorro aprobado hoy, que incluye la subida del IVA, congelar el importe de las pensiones, reducir los ingresos de los funcionarios y elevar varios impuestos. EFE/Simela Pantzartzi
Se cae o movemento sindical europeo, se os traballadores non loitan polo conseguido nesta parte do mundo, imos a ter nos vindeiros anos un mundo máis negro

Esta vez ía falar da forte presenza no mexillón na oferta gastronómica para turistas e nacionais que vin neste verán no norte de Francia e en Bélxica. Pero como resulta que a finais deste mes temos un fito que pode ser histórico no mundo social europeo, vou aproveitar este espazo para falar da folga do día 29, e deixo o tema do "mexillón" para máis adiante.

Fai uns meses, e neste mesmo espazo, xa comentaba que os sindicatos eran a última esperanza para que Europa manteña un nivel de xustiza social e de estado de benestar para os seus cidadáns. E que esa loita tíñase que dar en todo o espazo europeo e non país a país.

É extraordinariamente importante que esta mobilización teña éxito. Noutros países pode que sexa soamente unha mobilización sindical, pero no Estado español vai acompañada dunha Folga Xeral. É certo que o Estado ten unha taxa de paro que ronda o 20% e en Galiza está arredor do 16%, que a media europea está polo 10%. Queda claro, polo tanto, que nós temos que poñer algo máis nesta loita que outros compañeiros europeos, que parece que teñen uns mecanismos máis afinados para loitar contra esta lacra; porque esta de non ter traballo é un problema extremadamente grande, enorme diría eu, e parece que vai ser un problema maior, cando ademais de que os dirixentes políticos non saben actuar sobre esas políticas económicas que xeren emprego, buscan como xeito de buscar o equilibrio orzamentario, baixar o gasto social.

Pode que agora que gobernan os "da esquerda" en España, os grupos de "posibilistas do equilibrio" teñan deseñado un plan para facer un estado social máis "asumible", isto é, máis raquítico, onde o mercado sexa o gran rei, e se articulen mecanismos legais para ir eliminando as consquistas feitas polos traballadores en fases anteriores (subsidio de desemprego, sanidade gratuíta, xubilación aos 65 anos,..).

Segundo a visión deses que parece que gobernan, isto soamente se resolve recortando as conquistas sociais. E contra esa visión, que comparten cos grupos que odian un estado forte e que buscan o debilitamento maior das estruturas dun estado "social", temos que saír todos á rúa e dicir que ese camiño emprendido polos dirixentes políticos verdadeiramente NON é o camiño que non leve a ningún lado.

Parece que todas as medidas van nun mesmo sentido, que é debilitar as estruturas que sosteñen a estabilidade social. Parece que están a probar cal é punto onde a dor é movemento reflexo que xa sería descontrolado. Van pegando co martelo e imos dicindo que doe, pero que podemos soportalo, e entón o golpe é maior e máis certeiro e cae unha barreira de dor máis. E non podemos ficar parados esperando un golpe de non retorno, porque nós -"esa clase obreira, que agora nos din que somos clases medias"- somos os maiores defensores do espazo europeo social. Se Europa non é traballadora e social, non será Europa. Ou non será esa zona do mundo onde se conseguira un equilibrio entre capital e forza de traballo que permitía un bo vivir a ambas magnitudes.

É importante que os dirixentes políticos vexan que non nós da igual o que fan coas reformas. É máis, teñen que saber que nos parece moi mal e que se mudan as cousas para os que estamos abaixo, tamén van a mudar para os que están arriba. E ao peor, eses movementos non se fan polos cauces "serios ou responsables" que os dous partidos maioritarios utilizan para destruír a convivencia social. Necesitamos unha actuación global en Europa por parte dos líderes sociais europeos, e xa temos claro que eses líderes non son os políticos. Eses xa perderon a batalla contra o todopoderoso "Mercado". Temos a necesidade de buscar nos sindicatos esa forza. Son os dirixentes sindicais os que teñen que dar o paso o fronte neste momento da historia para salvar un continente, máis aínda, para salvar o mundo. Se cae o movemento sindical europeo, se os traballadores non loitan polo conseguido nesta parte do mundo, imos a ter nos vindeiros anos un mundo máis negro, máis globalizado si, pero máis inxusto tamén.

Porque iso da "globalización" parece que vai terminar sendo a "chinanización" da economía e do estado. Isto parece consistir en pensamento político único correcto-ortodoxia de pensamentos serios e responsables con garabata-, mesturado con práctica económica heterodoxa -que vale todo, e que se ganas para comer xa vas ben-, e de sobremesa unha forza policial forte para que non se mova ninguén -se te moves si que saes na foto, na da policía-. Ah! e do Estado, como o coñecemos en Europa, dicir que ten os días contados, porque non temos que esquecer que somos apenas 300 millóns nun mundo de 5.000 millóns, e que se non nos facemos valer, seremos borrados do mapa pola "globalización".

Por iso vou comunicar á empresa que me desconte o día 29, porque non é suficiente parar e manifestarse, hai que deixar constancia estatística que realmente non fomos a traballar e que non pasamos polo aro. Os traballadores do mundo enteiro necesitan a Europa. E o movemento obreiro europeo ten que dar, unha vez máis, un paso adiante para que a xente común vivamos como cidadáns e non como escravos (antes era o señor, despois o capital e agora chámanlle globalización). E non podemos fallar, porque se agora non paramos o golpe, han vir máis e serán máis duros e destrutores.