Videoteca

Volta de Daniel Castelao (Xuño de 1984)

Audiovisual que recolle a manifestación convocada polo BNG o 24 de xuño de 1984 contra a manipulación pola traida dos restos de Castelao e que rematou na Praza do Toural de Santiago de Compostela. Tamén se dá conta da resposta que o nacionalismo dou en San Domingos de Bonaval días despois, o 28 de xuño de 1984, coa chegada do cadaleito de Daniel Castelao a Galiza.

O documento (1974, de Enrique Rodríguez Baixeras)

O documento (16mm, 1974) ou O Cadaleito (35mm, 1976). Asegura o director que inicialmente movíase cunha intención de crear un cinema galego e en galego, “todas as miñas obras exceptuando a primeira son en galego”. Pero na dirección de O cadaleito a idea amósase máis madura, coa intencionalidade de dotar a Galiza dunha industria cinematográfica propia (con obras rodadas en formato profesional e industrial, na nosa lingua, da nosa cultura e dirixidas a conxunto do público galego).

Bautista Álvarez. A clandestinidade no franquismo. (23-10-2007)

Fragmento correspondente á conferencia de de Baustista Álvarez sobre a clandestinidade no franquismo, organizada pola Fundación Galiza Sempre e impartida en Santiago o 23 de outubro de 2007.

12 de agosto 2012: Moncho Reboiras, 37 aniversario do seu asasinato

O 12 de agosto de 2012 cumpríronse 37 anos do asasinato de Moncho Reboiras. A UPG organizou, como cada ano, os actos de homenaxe ao seu militante e dirixente. O acto público de homenaxe celebrouse en Ferrol, entoando a Internacional e realizando a ofrenda floral ao pé do portal da rúa da Terra onde a policía franquista asasinou a Reboiras. No Cantón tiveron lugar as intervencións poíticas de Iván Ribas Rico, portavoz do grupo municipal do BNG en Ferrol, e de Néstor Rego Candamil, Secretario Xeral da Unión do Povo Galego.

A tarde anterior do 11 de agosto de 2012, tras o acto político organizado polo BNG de Dodro coas intervencións de deputado no Parlamento Galego, Alfredo Suárez Canal, e de Xan García, secretario da unión local da CIG As Rías, realizouse a tradicional ofrenda floral en Imo, onde o corpo de Moncho Reboiras descansa.