Videoteca

O documento (1974, de Enrique Rodríguez Baixeras)
O documento (16mm, 1974) ou O Cadaleito (35mm, 1976). Asegura o director que inicialmente movíase cunha intención de crear un cinema galego e en galego, “todas as miñas obras exceptuando a primeira son en galego”. Pero na dirección de O cadaleito a idea amósase máis madura, coa intencionalidade de dotar a Galiza dunha industria cinematográfica propia (con obras rodadas en formato profesional e industrial, na nosa lingua, da nosa cultura e dirixidas a conxunto do público galego).

Carvallo Calero, a posibilidade de rectificar a historia
Vídeo documental levado a cabo pola AS-PG con Guión e locución de Francisco Rodríguez. Imaxes da entrevista con Carvallo Calero realizada por Francisco Salinas Portugal en 1988. Arquivo gráfico de A Nosa Terra. Produción Xan Carballa Alonso. Realización Servimav.