Videoteca

Video sobre Francisco Carballo proxectado en Maceda, durante a Homenaxe celebrada o 27 de decembro de 2014 (Xan Carballa)

O futuro da ría de Pontevedra

Este documental foi feito cos obxectivos da divulgación do nos patrimonio natural e da concienciación medioambiental, e sen ningún tipo de fin lucrativo. FICHA TÉCNICA: Realización: Alberto de Cóo, Antón Masa e Lukas Santiago Montaxe: Alberto de Cóo e Lukas Santiago Narración: Tareixa Alonso García, Xacober Rodríguez Rivas Imaxe: APDR, TVG, TVE Galicia, BBC e CEMMA Música: Berrogüetto (Alalá das humanidades, Ausencia, Navicularia) Mercedes Peón (O mar) Os diplomáticos de Monte Alto (Ardentía, Estrume, taberna de Monte alto e Espera do teu sono)

Luís Seoane, Visualidade, recordo e síntese

2010. Dirección, guión e montaxe: José Manuel Mouriño Produce: Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales (SECC) Deseño da produción: José Manuel Mouriño e Eva Barcala Documentación: Fundación Luís Seoane Voz en Off: Josi Lage. Cámara: Manuel Iglesias Nanín Música: Canción del Árbol del olvido de Albergo Ginastera interpretada por Soprano Patricia Blanco e José Manuel Fernández ao Piano.

Volta de Daniel Castelao (Xuño de 1984)

Audiovisual que recolle a manifestación convocada polo BNG o 24 de xuño de 1984 contra a manipulación pola traida dos restos de Castelao e que rematou na Praza do Toural de Santiago de Compostela. Tamén se dá conta da resposta que o nacionalismo dou en San Domingos de Bonaval días despois, o 28 de xuño de 1984, coa chegada do cadaleito de Daniel Castelao a Galiza.