Os Mancebo en Mondoñedo e a emigraciòn a Bos Aires

Os Mancebo en Mondoñedo e a emigraciòn a Bos Aires
Os Mancebo chegan a Mondoñedo coa chegada Andrés Mancebo como sarxento primeiro do Batallón Provincial desta cidade, o cal casa con Luisa González o vinte e seis de abril de mil oitocentos dezaoito o cal era natural de San Julián de Piñeiro, Diócesis de Lugo, co cal tivo un fillo chamado Joaquín José o cal morre o seis de Outubro de mil oitocentos vinte e dous. A súa dona Luisa González xa morrera o dez de Marzo de mil oitocentos vinte e dous. Pouco tardou Andrés en volver a casar pois faino na parroquia de San Xurxo de Lourenzá con Antonia Álvarez do Campo con data de dez de xullo de mil oitocentos vinte e dous. Con esta tivo dous fillos, María Felipa o vinte e sete de Febreiro do ano mil oitocentos vinte e catro e Juan Andrés o seis de maio de mil oitocentos vinte e cinco, morrendo os dous sendo cativos. A súa muller Antonia Álvarez morre o vinte e cinco de abril de mil oitocentos vinte e seis, facendo testamento o 22 do dito mes ante Ramón Insua, escribán.

Novamente casa por terceira vez con Antonia Bazquez veciña na Balaia dos Castros no ano mil oitocentos trinta o mesmo tempo que recoñecen tanto Andrés como Antonia a Simón e Antonio que tivera como fillos e deixáranos no torno da Inclusa. Despois de casados tiveron a Hermenegildo. Así podemos ver como nos libros da Inclusa se di: “Simón n.º 3001. Octubre 27 de 1822. Expuesto en el torno de esta inclusa de Mondoñedo a las nueve de la noche del día veinti y siete de octubre del año de mil ochocientos veinti y dos un niño recien nacido enbuelto en un capotillo pañal y gorreta de lienzo y el pedazo de un covertor blanco, atado conuna punta del mismo al siguiente día se llevo a bautizar a la iglesia Parroquial de esta ciudad, lo que se hice con la solemnidad debida se le puso de nombre Simón y a cargo de María Alonso alias Griñeira hija de Francisco Barrera e Isabel del lugar de Curros parroquia de Santa María Maior y para que conste lo firmo. Manuel José Montero”. “En seis de Diciembre de 1822 paso a cargo de Teresa Fernández mujer de Juan Ares de Santa Eulalia de Roman. El niño contenido en la partida que antecede cumplío seis años de edad en veinti y ocho ceso la paga y se quedo con su ama hasta el día diez de Junio de mil ochocientos treinta que le entregue a Antonia Bazquez moradora en la Balaia de los Castros en esta ciudad después de haberme hecho contraer ser hijo suyo natural la que prometio obligandose a cuidarle y educarle como verdadera madre ...”. La partida de bautismo esta inscrita en la decada de los cincuenta. D. Antonia Vázquez morreu de “tisis” o tres de nadal de mil oitocentos cincuenta e seis na súa partida de defunción di que ten tres fillos: “D. Simón Teniente de Infanteria, Antonio y Hermenegildo”. Don Andrés Mancebo fina o dezanove de mil oitocentos cincuenta e oito de enfermidade natural, nun dos parágrafos da súa partida de defunción di: “Dejo por hijos habidos antes de matrimonio Simón Teniente en el ejercito y Antonio y después del matrimonio a Hermenegildo”.

Hermenegildo Mancebo casa con Antonia Fernández en sete de Novembro de mil oitocentos cincuenta e tres e tivo por fillos a Justo Cristóbal Andrés nado o seis de agosto de mil oitocentos cincuenta e catro, Pastor Juan Andrés o seis de agosto de mil oitocentos cincuenta e seis, Andrés Felipe o trece de setembro de mil oitocentos cincuenta e oito, Andrea Justa Erundina o vinte e tres de xullo de mil oitocentos sesenta e catro, Edesio Amancio Antonio María o oito de abril de mil oitocentos sesenta e un, Desiderio Antonio María o dezasete de setembro de mil oitocentos sesenta e seis e morre o doce de Marzo de mil oitocentos sesenta e oito e Antonio María de la Esperanza Lesmas que nace o trinta de Xaneiro de mil oitocentos sesenta e nove.

O outro fillo de Andrés, Antonio Mancebo casa con Esperanza Soto o vinte e sete de Febreiro de mil oitocentos cincuenta e catro, non tendo descendencia.

Doña Antonia Rei Cao muller de Hermenegildo Mancebo morre as dez da maña do día dezasete de Setembro de mil novecentos seis vivía na rúa Cándido Martínez e lle quedaron por fillos do seu matrimonio “D. Justo casado con Luisa Torres, D. Pastor soltero, D Andrés casado con Doña Generosa Baamonde y Antonio soltero en Buenos Aires y D. Edesio también casado con Doña Remedios del Riego...”.

Don Hermenegildo morre o vinte e nove de Novembro de mil novecentos quince.

Un dos fillos D. Edesio casa na parroquia de Santiago de Mondoñedo con Doña Remedios del Riego o vinte e dous de Agosto de mil oitocentos oitenta. Tivo como fillos a Pastor Hipólito o vinte e catro de Maio de mil oitocentos oitenta e nove morrendo sendo seminarista teólogo, o primeiro de Maio de mil novecentos oito. Justo Tiburcio o once de Agosto de mil oitocentos noventa, Severo Santiago Edesio o vinte e cinco de Xullo de mil oitocentos noventa e dous, José de Arimatea Patricio o dezasete de Marzo de mil oitocentos noventa e oito, Porfirio Nicomedes o dezaseis de Setembro de mil novecentos, morrendo este de párvulo o trinta de Setembro de mil novecentos e Concepción Crisanta Evarista nada o vinte seis de Outubro de mil novecentos tres.

Don Edesio Mancebo morre o vinte e un de Xaneiro de mil novecentos trinta deixando como fillos
“tres hijos mayores de edad llamados D. Justo, D. José y D. Concepción”.

Outro dos fillos de Hermenegildo, Andrés, aínda en estado solteiro tivo una filla con doña Generosa Baamonde y Cavanas, púxolle de nome Julia e naceu o trece de Novembro de mil oitocentos oitenta e cinco.

OS MINDONIENSES EN BOS AIRES.
No “Eco de Galicia n.º 429” dise: “Romería fué, en efecto, la que hicieron en un hermoso rincón del bosque de Palermo... algunos distinguidos hijos de Mondoñedo el día trece del corriente” Formaban parte do banquete D. José M. Miranda, D. Claudio Trigo, D. Joaquin Serrano, D. Pastor Mancebo, D. Aniceto Saavedra, D. José R. Sánchez, D. Andrés Mancebo, D. Jesús Barreiro, D. Ramón Díaz Portas, D. Antonio Mancebo, D. Justo Mancebo, D. Gervasio Rey, D. Jacinto Baamonde, D. Francisco Barro, Eugenio Otero, Francisco Otero, D. Antonio Fernández e D. Manuel López, adheríndose por un despacho telegráfico D. Alfredo Leiras, residente no pobo Xeneral Villegas.

O menú foi: “ Esmorga que fixeron un’s poucos fillos d’a Paula, festexando o día da nosa Señora d’os Remedios n’a ciuda de Buenos Aires o día 13 de Setembro de 1903.
Parua- Tonikina; A’s once- Mantecados con viño branco; Almorzo- fiambres surtidos (á o Avelino Louro), Pote de cimós, galiñas é cocho (á o Ladislao Louro); Lacoada (a o Canina); Empanadas de Pitos (ó estilo de Triana); Tortillas (ó Folgueira Rasa); Asado (á o Buenos Aires); Postres – Queixo (forma Pico do Padornelo), Frutas surtidas (de Reigosa é Pataquiñas); Viño do Riveiro, Café (á o Verdugo); Cigarros (á o Pascual Teino).”

Todo elo foi amenizado pola música de Fanoy e o servizo a cargo de Cazoliñas. Houbo fogetes, fogos artificiais, música na rúa, baile e globos estes con inscricións, unha das cales decía: “¡Viva Mondoñedo!”.

ORFEÓN MINDONIENSE
O día dez de Abril formouse nesta cidade unha Sociedade coral e musical, co título de Orfeón Mindoniense e a comisión directiva estaba formada por: Presidente: Lino Freyre; vice: Ramón Ressúa; Tesoureiro: Francisco Grandía; Vice: Andrés Penedo, oito vocais e catro suplentes. O local social estableceuse na rúa Chile 1592.

O primeiro de Abril de mil novecentos catro na casa do Sr. Claudio Trigo tivo lugar a reunión. Estivo presidida por José María Miranda, os concorrentes foron D. Claudio Trigo, D. José A. González, Andrés Mancebo, D. Antonio Mancebo, D. Francisco Otero, D. Antonio Fernández, D. Manuel López, D. José R. Sánchez, D. José María Miranda Arias, D. Joaquin Serrano, D. Ramón Gacio, D. Fulgencio Novoa, D. Jacinto Vaamonde, D. Manuel López Rodríguez, Don Francisco Grandio, D. Juan Lodeiro, Don José Ramón Ramos, D. Jesús Barreiro, Antonio Piñeiroa, D. José López, D. José María Maseda, D. Antonio López, D. Ramón González, D. Pastor Mancebo, Dr. Alfredo Lamas y D. Aniceto Saavedra. Enviaron cartas de adhesión os señores D. Salustiano Serrano, D. Severino Otero, D. G. Rey, D. Valentín González, D. Cristóbal Calaza, D.R. Díaz Portas, D. A. Mendez, D. Alfredo Leiras, Don Manuel Barro y D. R. Pérez Cabanela presbítero.

O Sr. Miranda deu as grazas a cantos habían respondido a súa invitación e que o motivo era enlazar co seu propio país os fillos de Mondoñedo que residían en Arxentina. A idea foi acollida con aplausos, acordaron “realizar con verdadero explendor, en Palermo, uno de los más deliciosos paseos de Buenos Aires la romería de la patrona de la patria del celebrado autor de La Librería de Escribanos e Instrucción Juridico teórico-practico de principiantes.” Determinouse ao mesmo tempo facer un obsequio á cidade. Co obxecto de realizar o agasallo nomeouse unha comisión formada por: Presidente – D. J. M. Miranda; Vicepresidente- Pastor Mancebo; Tesoureiro-Claudio Trigo; Secretarios: José R. Sánchez e Andrés Mancebo e Vocais – Joaquín Serrano; Aniceto Saavedra, Manuel López, Antonio Mancebo, Cristóbal Calaza e Francisco Otero.

A petición do Sr. Andrés Mancebo a asamblea tributou un voto de grazas ao mindoniense D. Emilio Tapia Rivas polo patriótico e delicado recordo que co seu folleto “Cosas Intimas” consagra aos seus paisanos da República Arxentina.

Na Voz de Mondoñedo no número 60 faise a descripción da invitación a festa dos Remedios: “En la primera plana de un primoroso carnet doble aparece la invitación que reproducimos y en las dos planas interiores figuran las fotografías del Campo de los Remedios, en el momento de celebrarse la corrida de cintas en bicicleta el año último y la del bosque Palermo, en el que se congregarán este año nuestros paisanos para celebrar por segunda vez la fiesta citada de Nuestra Señora de los Remedios.

Dice así la invitación:
Buenos Aires, Abril 10 de 1904
Sr...
Estimado Conciudadano: Los que suscriben, nombrados en comisión en la reunión efectuada por varios mindonienses el 1.º del actual, tienen el agrado de invitarle a celebrar la tradicional fiesta de los Remedios que se efectúa en nuestra ciudad natal, y a que preste su valioso concurso para el mejor exito de la idea.

El acto tendrá lugar en Palermo el día 11 de Septiembre próximo a donde no dudamos concurrirá con su familia, dando así una prueba más de lo vivo que mantenemos los mindonienses residentes en esta, el recuerdo de la ciudad en que nacimos.

El programa de la fiesta se dara á conocer oportunamente

Saludamos afectuosamente.

J. M. Miranda, Presidente. – P. Mancebo, Vicepresidente – Claudio Trigo, Tesorero – José R. Sánchez- Secretario; Andrés Mancebo – Secretario: Vocales Joaquin Serrano, Aniceto Saavedra, M. López, Cristóbal Calaza, Francisco Otero, Antonio Mancebo.

Por datos y adhesiones, dirigirse a la calle Artes número 78”.

O 29 de Abril por carta “Los Mindonienses en la Argentina. Buenos Aires”, pídenlle ao director de “La Voz de Mondoñedo”, Sr. D. Dodolino Trigo “se sirva representarnos en esa, y dispensar a la idea la cooperación que sea, será siempre muy valiosa”. Respondendo afirmativamente.
No número 64 da Voz de Mondoñedo anunciase a chegada a Mondoñedo dende Bos Aires de D. Ramón Díaz Fernández, sendo este portador dunha carta dos Mindonienses na Arxentina que di:

“Café H de Álvarez y de Fernández 44 – Artes – 44 Buenos Aires, mayo 11 de 1904. Congregados en este establecimiento - testigo cotidiano de las tertulias en que los mindonienses evocan los recuerdos de su muy adorada ciudad natal – después de despedir cariñosamente a su hermano Ramón Díaz Fernánde, con motivo de su partida para la patria chica, en un modesto banquete, dandole el último abrazo, confiándole el especial encargo de saludar á aquel pueblo por quien suspiran, expresándole con toda la efusión del alma nuestros sentimientos de perdurable afecto y nuestro vivísimo anhelo por su venturoso porvenir.

¡Qué al recibir los primeros besos de las brisas mindonienses, les entregue con respetuoso recogimiento el corazón de los mindonienses en la Argentina!

J. M. Miranda. – Manuel López.- José R. Sánchez. – F. Baro.- Claudio Trigo. – Francisco Otero.- Joaquin Serrano.- José Miranda Arias.- El hijo adoptivo, J. Barreiro, Vivariense.”En carta do un de Xullo de 1904, os mindonienses na Arxentina comunican que debido a que o “Hospital de San Pablo” da nosa cidade carece de aparatos cirúrxicos acordaron dotar ao hospital dunha vitrina cun completo servicio de aparatos de cirurxía.

O vinte e seis de Xullo morreu en Bos Aires Xulián Xosé Calaza, pai de D. Cristóbal Calaza membro da comisión de festexos en honor a Virxe dos Remedios. O sepelio asistiu numerosa colonia mindoniense.

O Orfeón Mindoniense celebrou a súa festa inaugural o seis de Agosto. O discurso de apertura foi leido polo Sr. Uxio Otero. O coro e a rondalla recibiron nutridos aplausos. A media noite deu comezo o baile familiar. Entre as familias que figuraban estaban as de Trigo, Sánchez, Barreiro, Saavedra, Serrano, Mancebo, Rey, a señorita María de los Ángeles Vázquez, escritora mindoniense, srta. Julia Hernando, escritora Arxentina os señores Freire, Fanego, Fernández, Grandio, Piñeiroa, González Romero, Miranda entre outras familias. A festa tivo lugar no Salón da Sociedade “Les Enfants de Beranger” calle Tacuari 253.

Dende Mondoñedo deciden mandar unha serie de cilindros nos que aparecen impresionados o toque das nosas campás para que as podan escoitar os que en Palermo se fan reunir para celebrar as festas da Virxe dos Remedios. Resultaron cinco cilindros, un deles dí: “Repique general de campanas en la Catedral de Mondoñedo para hacer llorar a los concurrentes á la fiesta de Palermo en la ciudad de Buenos Aires”. Sigue o repique tomado na torre o día 28 véspera de San Pedro e remata o cilindro “La Comisión de fiestas tiene el gusto de ofrecer a ustedes este recuerdo de la infancia de todos y saludarles muy cariñosamente”. Segue o repique e logo engade: “El Esquilón llamando á Coro”. Hai outro con un só repique das campás da ermida dos Remedios e outro que empeza decindo: “Repique de campanas en la ermita de los Remedios impresionando en la misma torre para obsequiar a los mindonienses en la fiesta de Palermo”.

No derradeiro escoitase os Remedios e di así: “La verbena de los Remedios en la torres- Ché, toca esas campanas para que las oigan en Buenos Aires.” Sigue o repique e logo termina o cilindro así: “Tú ese globo se marcha solo Pica. ¡Que lindo es! Adiós. Expresiones a los de Palermo.” O señor González fixo despois destos cilindros outro que en alta e clara voz di “B. L. M. que la Comisión de fiestas á la Virgen de los Remedios dirige á su colega de Buenos Aires para la fiesta de Palermo”. A comisión das festas da Nosa Señora dos Remedios de Mondoñedo en 1904.

No xornal “La Voz de Mondoñedo n.º 77” dise:

PROGRAMA DAS FESTAS QUE SE VAN CELEBRAR EN BOS AIRES O 11 DE SETEMBRO A BENEFICIO DO HOSPITAL DE MONDOÑEDO.

“Al amanecer requique general de campanas en la Iglesia de la Concepción. El Orfeón Mindoniense, que coopera con entusiasmo al mayor brillo de las fiestas, saldra de su local social para el de la Romería, con estandarte y banderas , cantara la Alborada de Veiga y con cien bombas de estruendo se saludara con el grito de ¡Viva Mondoñedo! Al día de las gratas emoniciones en que todos los mindonienses festejan a su Patrona. A las nueve y media en punto, solemne misa cantada a toda orquesta en la ilgies de la Concepción; oficiaran los sacerdotes mindonienses sres. Manuel Somorrostro, Ricardo Pérez Cabanela y José Díaz Rico que se han dignado contribuir de esta manera al mayor esplendor de las fiestas. El notable orador argentino, prbo. Sr. Guillermo Etchevertz cura de la misma parroquia pronunciara la oración alusiva al acto. El coro del Orfeón cantara la hermosa plegaria de Monasterio “El Regreso a la Patría”.

A las doce, retorno en corporación al lugar de la romería con el Orfeón a la cabeza al compás de la marcha “España” ejecutada por su excelente Rondalla.

Almuerzo campestre. Para mayor comodidad de los concurrentes la Comisión se ha puesto de acuerdo con la acreditada fiambreria de los Sres. Tapies, Álvarez y Fortunato para instalar en el mismo local un depósito de provisiones que serán expendidas a precios módico: “Esto no implica para que cada uno lleve lo que crea conveniente...”

A las dos de la tarde, se iniciaran las diversiones y bailes populares con la tradicional Gaita, tamboril y Bombo.También prestará su valioso concurso la Banda de Policia de la Capital que su jefe Sr. Antonio Bellve tuvo la atención de ceder.

El entusiasta hijo de Ribadeo (declarado adoptivo de Mondoñedo) D. José Antonio González iniciara la venta de medallas a beneficio del hospital, acompañado de seis señoritas argentinas y mindonienses.....

Primer número. – Elevación del gran globo “Confraternidad” con los colores argentinos y españoles y los lemas “Viva la Argentina” “Viva España”, “Viva Mondoñedo”. En este momento la rondalla del Orfeón tocará los dos Pot-Pourrits “Aires Criollos – Aires Españoles”.
Segundo número. – El orfeón cantara el hermoso coro de la opera “La Marina”
Tercer número. – Elevación del gran globo “Caridad” de bonitos colores con el lema “Hospital de Mondoñedo”. En este acto la rondalla del Orfeón ejecutará la “Marcha Mindoniense”
Cuarto número.- el coro del Orfeón cantara la preciosa canción a ida e volta d’a Romeria, letra e musica respectivamente de los mindonienses Sres. Noriega y Rouco.
Quinto número.- Audición en fonógrafo del repique general de las campanas de la Catedral de Mondoñedo y de la Ermita de los Remedios.... El Sr. Miranda dará lectura del mensaje enviado por el Sr. Emilio Tapia y Rivas alusivo al acto de este número.
Sexto número.- Remate de las provisiones recibidas de sus familiares por varios miembros de la Comisión y que estos donará a beneficio del Hospital
Séptimo número quema de fuegos artificiales elevación del globo Santos Dumont, obsequiado por un entusiasta mindoniense. La Rondalla ejecutara la preciosa “Serenata Española” de O Metra.

Entrega al Orfeón de una medalla como recuerdo de esta fiesta de caridad; sera colocada en el estandarte por una señorita argentina”.

O día dez de Setembro á noite inaugurouse o magnifico Kiosko que Mondoñedo dedica os seus fillos na Arxentina coa denominación “Kiosko Buenos Aires”.

A casa R Mathieu de París é a encargada de enviar con anticipación o día 12 de Setembro a valiosa “Vitrina de aparatos de Cirujía” que os mindonienses en Bos Aires donan ao Hospital de San Pablo, organizarase as dez da maña procesión cívica para facer entrega ao citado establecemento de Beneficencia. Cerrara a comitiva o concello en pleno precedido dos maceros, asistirá a música que tocará enfrente do Hospital durante la ceremonia de la entre

A Romería.
As dez da mañá deu comezo a misa na Igrexa da Concepción, oficiaron Don Manuel Somorrostro, D. Ricardo Pérez Cabanela e D. José Díaz Rico. O sermón foi a cargo do crego da igrexa D. Guillermo, comezou alabando ós mindonienses. Concluída la misa ao mediodía os mindonienses que asistiron a ela trasladáronse uns en coches e outros en tranvías eléctricos ao Velódromo municipal. Alí estaba o Orfeón Mindoniense quen ostentaba un estandarte bordado e dourado por a Srta. María Luisa Maseda. Na pista comían varias familias baixo tendas vistosas.

Despois o Sr. Xosé Antonio González e algunhas señoritas a venta de medallas conmemorativas. Por non haber oportunamente chegado as provisións esperadas de Mondoñedo non se procedeu o remate delas, nin houbo “audición en fonógrafo”.

A mindoniense María de los Ángeles Vázquez preside a xunta dos galegos en Bos Aires co fin de recadar fondos para erixir unha estatua a Rosalía de Castro no seu pobo natal Padrón.

No xornal “La Voz de Mondoñedo” con data de 29 de outubro dáse a nova que Orfeón Mindoniense dirixido por Arturo Fernández obtivo no concurso de Rondallas do “Centro JuventudArt Novveau” nos salóns do “Perai Italianis “ o gran premio de honor consistente nunha medalla de ouro.

No mes de Outubro aparece o folleto “Memorias de Mondoñedo” escrito pola señorita María de los Ángeles Vázquez e impreso en Bos Aires con motivo das festas de Setembro último. A terceira parte do recadado será para mercar os aparatos de cirurxía. O folleto conten 14 fotograbados nos que sen a vista xeral de Mondoñedo, ponte do “Pasatempo”, praza da Constitución, Catedral, Ermida e Alameda dos Remedios, Igrexa Parroquial, Hospital, Cárcel, Barrios de San Lázaro e os Muiños, carretera de San Lázaro, muiños da “Berea” e “Ponte Pousada” ademais da fotografía da comisión de festexos en Bos Aires.

O 20 de Novembro foron bendicidos o estandarte e bandeiras do Orfeón Mindoniense.

“La Voz de Mondoñedo” con data do catorce de Xaneiro de mil novecentos cinco di:
“La Vitrina. Están al despacho en la aduana de la Coruña la vitrina y objetos que llegaron de París y forman parte del grandioso obsequio que hacen a nuestro hospital los mindonienses en la Argentina... La falta de documentos para el adeudo en dicha Aduana fue la única causa...”. No número 96 dise: “La vitrina. Esta noche llegarán a esta ciudad las cuatro cajas procedentes de Paris, que contienen los aparatos de cirugía y vitrina con los correspondientes cristales para la colocación de aquellos aparatos”. Pesan as caixas 395 kilogramos e o despacho na aduana costeou 442,15 pesetas. Chegou no carro de Antonio Rodríguez e o xoves vinte e seis a unha da tarde foron conducidos ditas caixas ó Hospital e dentro de moi poucos días armarase a vitrina e na mesma colocaranse os instrumentos co fin de facer a oportuna entrega. A vitrina é un moble fermoso e elegante pero chegou avaríado consistindo na rotura dun dos cristais laterais a pesar de que ten seis milímetros de espesor.