O Plan Marshall. Crónica dunha estafa global

O Plan Marshall. Crónica dunha estafa global
Por moito que se tente de modificar a historia, o certo é que sen o esforzo militar da antiga Unión Soviética resulta moi dubidoso que os EEUU e os seus aliados derrotaran á Alemaña nazi. Os soviéticos, a costa de moitas privacións e destrución coa perda de 23 millóns de cidadáns, destruirom o mellor da máquina militar máis poderosa levantada no seu dia polo Occidente capitalista, para confrontar o perigo que daquela representaba a soa existencia da Unión Soviética para a sobrevivencia do sistema capitalista. O desembarco de Normandía (6 de Xuño de 1944), só foi posibel despois de ter sido destruido o aranguelo do exercito alemán na Batalla de Stalingrado (17 de xullo de 1942 e 2 de febreiro de 1943).

A Segunda Guerra Mundial tivo un carácter interimperialista, foi unha pugna polo liderado político mundial, alen doutras consideracións democrático formais. E indubidábel co seu resultado deu lugar a creación da Orde Mundial estadounidense en Occidente con fondas repercusións en todo o mundo. Os EEUU foron os grandes beneficiaros en todos os aspectos, coa obtención de inxentes recursos mediante unhas intervencións oportunas e limitadas fora das súa fronteiras nos teatros de operacións militares, mentres os outros paises contendentes se desangrában guerreando entre eles , o que lle axudou a manter intacto o seu territorio lonxe do cenario principal da guerra. Cando interviron no teatro de guerra europeo, Alemaña xa fora derrotada polos soviéticos, e a partir de Stalingrado xa só lle restan tropas de segunda, formadas na maioria por vellos e nenos, agas unhas poucas unidaes de élite, pois o groso destas eran enviadas a conter aos soviéticos no seu avance cara a Berlín.

Así EEUU puido arrebatar ao Reino Unido o mando da cadea imperialista, acrecentando o seu poder militar e económico cun gran superavit comercial, converténdose pola guerra no principal acredor mundial, coas ventas de armas e municións para os paises aliados contra Alemaña. Ao final do conflito armado, Europa quedou destruída e sumida na miseria, incluída a Unión Soviética e Xapón. Alemaña e a Unión Soviética levaron a peor parte, aínda que esta última conservou invicto, mas con grandes perdas, o seu exercito vermello. O novo Imperio mundial estadounidense impón aos países europeos unha alianza militar occidental baixo o seu mandato, a OTAN, contra a URSS. dividindo de inmediato a Alemaña e quedándose coa mellor zona industrializada. Aproveitou os seus recursos científicos e a capacidade tecnolóxica. Pero tamén atopouse diante dunha gran forza militar e política, a URSS, que extendía a súa ideoloxía comunista anticapitalista no que fora o centro do capitalismo. O futuro cunha Europa socialista parecía inevitábel. O lanzamento das bombas atómicas sobre as cidades xaponesas cando Xapón xa estaba derrotado, foi unha forte sinal enviada polos EEUU a Unión Soviética, que na práctica anulou, de súpeto, o seu poder militar e con posterioridade o inicio do equilibrio de terror, coñecido como a Guerra Fria que resultou fatal para a Unión Soviética.

En rematando a II Guerra Mundial, despois do desembarque en Normandia tomáronse sob a batuta de Washington os acordos de Bretton Woods, estando presentes todas as nacións que estaban en guerra co Eixo Alemaña,Italia e Xapón, incluídos os seus paises dependentes e colonias. Daquela con moita diferencia era os EEUU a economía máis vigorosa do mundo coa maior capacidae industrial, tendo o oitenta por cento das reservas mundiais de ouro e contando cunha forza militar intacta ben fornecida para intervir onde fora e para saquear sen restriccións os recursos dos territorios dependentes e as colonias europeas, con ou sen o seu concurso. Era evidente, que por estar nunha posición de monopolio dominante interesáballe un mercado mundial con liberdade comercial no que os EEUU fora o acredor principal. Había que montar os instrumentos financeiros pertinentes, e así, o obxectivo de Bretton Woods foi o de poñer en marcha o novo Orde Económico Internacional norteamericano. Tamén foi creada a OMC, o FMI e o Banco Mundial, usando o dólar estadounidense como a moeda de intercambio e reserva internacional. Os paises liderados pola Unión Soviética retiraronse do acordo para non caer baixo o dominio ianqui. O resto aprobou o Plan Marshall. Outra proposta presentada dende a Gran Bretaña foi a Jokn Maynard Keynes, que avogaba por un balance equilibrado entre as nacións, aínda que mantíñase dentro do campo imperialista sen cuestionar o expolio colonial, foi rexeitada en favor da presentada polos EEUU.

Neste contexto o Plan Marshall puxo a funcionar arreo a máquina de imprimir billetes de dólares, aínda que mantendo o patrón ouro(35 dólares por onza). En parello e rematada a guerra mundial, continuou a actividade militar de USA, s pesar diso se cadra con máis empeño mudando os obxectivos cara o saqueo das periferias poñendo a traballar a plenitude o aparello produtivo para o Capital estadounidense. Para conxurar a expansión da influencia ideolóxica comunista na Europa ocupada e liberada do nazismo, o Imperio estadounidense éncheo de mercadorías e billetes de dólar dándollos a esgalla aos seus habitantes e servindo de reserva as moedas nacionais europeas. Esta axuda envelenada converte aos europeos en debedores, e no caso de Alemaña para sempre. Así, os paises europeos desenvolveron estruturas económicas adaptadas as necesidades de USA. Con estas medidas a ideoloxia comunista soviética foi erradicada ou domesticada na Europa Occidental. Berlin occidental exerceu de escaparate da sociedade de consumo. A opulencia capitalista de USA fronte a austeridade da Europa oriental soviética, que sempre rexeitou o Plan Marshall para manterse independente, no en tanto tendo cubertas en todo momento as necesidades básicas da súa poboación no seu conxunto. Porén o movemento obreiro europeo foi descubrindo a sociedade de consumo e a sociedade de benestar, co cal foi anulado integrándose no Imperialismo coa idea de participar nos beneficios do expolio mundial das periferias pola banda dos seus Estados.

O máis salientábel, e comprobar nos feitos como o Imperialismo estadounidense logrou establecer para sempre nas mentes das e dos traballadores occidentais a identificación do socialismo soviético e o comunismo en xeral, coa pobreza e a austeridade na que cae a xente que segue esta via, e ao final tamén nas ideas dos últimos dirixentes da Unión Soviética na Guerra Fria. Ainda hoxe este pensamento perdura e utilízase especialmente na América Latina, o patio traseiro do Imperio, acompañado dos bloqueos para desalentar as ansias de Independencia e como argumento falaz para xustificar e enaltecer a superioridade do sistema de dominación capitalista. Coa destrución do movemento comunista europeo, tamén cae na estancada a Unión Soviética,ainda que moitos elementos desta foron aproveitados, como o poder militar e outros, pola actual Federación Rusa.

Neste tempo o conflito e a guerra contra os países da periferia pasaron a ocupar o primeiro lugar na loita de clases global. A guerra sen fin do Imperialismo polo saqueo do planeta que leva a cabo os EEUU, e os seus aliados subordinados da OTAN, non foi suficiente para fartar a fame de ganancias do Capital Global ampliando o seu carácter destrutivo da Natureza o que o fai insostíbel, xerando desigualdade ao concentrar a riqueza na propiedade duns poucos magnates das corporacións privadas, empobrecendo a maioria da poboación do Imperio e levando a miseria a maior parte dos pobos. O Club de Roma xera a reflexión nacida no seo do capitalismo arredor dos seus efectos destrutivos, que derivou nun neo malthusianismo que avoga por promover a austeridade e a pobreza organizada para os pobos, e mesmamente a eliminación de poboacións sobrantes recorrendo a violencia política , para poder manter a opulencia da élite burguesa cada vez máis xerarquizada e reducida. O capitalismo é depredador e incapaz, polo seu carácter de clase, de xestionar unha sociedade con principios ecolóxicos amigables co medio ambiente, e menos cunhas capacidades produtivas ilimitadas en beneficio do conxunto da humanidade.

As guerras benefician co negocio da venta de armas as élites privadas estadounidenses . Porén provocaron para os EEUU na década dos 1960, en particular coa guerra de Vietnam, un enorme deficít financeiro no orzamento. A interrupción en 1971 do sistema acordado en Bretton Woods, foi debida a imposibilidade de converter billetes de dolar por ouro, ao haberse esgotado os seus depósitos polos desmedidos gastos causados pola guerra. Este feito foi o motivo de que o Presidente Nixon se negara a trocar por ouro os excedentes en billetes de dólares dos paises europeos.O patrón ouro foi abandonado por todos os países , sendo substituído polo papel moeda como diñeiro fiduciario. Con esta nova fórmula, o dolar conservou o seu status de moeda de reserva mundial e intercambio internacional, e asi EEUU volve a facer funcionar a máquina de impresión de billetes de papel moeda en dólares para cubrir o seu crecente déficit orzamentario, e a través do FMI concedendo créditos en papel moeda aos países con saldo debedor nos orzamentos, co que segue sendo o maior acredor do mundo sen outra garantía que a do seu poder político e militar.

Coa crise estrutural do sistema capitalista e os conflitos coa periferia e os outros países, os EEUU deben utilizar cada vez máis os castigos comerciais e político económicos, amáis dos militares, como bloqueos e sancións, contra aquelas empresas e paises que non aceptan e opóñense ao seu liderado autoritario . Con todo o seu poder diminúe paso a paso, ante as crecentes loitas antiimperialistas e o xurdimento de poderes alternativos, económicos e militares próximos a superar o poder imperial norteamericano. Porén o máis salientábel, neste último caso, é a sólida e crecente alianza de China e Rusia ,falida na Guerra Fria coa axuda de USA, que hoxe traballan por reducir o papel do dolar, evitando o seu uso nos intercambios e pagos entre eles ou outros paises, o que reduce a credibilidade da divisa norteamericana , xa que logo a perda de confianza e do seu valor de cambio.

O Imperio xa está introducido nun proceso irreversíbel de decadencia, e con conflitos internos que o aceleran, é obrigado a facer unha emisión desmesurada de papel impreso en dólares , creando así unha burbulla ilimitada de débeda global perpetua.......inestábel a longo prazo, ata cando ?. O cenario mellor é que o dolar se convertera dun xeito gradual e sen cambios bruscos nunha moeda máis, equivalente as do resto do mundo, con todo a ideoloxía supremacista USA e o temor da élite privada capitalista global a perdelo todo obstaculiza o cambio. Con esta perspectiva, hoxe o flamante Imperio estadounidense xa non pode presentarse como unha “democracia exemplar”. Nunca a foi, senón un Estado racista e criminal, unha ditadura do Capital alicerzado nun terrorismo policial-xudicial. A maioria dos presidiarios son membros da clase traballadora, en particular negros e latinos. Acabouse o seu conto de democracia e dereitos humanos, só lle queda o botón nuclear para chantaxear ao mundo. Hoxe xa é comparábel a unha gran República Bananeira. Mas como non produce plátanos dabondo, en todo caso patacas de baixa calidade, unha República Pataqueira disposta a preparar a comida lixo nos McDonals repartidos polo globo terráqueo.

Achégase o final da Orde Mundial estadounidense, comezado co Plan Marshall, que foi unha verdadeira estafa global desde a Segunda Guerra Mundial. E posíbel que Hollywood nos deleitará cunha serie de filmes relatando este remate, mas o seu xeito.