O barrio dos muiños: Novas dos séculos XIX e XX

O barrio dos muiños: Novas dos séculos XIX e XX
En 1822 o presidente do concello manifesta que adquiriu de Don Enrique María de Parga,veciño desta cidade, por escritura a fe do infraescrito Secretario a Parra do barrio dos Muiños, única nesta situación de levar cousa de tres xornais isto e no seu fondo respecto as vides e madeira, arrancounos e trouxo para a súa casa o mesmo D. Enrique na cantidade de 640 reais segundo resulta de copia de instrumento que entregou cesión gratuíta do terreo da prazuela que antes ocupaba dita parra o sr. Luaces...

En 1827 tiña taberna no barrio dos Muiños Juan Méndez.

Concello de Mondoñedo 21 de xuño de 1833. Instancia do Señor Comandante Militar con data dezaoito do que rexe sobre haberse queixado Antonio Amieiro do barrio dos Muiños do canle de un común do seu veciño Don Manuel Varela e acórdase que pase os señores que compoñen a sección de Policía para recoñecer o sitio e verificar o que se corresponda.

Sesión extraordinaria do 30 de agosto de 1834. Os señores Asenjo Irabedra e outros fixeron presente a corporación que era “insufrible el ambiente que se respiraba en el barrio de los Molinos por estar impregnado de los olores hediondes que resultaban de las tripas de vaca que deboraban algunos de los vecinos de aquel barrio”. Acórdase que os elaboradores de tripas mediante causa un olfacto insufrible nas inmediacións do sitio onde traballaban perxudicando deste modo a saude en época en que debe preservarse, de conta que non continúen nese sitio ese traballo e o fagan nun paraxe despoboado e xunto a un río por onde non haxa tránsito de xente, baixo apercibimento de multa “por una braza de caño y ocho días de carcel por la primera reincidencia, doble pena para segunda y procesamiento por la tercera”.

Concello de 25 de Nadal de 1834. Acórdase oficiar co sr. Administrador de estancadas, se surta comodamente de aquel nos dez toldillos, un deles colocado no barrio dos Muiños.
No pleno do 19 de Marzo de 1840 veuse unha instancia do Alcalde de Barrio dos Muiños, José Vermúdez, no cal solicita o cese do seu cargo. Resolvese negativamente.

Concello 4 de xuño de 1841. Habendo proposto o Sr. Presidente que a feira que o día oito de cada mes se celebraba no Barrio dos Muiños sería convinte trasladala o campo dos Remedios como punto mais capaz a propósito para admitir maior número de gandeiros e xente para facela. O concello acepta o cambio, con efecto desde a primeira feira inclusive anunciando ó público por medio dun edicto.

Na sesión do 17 de xaneiro de 1843. Habéndose dado conta por a Sección de Policía que na obra que se atopa construíndo nos Muiños de abaixo propia de Juan Antonio Méndez sería útil facer unha ochaba para adorno do público e vendo que este asunto estaba xa reunido e finalizado por a mesma sección en 27 de Decembro derradeiro o concello acordou non haber lugar en comparecencia de isto o Sr. Prior Sindico pediu ó Concello se aperciba ós operarios da expresada obra que para o sucesivo se absteñan de responder con verbas insolentes o rexedor José Otero como o viron na mañá de hoxe por un exceso de celo.

Concello de Mondoñedo, sesión do día 11 de abril de 1844. O concello quedou satisfeito do celo con que os señores Posada, Rocha e Montenegro desempeñaron o cometido que se lles recomendou na sesión anterior cal se deixa ver polo informe que con esa data presentaron a Corporación expoñendo non soamente o estado malísimo do camiño que desde a primeira ponte que emboca no Barrio dos Muiños sigue a outra ponte da Baliña de Ares; senón tamén o do sendeiro que principia baixando o río da ponte dos Ruzos e continua a par del ata enlazarse co de carro que sube a Fabega por xunto os Muiños de D. Manuel Serantes así como tamén a da ponte que cubre a auga que sae destes, non menos doloroso a fonte de auga minerais “das Cortes” comunmente coñecida coma a dos Muiños en virtude do cal e para reparación destes males propoñen as medidas que o concello estime mais convinte e determina que o señor alcalde as faga levar a cabo empregando para elo a forza da súa autoridade ou calquera outros medios que sexa do caso empregar ata conseguir o obxecto apetecido.
11 Abril de 1844, os individuos da sección da Policía que subscriben, a quen o concello nun acordo do 17 do corrente tivo a ben facultar para que conciliando os intereses e desexos de Antonio Marful, respecto a que se lle permita facer uso da auga do río denominado dos Ruzos e de que o seu muiño construido as inmediacións da fonte das Cortes continúe co seu exercicio foron visitalo o sr. Rocha na compaña dos Sres. Tenente alcalde e Vermúdez o sábado din que “ha notado que en efecto jamás se ha visto la citada fuente ni en tan buen estado ni tan exenta de inundaciones.”

Sesión do 22 de abril de 1844. Lida unha instancia que con data de dezaoito producen o Concello Bernardo Otero e Xosé Novo por si, e en nome dos demais veciños do barrio dos Muiños expoñendo os prexuizos que tiñan por haberse trasladado á praza a feira mensual do Carme; acórdase que a Sección de Policía con presencia dos antecedentes do particular para estudar si sería posible a volta da feira o seu lugar orixinal. Vista outra instancia do 17 do actual expón D. Antonio Marful haberse mandado por orde do Alcalde, desfeita a presa pola que corría a auga para o muiño que construíra ás inmediacións da ponte dos Ruzos por atoparse dita presa obstruía a Fonte Mineral que estaba contigua e solicita do concello lle marque o punto para construir unha nova presa que sirva para o
obxecto indicado. Pásase o acordo á Sección de policía para que marque o sitio.

Na sesión do 13 de maio de 1844 acorda o concello a volta ó seu primitivo sitio da feira instalada na praza dos Muiños. Na sesión do 9 de Nadal o concello é informado por boca do Sr. Rexedor Vázquez de que “acia la madrugada de hoy y hora de tres de la mañana sobre poco más o menos el alcalde de Barrio de los Molinos Miguel Bermúdez saliendo de su casa para contener un grupo de alborotadores que en el mismo barrio prentendian violentar una casa de taberna, fuera gravemente herido con una puñalada ... le diera uno de ellos , a la inmediación de la cadera izquierda”. Aprendido o Sr. Vázquez dun acontecemento tan terrible saíu con camiño de socorrer ó ferido tendo a satisfacción de que o fixo en compañía do propio Sr. Xuíz de Primeira instancia quen dende logo se fixo cargo en forma de tamaño atentado auxiliando como corresponde ó referido Alcalde de Barrio que á sazón tiña moitísima perda de sangue e adoptando as disposicións convites para o castigo da súa criminal agresión.

Sesión do 18 de Marzo de 1846. Fixo presente a Sección de Policía que no barrio dos Muiños e a inmediación da ponte dos Ruzos estaba por un lado construíndose unha casa cuxas paredes se notaban xa a bastante altura observándose que polo fronte tomou o seu dono, Santiago Villarino mais dunha vara de rúa na esquina ,especialmente a que mira á ponte, que fronte a ela se abrira o conducente cimentos para a construción de outra casa en paraxe que era a horta e que pola circunstancia do avance que sobre a rúa dera o Sr. Villarino resulta que os que veñen da ponte teñen que dirixirse á praza han de pasar por unha “garganta de seis varas” de anchura que é todo o oco que para o tránsito poden deixar as dúas casas de que se trata que se edifique sobre as liñas trazadas e que este oco é notablemente reducido para unha das entradas principais da cidade. O concello consciente disto da poder a Sección para que por si mesma arranxe o asunto. O 18 de Novembro deuse conta dunha instancia de D.ª Teresa Sánchez Moscoso de esta cidade na que se queixa da obrigación que se lle impón de contribuir con 21 reais á composición “del puentecito” que hai fronte a súa casa sita no barrio dos Muiños de Arriba. Suplica se lle releve do apronto dos 25 reais.

Sesión de 17 de Maio de 1848, pasouse os señores Carrera, Rancaño e Montero unha instancia que con data de onte fai o Concello D. Manuel Louro Rodríguez veciño desta cidade solicitando que se lle desmarque os lindes de unha obra nova que intenta construir na fábrica de Curtidos da súa pertenza sita no barrio dos Muiños e pola parte do Camiño con que testa, a fin de que ditos señores examinando o local en que pensa traballar o Sr. Louro informen ó concello o que lles pareza resolver na súa visita.

Sesión do 17 de xullo de 1850, pasouse o informe da sección de obras unha instancia que con data de hoxe fai o concello Juana do Seijo do Barrio dos Muiños para que lle saquen as augas dunha finca que ten no sitio que nomean a Grande no lugar de Valiñadares e descenden da parte superior dándolles a dirección que corresponda.

O 30 de outubro de 1853 a sección de policía facúltase para que faga o ensaio respecto do ramal ou nacente da auga da Fonte Mineral e producindo este os bos efectos que aquela apetece accedese a solicitude de Santiago Vilariño.

Ano 1853. O alcalde do barrio dos Muiños comunica que a fonte dos Pelamios atopase obstruida e a das augas minerais en tal disposición que non pode aproveitarse a auga delas.

No ano 1854 o alcalde do barrio dos Muiños da parte de que a fonte que hai en dito barrio está completamente arruinada, pois apenas polos seus caños sae unha gota de auga, que toda se marcha por debaixo deles, os cimentos atópanse deteriorados con unha porción de furados e o propio tempo o pozo onde nace dita auga atópase cheo de mondicia como así mesmo a “rambla ou espoleón” por onde ven atopase faltosa de algunha cuberta e moi arruinada. O manantial atopase cheo de area e a auga en vez de saír polos caños faino por debaixo por estar rota a parede que debía conter o deposito; a canle que da saída tamén se atopa atascada de pedras e area e o paredón sen algunhas cubertas.

En 1855 componse a Fonte dos Muiños, os gastos son: Xornais 149,27; dúas brazas de lastras 28; pedra de cantería 100, outra peza de Bocelade 30; dúas barras de lastra; cinco pezas de cantería para recortar o entrepaño 55; catro canos 40: dez carros de area 38; Pago a Pascual Louro , 8 carros de pedra, plano 10 e 8 carros de barro 7,18.

Na sesión do 30 de xuño de 1856. Vista novamente a conta documentada que quedou sobre a mesa de sesións por acordo do vinte e tres do corrente da distribución das cantidades recadadas para socorros dos desgraciados que padeceron co incendio da casa forno do barrio dos Muiños de Abaixo na noite do trinta e un de agosto do ano pasado, acórdase fixar ó público dita conta polo termo de oito días para que durante eles poidan os que gusten atopar o seu contido.

En 1857 faise un expediente sobre a colocación dunha grella nas luces da casa unida a dita fonte,propiedade de Bernardo Brea que cae sobre a mesma. As augas da mesma minguaron, o deposito da súa fonte atopase chea de inmundicias, polo que a sección de policía recomenda a limpeza do depósito e colocar unha peza de cantería.

O 31 de nadal de 1857 nomease para o “fielato” dos Muiños o señor Folgueira.

Sesión do 11 de xullo de 1859, instancia de 28 de xuño de D.ª María Montenegro de Martínez e D. José Campeling pola cal solicitan que o concello se sirva dispor se arranquen as arbores plantadas de novo e se corten os ángulos do costado dereito do río que percorre desde os Muiños a Ponte pousada a inmediación de propiedades de ditos interesados. Acórdase pasar a indicada instancia á sección Muncipal de Policía coa facultade para que na súa vista e indo o punto que se menciona determine e faga levar a efecto o que considere mais convinte.

O 24 de xullo 1859 pásase informe dos señores Silva e Fernández dun escrito que presenta con data 20 do mesmo Santiago Villarino relativamente a baixa das contribucións territorial e industrial para o mellor servizo da Fonte Mineral dos Muíños.

29 de agosto. Dáse conta a un informe que consignaron os señores Silva e Fernández con data sete do actual sobre a solicitude de Santiago Villarino para a rebaixa das contribucións territorial e industrial impostas ó muíño que quedou inutilizado pola reparación da fonte de auga mineral dos Muíños, acordándose non da lugar.

En instancia presentada polo señor Santiago Villarino dos Muiños, leída no pleno do 16 de setembro de 1859, na que solicita que se lle rebaixe o valor dado a un ferrado e dezaseis cuartillos de terra que en inmediato o muiño, partida 761, do caderno de predios urbanos da Estatística por non contar dita sementeira e non merecer a dita clasificación que se lle fixou debido as “avenidas do río y habersele mandado retirar la pared”. Acórdase pase a Xunta pericial para que previas as consultas informe o que lle pareza.

O 31 de Outubro de 1859. A referida Sección da Policía noutro informe do día dez propón os medios de reparar os danos e prexuízos expostos por D. José Parga nunha instancia do dezanove de setembro derradeiro con respecto ó río que dirixe as augas os muiños de Manuel Fernández Polo e outro. O concello acorda que por conta dos donos se faga un cano e se recolla a auga e dar saída as augas no punto que se considere mais oportuno.

O 5 de novembro de 1860, instancia de José Pedrosa dos Muíños en que solicita cond ata 29 de outubro a reparación da fonte denominada dos Pelamios e do expolón fronteirizo á casa de José Bermúdez na rúa das Moscas.

8 de abril de 1861 Fonte Mineral, o Sr. Candia proponlle á Municipalidade que se dispoña a limpeza da Fonte de augas minerais que se atopa obstruída polos escombros que sobre ela arrastrou o río nas derradeiras avenidas a fin de que o público poida utilizar os seus beneficios.

O 30 de setembro de 1861 o concello acorda que a sección Municipal de Policía dispoña a recomposición da Fonte dos Muiños a evitar o extravío da auga cuxa falta se nota polos caños.
14 de Maio de 1862. Tendo noticias o concello de que Miguel Bermúdez plantou árbores, construíu parede e alterado os canles no terreo que existe a Fonte Mineral dos Muíños inutilizando a mesma en grave prexuízo do público, facerlle saber que inmediatamente volvan as cousas a ser e estado que tiñan desde que se recompuxo a dita fonte por conta de fondos da municipalidade ,que se acordara no ano 1859, con aviso de que no sucesivo non se volva a introducir naquel terreo a menor innovación.

Sesión do 15 de Nadal de 1862. Conforme o informado pola Sección Municipal de Policía en cinco de este mes acórdase conceder a Rosendo Díaz dos Muiños licencia que solicitara en instancia do 12 de Novembro para construír unha ponte sobre o río inmediato a súa casa-habitación de modo que as augas non se desborden e invadan a plazuela ou barrio citado .

Sesión do 9 de Setembro de 1863, Antonio Marful do barrio dos Muiños en instancia do seis do corrente solicita que baixo a dirección dunha comisión do Concello, se proceda a franquear o río que baixa da ponte dos Ruzos xunto á presa dos Muiños da Ponte Pousada, abrindo pola antiga canle a costa do Marful e dos donos dos muiños de dito lugar de Ponte Pousada, a corporación acorda que pase a relacionada instancia a sección Municipal de Policía para que dispoña o que considere convinte.

O 3 de Marzo de 1865 na sesión do Concello tratase do Mercado dos Cochos. Nel comentase que habendo aumentado considerablemente a concorrencia de cochos para a súa venda nos mercados desta cidade e non sendo suficiente para dito efecto a praza en que se colocan fronte ó Seminario Conciliar, a vez que impiden non só ó servicio deste pola súa entrada principal, senón tamén o transito de xente deixando convertida a dita praza nuha “litrina” acórdase trasladar o referido mercado dos cochos ó barrio dos Muiños de arriba e punto que designe o Sr. Alcalde asociado da Sección de Policía Municipal.

Sesión do 24 de abril de 1865, en vista dunha instancia con data 19 do corrente de Don Gerónimo Santomé como apoderado de D. Vicente Varela Luaces para que o Concello se sirva mandar a suspensión dunha orde á que se refire do Sr. Alcalde e acordar que o recheo que este dispuxo o habitante na casa-muiño do expresado Luaces de un furado no río e transito inmediato ó propio muiño se practique a costa dos fondos Comúns ou prestacións que correspondan segundo as regras relativas a camiños públicos. Acordase nomear os señores López Pardo Castro e Silva Sánchez con o Sr. Alcalde para que visitando o sitio en cuestión estimen o procedente. O un de maio en sesión a comisión Municipal nomeada na anterior sesión para informar o convinte respecto o furado que existe no río inmediato a os muiños do Sr. Varela Luaces, a comisión determina que este señor exhiba os documentos de propiedade do terreo onde se atopa o arborado e o camiño paralelo a súa casa e gabia dos Muiños e comprendido entre o bado inmediato á ponte e sitio onde se atopa o furado o cal se fai saber ó citado representante.

Sesión do 23 de Febreiro de 1870. Nomease ós Sres. Alonso Novo e Pardo para que con vista de antecedentes propoñan a convinte respecto a innovación que trata de introducir no terreo inmediato á Fonte de auga mineral dos Muíños en prexuízo desta. Igualmente acordase facer saber a Xesús Muñoz franquee con horto formado de novo que impide o curso das augas do río na Ponte dos Ruzos.
No mes de Marzo, o día 15, de 1870, pase a informe do Sr. Novo unha instancia de Diego Iravedra dos Muiños , “por la que se queja de los plantones de Alamos que colocó su convecino Manuel Rivas frente a la huerta de la casa de aquel...” cuxo transito e servizo interrompe.

O 4 de abril de 1870, proponse á comisión municipal nomeada en Febreiro último sobre o terreo inmediato a fonte mineral e a dita fonte se faculta á Comisión para que dispoña á reparación da dita fonte. O 9 de maio acordase pagar a Luís Domenech pola reparación da fonte de auga mineral dos muíños.

Sesión do 31 de xullo de 1871. Fonte Mineral dos Muiños. Deuse conta de dúas instancias presentadas por Santiago Fernández e Pascual Seivane con datas de vinte e vinte e catro do corrente solicitando, o primeiro que habéndose executado algúns traballos no terreo da súa propiedade da Fonte Mineral dos Muíños de orde da autoridade local se sirva esta consignar a razón legal porque cree de dominio público e por conseguinte sometida a inspección da Municipalidade de dito terreo a non acordar que se deixe o mesmo a súa libre disposición e pedindo o segundo que se desestime o recurso do señor Fernández, acordase que pasen as dúas instancias a informe dos Señores Presidente Novo e González.

O 15 de abril de 1872, comisionase o Sr. Viveiro para que dispoña a colocación dos pasos no río para as augas minerais dos Muíños e a limpeza e reparación da fonte das mesmas.

Sesión do 22 de xullo de 1872, acordase pagar a cantidade de catro pesetas con vinte e cinco céntimos a Marcos González por gastos de reparación da Fonte de auga Mineral dos Muíños.

Na Sesión do 25 de abril de 1873 vese unha instancia de Antonio Leivas dos Muíños do 26 de Marzo último no cal pide que se fixe a lonxitude e latitude dun forno de olería co seu correspondente departamento para traballar, que intenta construír en territorio de labradío inmediato ó camiño de pe que sigue a casa de Pedro Fernández Polo deste o atrio da ermida de Santiago dos Muiños. Acordase pasar a referida instancia o Sr. Viveiro e Salaverri para os efectos que solicitan.

Sesión do 9 de xuño de 1873, facultase a Comisión de policía urbana para que dispoña a reparación do “puentecito” sobre a canle que desde o barrio dos Muíños de baixo se dirixe a varios puntos, así
como para a recomposición da Fonte Mineral denominada dos Muíños.

Sesión do 6 de Setembro de 1873. Acordase pasar informe da Comisión Municipal de Policía dunha instancia de Gregorio Rivas dos Muiños pola que solicita se proceda a limpeza da canle das augas dos muiños de Marful e os de Castro e Fontán.

En atención ó solicitado por Basilio Rodríguez dos Muiños acordase por maioría eximirlle do cargo de alcalde de barrio, para o cal foi nomeado José Rei.

1 de xullo de 1874 acordase facultar á Comisión Municipal da policía para que dispoña a reparación do transito da Fonte Mineral dos Muíños e a colocación dos pasos que existen no río inmediato o mesmo.

Sesión 16 de agosto de 1875. Atopándose obstruída a fonte mineral dos muíños acordase comisionar o Sr. Barcia para que dispoña de levar inmediatamente a efecto os reparos que necesita.
Sesión do 27 de xuño de 1876. Dada unha instancia que fan varios veciños do barrio dos Muiños de arriba con data do actual de que se eviten os danos que sofren polas augas do río denominado de Ruzos que serven de motor a varios muiños fariñeiros. Acordase pasar á citada instancia a Comisión Municipal de Policía Urbana para que informe e propoña ó concello o que lle pareza mellor. Na sesión do 14 lese o informe da Comisión Municipal de Policía Urbana na que propón se facultará a mesma para que fixe o nivel das augas á que se refire a citada instancia e se dispoñan as obras conducentes a evitar a invasión de dito barrio por conta do que motiva así como o desaugue das pluviais de dito barrio a cargo do Concello.

Sesión do 11 de xuño de 1877, se comisionouse o Sr. Rivas para que dispoña a colocación dos pasos de pedra e reparación da Fonte Mineral dos Muíños.

Sesión 28 de Setembro de 1880 pasou informe a expresada Comisión instancia de Dª. Pascula Bermúdez do 20 do corrente polo que solicita que Benito Lodeiro faga desaparecer da plazuela dos Muíños un aparato colocado para serrar madeiras en prexuízo do servizo público. Nomease á Comisión Municipal de policía para que dispoña á reparación da fonte pública denominada dos Pelamios nos Muíños e para que informe e propoña o convinte.
O 9 de Xullo de 1883, en sesión do concello lese unha instancia que fan Rosendo Cavanas e Gregorio Leivas en solicitude de algún auxilio para axuda de pagar os gastos de espacificación da Ponte denominado dos Pasos no barrio dos Muiños, acordase pasar a informe da Comisión Municipal de Policía.

Ano 1884 recoñecemento da “Fonte das Cortes o de los Molinos”. “Pasaron a reconocer el camino desde el 1 er. Puente en que envoca al barrio de los Molinos y el sendero de a pie que principia en la bajada hacia el río de la puente de los Ruzos y comunica al lado de el hasta entronca con el de carro que sube a la Fabega por junto a los Molinos de Don Manuel Serantes y a la puente que cubre el agua que sale de estes e y a la fuente mineral de las Cortes, comunmente conocida de los Molinos y hallaron el camino intransitable para carros y caballerias en varias partes, observando en todo el mucha estrechez de manera, que a no ser en algún recodo no es factible pasar el simultaneamente una caballeria con jinete o carga y un carro aunque sea vacio. Que el motivado sendero esta tambien destruido ofreciendo toda su longitud diferentes deformidades y algunos principios sobre el río particularmente en la situación das Cortes frente a la Fuente indicada y fondal de tierra propía en el util dominio de Luís López a Pombo; que esta misma fuente se halla atollada y sofocada con el morrillo y arena que arrastran las aguas de una zanja formada de nuevo al lado de ella por Antonio Marful, los que además de este perjuicio.” Por tal motivo executarase a composición con toda solidez non só do motivado camiño desde a primeira ponte que indo desde San Roque envoca a os Muiños ata a da Valiña, ensanchando en todas as partes 12 cuartas e facendo que se coloque unha parede na cabeza do derrubamento, senón tamén a do sendeiro que principiando na baixada da ponte dos Ruzos continua ata unirse ó camiño de carro que sube a Fabega, que dito Luís López retire do fondal da súa terra a parede que forma curva sobre o expresado sendeiro. Que D. Antonio Murful reteña o morrillo e limpe por completo a fonte de auga mineral, permitindo que a auga corra polo seu sitio natural ata un declive que se atopa distante algunhas brazadas ó lado inferior da propia fonte, o punto que o estanco non ofenda a esta e na súa entrada poderá recoller a propia auga de modo que considere oportuno para o servizo dos muiños que no ano pasado fabricou pegado a ponte dos Ruzos. O camiño farase a conta dos testantes.

8 de xullo de 1885 – “El Correo Gallego”. “Ayer en las primeras horas de la tarde descargó sobre esta ciudad una fuerte y prolongada tormenta. En un puente que hay sobre una de las derivaciones del Valiñadares que pasa lamiendo la parte posterior de unas casas de las aceras del barrio de los Molinos de Arriba cayó una chispa momentos después de pasar por el puente varias personas que se dirigian a un horno inmediato . Aquel quedó totalmente destrozado”.

Dado conta o 5 de nadal de 1887 dunha solicitude de José Leivas en suplica de Licencia para construír unha fragua de ferreiro no barrio dos Muiños acordouse pasar informe a Comisión da Policía Urbana. O 2 de Xaneiro de 1888 concedese licencia a José Leivas Fernández para construír unha casa terrea na situación que nomean Pelamios, no barrio dos Muiños según solicitou en instancia do 28 de Novembro quedou a expensas do ditame da Comisión de Policía Urbana.

Sesión ordinaria do 23 de xullo de 1890, dispuxose pasar a informe da Comisión Municipal de Gobernación unha instancia de D.ª Melchora Posada solicitando licencia para reedificar o edificio no que existen uns muiños fariñeiros da súa propiedade no barrio dos Muiños de Abaixo. O 11 de agosto lese o informe da dita Comisión a instancia de Melchora Posada Villapol, de conformidade co mesmo acedese a conceder a dita señora licencia para a obra coas condicións que no mencionado informe expresan.

O seis de abril de 1891, en sesión do concello lese unha instancia de D. Luís Gómez en que se queixa dos danos que di que lle ocasionan as obras que se están facendo nos muiños de fariña do Sr. Moscoso , chamados “Calabazote” inmediatos a rúa das Moscas no barrio dos Muiños.

Na sesión ordinaria do 9 de Outubro de 1893, a petición duns veciños do Barrio dos Muiños acordase colocar unha lámpada de luz eléctrica que alume a ponte denominada dos carros en consideración a ser moi necesaria para o transito e atoparse inmediata ó cable xeneral de dito barrio. Na sesión do 23 de Novembro vese unha solicitude subscrita por varios veciños do Barrio dos Muiños de abaixo pedindo que se lles coloque unha luz eléctrica na entrada de dito barrio pola parte do Pimpin.

Acordase escoitar o informe das Seccións de Facenda e Goberno.

Sesión ordinaria do 8 de xaneiro de 1894. Deuse conta dunha instancia formulada por o procurador D. Xosé María da Fonte a nome do sr. Don Venancio Montenegro e Parga, expoñendo que o seu representado e dono dunha casa con muiño fariñeiro no barrio dos Muiños de abaixo cuxo artefacto sufre perdida de augas que se desbordan do alveo do río a causa de atoparse o parapeto e camiño do seu marxe esquerdo moito mais baixo, terminando solicita que se lle permita arranxar aquel as súas expensas. Solicitase informe á Comisión de Policía Urbana . O 22 de Xaneiro de 1894 en sesión ordinaria lese ese informe sobre a pretensión do Sr. D. Venancio Montenegro y Pardo e acordase facultar o mesmo para que construía as súas expensas o camiño de calzada que forma o parapeto do río chamado Brea ás inmediacións da casa e muíños de que é dono dito señor. A reconstrución ha de estar suxeita á altura e demais condicións consignadas no mencionado informe.