Madrid necesita das galegas e galegos

Madrid necesita das galegas e galegos
Emigrar é unha saída para todas e todos os galegos que non se poden valer na súa propia terra, para intentar acadar unha vida digna. Na Galiza non se emigra para chegar a seren millonarios, pero si para fuxir da precariedade. Dende as miñas vivencias poido afirmar iso, mais nunca desbotei a necesidae de gañar cartos ao máximo, para así poder axudar aos meus pais e irmáns pequenos, xa que na miña terra antes e agora para a inmensa maioría non é posible sen hipoptecar a túa liberdade persoal e caendo nas poutas do miserabel caciquismo, que todas e todos coñecemos.

Madrid, con Barcelona e Bilbao, son as grandes urbes dentro do Estado español, cun mercado laboral desenvolvido. Puiden cumprir o servizo militar aquí apelando ao caciquismo imperante, pero xa que tamén estudaba decidín ingresar nas Milicias para poder deixar o Pais, aproveitando os catro meses das prácticas nunha destas cidades. E tocoume Madrid destinado na Brigada Blindada Montesa 1, concentrada no cuartel do Conde Duque en pleno centro de Madrid ao caron da Praza de España.

Cumprido o meu servizo militar, traballei en varias empresas. A pesar da abundancia de traballo, escaso e informal na miña Terra, descubrín ao meo pesar que, en Madrid non ataban os cans con longanizas, e axiña me implique con outros inmigrantes procedentes doutras partes do Estado, intervindo activamente nas loitas sociais laborais daquela moi frecuentes, dentro e fora dos centros de traballo, alo polos anos 1966-67-68. Estas loitas encadrábanse na loita política antifranquista polos dereitos democráticos. Coñecín o marxismo e outras ideoloxías afíns , moi difundidas entre emigrantes de orixe andaluza e das vellas cidades casteláns, chegados coma min para traballar na gran urbe . Eles diciánme que eu xa viña concienciado desde Galiza. Falso,só estaba moi cabreado.

Naqueles anos, a loita sindical foi para min unha constante e tamén gañaba cartos, pero non puiden integrarme no mundo madrileño, aínda que alí había de todo menos madrileños, principalmente xentes das Castelas . Non podía esquencer as miñas experiencias vitais de pequeno na Galiza; soñaba coa casa tribal da miña nai en Santaballa a 8 km de Vilalba, o Valadouro, Adelán, o pico da Frouxeira....e como non, o “tan-tan” dos tranvías da Coruña....O Obelisco..... Intentei deixar a nostalxia da Terra, pero en Madrid lembravanma a cotío, normalmente con afecto e aprecio, pero as veces con desprezo e mala fe pola miña orixe galega. O acento me delataba.

Ao fin, aproveitando que perdera o traballo , e aínda que podía atopar outro en poucos dias, regresei ao Pais, mais non caín nas redes do caciquismo pois xa era un galego errante, pero non un apátrida completo, participei no Dia da Patria do 68 en Compostela, mais organiceime na sucursal galega do PCE de obediencia madrileña. Pouco durei estaba cheo de contradicións. En Madrid descubrira a miña pertenza a clase asalariada non elitista, sen desprenderme da condición galega nen un chisco, todo o contrario. Hoxe substitúeme como galego en Madrid o meu fillo Fran traballando para un montaxe de Ifema. Quen pagará Ayuso ou Sanchez ?

Cando cheguei aquela cidade arredor do 1965 con 23 anos, o número de habitantes andaba polos 2 millóns, cando regresei pasaba de 3 millóns, e aínda que non o aparente de ahí non pasou nunca comezando a descender sen parar até hoxe. Collín a época de maior crecemento poboacional da cidade. Este era causado pola emigración interior procedente principalmente das provincias e cidades casteláns, Ávila,Soria,Segovia,Toledo...Foi o maior incremento de habitantes na historia da vila e corte madrileña. A mesma cidade constitúe un dos cerne do desenvolvemento español subordinado ao Imperialismo. As multinacionaís estadounidenses que alí se instalaron polas facilidades concedidas polo Goberno franquista, a costa da decadencia e desertización das cidades da Castela histórica . A calidade de vida das o dos traballadores rapidamente foi minguando para a maioria. A inflación era desmedida, xerando un potente foco de conflitos sociaís e políticos contra a Ditadura.

Coa reforma política e a instauración do Réxime do 78, ideóuse o modelo autonómico, que lonxe de descentralizar o Estado español como se anunciaba, supuxo o maior fraude para negar o dereito a Autodeterminación dos pobos oprimidos da Península, ao centralizar ainda máis que o franquismo o Estado español. O instrumento para esta abafante centralización, foi sen dúbida, entre outros, a conversión de Madrid nunha Autonomia Uniprovincial .Resulta todo un símbolo macabro, o establecemento da súa sé central no antigo centro de torturas da Brigada Políticio Social española da Porta do Sol.

Deste xeito, amáis de ser arroupada con poderes exclusivos, Madrid amplia a súa poboación dunha maneira aparente ata casi 7 millóns, da que máis do 50 por cento residen no territorio provincial. Cando Madrid Concello comeza a despoboarse e expulsar residentes, manten os 3 millóns grazas a emigración de xentes procedentes do terceiro mundo promovida po los gobernos da dereita como o de Aznar, asentándoas nos barrios marxinais, para esnaquizar o movemento obreiro madrileño e promover o racismo e a extrema dereita na Capital do Reino.

Todas as custosas infraestruturas construídas nos últimos anos, non o foron para beneficio do pobo madrileño, senon para reforzar o control do poder españolista; ampliación do aeroporto de Barajas, AVE,autopistas de circunvalación M-40,M-30-M-50. Infraestruturas que controlan a comunicación no ámbito estatal, facendo pasar obrigatoriamente por Madrid as comunicacións entre os distintos territorios peninsulares. Esta brutal centralización que supera a do franquismo non sería posible sen a colaboración entusiasta da esquerda españolista, levando a destrución da Castela histórica e a creación política dunha nova e deturpada cun anaco da antiga, inzada de asentamentos de máis de cen mil habitantes, que xa non son Madrid; Getafe ,Móstoles.....a costa de Soria,Ávila.....e demais territorios da Castela tradicional, que hoxe a maior parte non chegan a os cincuenta mil.

As nacións e pobos peninsulares viven sometidos a un aparello estatal centralizado chamado España ou nación española, onde as autonomías concedidas por éste son subordinadas a única Autonomia realmente existente, a Autonomia de Madrid, na cal reside o Goberno do Estado e a Casa Real coa súa alta burocracia, concentrando o poder e o control totalitario do territorio do Estado español.

Mentres Madrid siga sendo unha vila-estado inzada coas élites dominantes capitalistas, alta burocracia política e cortesán, que residen separadas en urbanizaciós exclusivas nos territorios achegados, e lonxe dos focos pobres e marxinais como Vallecas, Usera....que hoxe constituen maioritariamente o decadente e insostíbel Concello de Madrid, esta serguirá sendo a cidade vampira do Estado Español. Para que logo digan que os nacionalistas son os separatistas.

O éxito da loita nacionalista dos pobos do Estado, comezando pola loita de liberación nacional de Galiza que tamén e unha loita de descolonización, é imprescindíbel para que Madrid retorne a ser unha cidade castelán, nunha Castela libre e Soberana; cuestión esta, hoxe imposíbel en tanto siga exercendo de Capital dos restos do Imperio español , pois ningún pobo é libre mentres sexa usado para oprimir a outros pobos. Tamén Galiza necesita da loita pola Soberanía da Castela Comuneira, para facer frente en común, como internacionalistas coa nosa propia loita.