Libraría

Da emigración galega na Suíza [Textos e documentos] por Xurxo Martiz Crespo
ÍNDICE
Limiar / Páx 5
Xurxo Martiz Crespo: Entrevista a Marianne Helfer
“A emigración e o retorno dos galegos da Suíza” / Páx. 9
Acordo de inmigración Suíza-Estado español / Páx. 21
Breviario para a man de obra do Estado español na Suíza, 1961 / Páx. 33

Documento “A hora das Nacións, a hora de Galiza”
Cando conmemoramos o 40 aniversario do asasinato de Moncho Reboiras queremos formular publicamente 40 puntos, ideas, principios, propostas, que son tamén 40 compromisos con este noso País, como chanzos dun camiño que estamos dispostos a percorrer con decisión porque sabemos que ao final está a liberdade. 40 puntos que arrancan, por coherencia, coa mesma afirmación con que hai 51 anos a Unión do Povo Galego iniciaba o combate: Galiza é unha nación e, como tal, ten dereito á autodeterminación, e que sintetizan o presente e o futuro que queremos para a Galiza.

Cartaz da exposición A Nación galega en pé. 50 anos da fundación da Unión do Povo Galego
A exposición permanecerá aberta até o martes 3 de marzo de 2015 (incluído) no Museo Provincial de Lugo -con entrada gratuíta- e cos seguintes horarios:
Luns a Venres: 9:00 a 21:00 h.
Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: 11 a 14 h.
Ollar A Nación galega en pé. 50 anos da fundación da Unión do Povo Galego, supón un reflexivo reencontro con feitos que se gardan na memoria colectiva e individual das galegas e dos galegos. Son realidades que requeriron do noso povo capacidade de loita, moito esforzo e ilusión por vencer e que agora reviven nesta exposición para patentizar a coraxe, dignidade e concienciación dos homes e mulleres de Galiza, e tamén dunha forza política nacionalista que foi quen de asumir e canalizar as súas reivindicacións e anseios. As fotos, revistas, discos, cartaces, audiovisuais e publicacións de todo tipo que se exhiben nesta mostra, trasládannos e fannos sentir e conectar anímica e racionalmente con quen levaron a cabo as fortes loitas contra a ditadura franquista, e contra o actual sistema que segue a esquecer os problemas socioeconómicos das nosas xentes e a situación sociocultural da nosa Nación.
Comisaria: María Antonia Pérez
Coordinador e documentalista: Roberto Vilameá
Deseño: Pepe Barro
Edición das filmacións documentais: Alberte Mera
Realización vídeo: Xoán Carlos Garrido

Vixencia de Castelao nas novas xeracións galegas
Carlos Abraira ingresou no movemento Galeguista. A el levou a súa certeira visión dos problemas galegos exposta en varios discursos e conferencias, ditados en institucións da colectividade galega. Foi ademais un activo Secretario das Mocedades Galeguistas e redactor do órgano oficial das mesmas o periódico “Adiante”.
Agora entréganos esta vigorosa conferencia que os galeguistas de Montevideo lle pediron para conmemorar o undécimo aniversario da morte de Castelao. Deixamos que os lectores xulguen. Para nós é dunha claridade diáfana de limpa beleza literaria, de prosa espelida, de forte convicción, e unha interpretación cabal do ideario galeguista
Francisco Regueira
Bos Aires, febreiro de 1961