Lembranzas da Brigada Político Social española

Lembranzas da Brigada Político Social española

A Brigada Político Social española (BPS), ten a sua oríxe nos servizos secretos franquistas. En 1940 o lider nazi Heinrich Himler impulsou a creación da nova policía represiva española, a Brigada Polítco Social. En 1941 foi constituída segundo o modelo nazi.

A acción represiva baseouse na práctica sistemática de torturas para forzar as declaracións dos detidos, mediante a aplicación de brutais torturas nos interrogatorios. Os seus arquivos baseados no modelo nazi, aseguraba a vixiancia dos enemigos sospeitosos do Estado español, caendo os casos políticos na competencia da BPS.

O terror xerado por este aparello represivo franquista, conségue inmobilizar a maioria dos anti-franquistas das diversas ideoloxías existentes. A BPS actuaba como o avión de asalto nazi Stuka, que levaba unhas sirenas para provocar o pánico e inmobilizar ao enemigo, antes de descargarlles as súas bombas. O réxime de terror tivo consecuencias nefastas para o futuro. O odio desatado polos seus crueis métodos, como o exercido polo destacado xefe da Brigada, Melitón Manzanas, provocou a sús morte a mans da organización vasca ETA, sendo así o inicio da súa derrotada loita armada, que serviu de coartada para a continuación da represión alén da mal chamada transición, e a demonización do nacionalismo dos pobos oprimidos polo Estado español.

Os anos 60 e 70, foron para mín unha época marcada polo terror ao Réxime franquista; pero a miña aversión por ele era tan poderosa que me empurraba a participar na loita contra do mesmo; a pesares do meu medo, máis aló de calquera ideoloxía ou doutrina. Na miña cabeza non había lugar máis que para o odio e o temor. O resto era unha mestura confusa de ideas políticas e sociais contraditorias. Que envexa sentía polos que tiñan as ideas claras¡, quería ser como eles pero as dúbidas sempre podían máis, o único do que non dubidaba era na necesidade de rematar co franquismo. Traballei en Madrid ate 1967, e incorporeime ao movemento obreiro anti-franquista, daquela emerxente e moi puxante. Coñecín, traballadores comunistas, falanxistas de Hedilla, socialistas, cristiáns.....radicaliceime cos PC-ML, e perdín o traballo, decidín regresar a Galiza e loitar no meu pais, a nostalxia da terra podía conmigo.

Ao regresar anoxado a Coruña, apuntábame as movidas políticas anti-franquistas levadas a cabo polos grupos actuantes na Galiza, como a UPG e outros, sen chegar a identificarme con eles, movíame polas miñas ansias de loitar contra o franquismo. Xurei non me render nunca ante un Réxime tan repugnante, baseado na inxusticia e na opresión.

Teño que recoñecer, sen ningunha dúbida, que naquel tempo, o PCE(Partido Comunista de España), era o que dispoñía, por moitas causas incluida a inxerencia exterior, da mellor organización para enfrontarse ao Réxime de Franco. Pero os seus máximos dirixentes, Santiago Carrillo e a súa camarilla, usarona como medio para servir os seus intereses personais, que non eran outros, que o acadar para si canto antes as ansiadas moquetas parlamentarias en Madrid, presentándose ante o Capital español e os EEUU como imprescindíbeis para manter a unidade e estabilidade de España ao seu servizo. Despois, a maioría dos dirixentes das distintas forzas democráticas, nacionalistas e revolucionarias, resultaron ser nefastos, e os poucos válidos foron debidamente satanizados polo Réxime do 78.O PCE pudo manipular naquela época, con éxito, os sentimentos da maioría dos escasos homes e mulleres dispostos a enfrontarse ao Réxime do 36, pero que eran imprescindíbeis para dirixir e manipular o emerxente movemento de traballadores asalariados anti-franquista, cuxo fin era colocar a clase obreira na inocua senda do españolismo, asestándolle unha tremenda derrota na súa incipiente loita de clases, Mais esta reflexión fixena con posterioridade, á vista dos feitos acaecidos.

A pouca xente que daba o paso a loita antifranquista, sabía o que se xogaba .O prezo pola detención da BPS, amais das torturas que oscilaban segundo os casos, era de tres anos de cárcere por propaganda ilegal e outros tres por asociación ilícita, unha especie de tarifa plana. A Lei Antiterrorista chegou despois para quedarse, cando xa se iba perdendo o medo. Foron dez anos de militancia (1967-1977) vivindo en un estado permanente de temor, polo pavor a represión da BPS nun entorno social fascista. O meu fillo Emilio comentábame que na nosa casa se respiraba un ambiente de temor, o meu outro fillo Fran era demasiado pequeno daquela para comprender. Pero a motivación viñame de que o meu odio ao franquismo sobrepasaba o meu medo, obrigándome a loitar sen ter ningunha ideoloxia ou doutrina pre-concebida . Era un antifranquista convencido e disposto, pero soamente iso. Deste xeito, atopeime co cargo político de responsábel de Axitación e Propaganda do PCE de A Coruña, que exercín do 1969 a 1972.Os méritos para ocupar tal responsabilidade, non eran outros que o de non estar fichado pola BPS.

En certa ocasión, caeo todo o Comité Local, sendo eu o único que non foi detido na redada. Tiña na miña casa unha “vietnamita” nun depósito cheo de propaganda na base do baño da vivenda. Nese contexto disparóuseme o corazón con unha taquicardia, que me paralizaba co terror. Fun a un centro sanitario situado daquela a caron do cemiterio do Santo Amaro, e para colmo atopeime cun practicante que fora o meu viciño, que era falanxista do Réxime ......Recoñeceume, e díxome que non tiña nada, e que a miña taquicardia era producida por lo medo a algo?.Sempre gardei as normas máis estritas de seguridade, fuxin en varias ocasións correndo diante dos axentes da BPS.

En aqueles anos nunca violei a clandestinidade. Tamén o temor e a sorte libráronme de caer. O fenómeno do revisionismo carrillista, funo entendendo pouco a pouco,decepción tras decepción, ate a meu desengano absoluto e a deserción do Partido carrillista, pero non da loita antifranquista, xa que este non tiña o monopolio da confrontación coa Tirania franquista. Busquei outra ferramenta que a ser posible contara cunha boa propaganda, e continuei adiante co MC en 1972.

Xa no MC(Movemento Comunista) e grazas a miña compañeira Ucha, fallei a unha cita con un camarada para un reparto aberto de propaganda . A miña compañeira estaba presa de pánico, aterrada, convencida de que nos iban a prender, e non fora ao reparto .Así que quedei con ela na casa. Foi o meu anxo da garda, e nunca deixou de selo, aínda despois da sua morte, a premonición cumpríuse. O meu camarada foi prendido e torturado brutalmente durante varios meses pola BPS. Era o ano 1975, e lle aplicaron a nova lei antiterrorista. A pesares da tortura non conseguiron que cantase e denunciara os seus camaradas.

Un ano despois, ao fin eu tamén caín nunha acción similar de propaganda aberta, chamando a unha Xornada de Loita. Mais xa eran outras circunstancias, e no ano 1976, morto Franco,a BPS estaba mudando con celeridade, xa non interrogaba nin torturaba e eu non recibín nin unha simple hostia, tratáronme con toda corrección, encerrándome nun estreito calabozo do soto da comisaría do porto durante, tres dias e tres noites. O policia armado que me custodiaba(daquela un gris), axudoume a me defender da friaxe (era Novembro), e tróuxome cada noite unha cunca con bazofia graxenta da Cociña Económica , recomendándome ca tragara dun golpe pechando a nariz, así o fixen e salvoume do frio. Despois un xuiz ordenou o meu traslado esposado a cárcere da Coruña na Torre. Todo cambiou para ben ao atopomarme con outros presos políticos. Para min a estancia na cárcere foi unha brincadeira, non como a miña compañeira que quedou en soidade na casa cos nosos dous fillos pequenos, sen que ninguen a visitase ou chamara, por aquelo da clandestinidade. Ela pasouno moi mal......amaba a Galiza, a súa Patria, sobre todo o demáis.

En 1977, un escrito do 19 de Novembro do Ministerio da Gobernación, comunicoume que recibira os beneficios da Amnistia, de acordo a Lei 46/1977 do 15 de Outubro. Esta medida tivo como obxectivo reconciliar aos españois das dúas Españas confrontadas na guerra civil, facendo inmunes os crímenes cometidos pola Tiranía franquista despois da guerra. Deste xeito me vin incluido na España roxa polo feito de ter loitado contra Franco, sen ter participado na guerra das dúas Españas.

A instauración do Réxime do 78, pon de manifesto, unha vez máis, que os conflitos entre as dúas Españas son sempre alleos aos intereses de Galiza, sendo unha trampa para as galegas e galegos que participan neles, como rme pasou a min, pois todos os cambios que producen e produciron historicamente estes conflitos, fórono en prexuicio do noso Pais . O noso Castelao o tíñao moi claro ao intervir no conflito de España, soamente para loitar por Galiza, aproveitando as súas contradicións territoriaís para obter o Estatuto do 36, que recoñece a Galiza como nacionalidade histórica. En Xullo do 2011 o Bloque Nacionalista Galego presentou no Congreso de Deputados unha proposición para derogar a Lei 46 de Amnistía, sendo rexeitada polas esquerdas e dereitas españolistas. A miña amnistía, como a de outros anti-franquistas foi usada fraudulentamente para excluir os delitos dos xenocidas e torturadores do Goberno franquista, na guerra e xa rematada esta, principalmente na Galiza.

No proceso da mal chamada transición non se fixo ningunha depuración na Brigada Politico Social, e os seus integrantes continuaron na policía española. O comisario Conesa xefe da BPS foi posto ao frente da Brigada Central de Información(BCI) co Goberno Socialista de Felipe Gonzalez. Os arquivos da BPS se conservaron con máis de cen mil fichas políticas, pero as que identificaban aos membros da BPS foron destruídas. Outros como Antonio Gonzalez Pacheco, “Billy el Niño,” num.2, con Conesa, destacado torturador foi premiado polo Réxime do 78 con unha condecoración pensionada, polas brutaís torturas aplicadas durante os interrogatorios.

Cada vez estou máis convencido de que o Réxime españolista e monárquico do 78 é a continuación natural da Ditadura de Franco do 36, corrixida e ampliada e convenientemente maquillado, con máis leies represivas e un bipartidismo parlamentario que exerce de elemento moderador no conflito entre as dúas Españas, pero que agudiza o conflito territorial do Estado Español, fronte ao que con frecuencia aplica a máis brutal represión.