Eleccións e poder

No Occidente liderado polos EEUU, a democracia parlamentaria con delegación de poder, é a modalidade de gobernación que mellor lexitima o orde capitalista imperialista en todos os países sometidos, e logra a súa aceptación popular. Este modelo xa ten amosado dabondo a eficacia na súa xestión

O Poder imperial e os seus subordinados o impoñen e protexen como a fórmula perfecta de Estado de Dereito, pois garante a perfección a estabilidade dun sistema opresivo dos pobos, condenando aquelas alternativas de Goberno que non se axustan ao obxectivo da defensa deste Poder.

O sufraxio universal e o Parlamento representativo son os elementos básicos para a súa lexitimidade, que aseguraren a permanencia irreversíbel do sistema capitalista.Para ser efectivos, contan con mecanismos controlados polos diversos poderes das elites capitalistas conformadas por ínfimas minorías.

Nas eleccións parlamentarias que se repiten periodicamente por norma, previamente son nomeados directa ou indirectamente os candidatos e candidatas polos poderes fácticos, que con posterioridade son elexidos por sufraxio universal . O pobo limítase a delegar o seu poder na representación destas candidaturas co seu voto ou abstención, perdendo toda capacidade de control.

O pobo organizado nos espazos de traballo e residencia para defender os seus intereses inmediatos, permanece ao marxe das eleccións parlamentarias salvo para votar. Toda a actividade política encaúzase a través dos canles parlamentarios controlados pola elites, que son as que exercen o monopolio da representación e da actividade política.

Neste modelo establecido, os partidos políticos e os seus delegados acceden a representación popular formando os Parlamentos que gobernan os distintos países de Occidente dacordo cos intereses do Capital, co consenso dos pobos manexados grazas a axuda dos medios de comunicación que forman a opinión maioritaria. Os parlamentarios elixidos dispoñen de todos os privilexios do Poder capitalista, comezando polo abundante diñeiro recibido para integralos na Elite dominante. Este sistema de representación posúe mecanismos manipuladores dabondo en desenvolvemento permanente, como o Bipartidismo e a Alternancia no Goberno, e na selección dos Presidentes nas variantes presidencialistas.

Baixo o Imperialismo Global non pode haber gobernos dos pobos polos pobos, en tanto non aconteza unha transformación política nun pais que lle traslade o poder ao pobo. Mais o Imperio está aí presente para impedir ben a sangue e lume, se é necesario, calquera mudanza que cuestione o seu orde, recorrendo a intervención e introdución de formas autoritarias e fascistas do poder, aínda que inestábeis, ou ao caos se non lle queda outra saída , por riba de todo en tempos de decadencia económica e crise do Imperialismo Unipolar como os actuaís. O Imperialismo tentará de facer inviábel calquera alternativa democrática contraria aos seus intereses de clase.

Un modelo alternativo xa experimentado para empoderar ao pobo cunha Soberania popular, a pesar de todos os atrancos, é por medio da instauración de Gobernos condicionados polos poderes populares, dependentes das organizacións do pobo, desde a base, dende os centros de traballo e residencia principalmente, formados por membros destes colectivos como representantes directos elixidos por sufraxio universal entre as e os candidatos propostos por estes e as súas organizacións do poder popular, para constituir Cámaras parlamentarias coa súa preponderancia na representación compartida con representantes dos Partidos ou Asociacións políticas presentes na sociedade. En todo caso, calquera forma de democracia conta con elementos autoritarios en maior ou menor medida, dependendo en boa parte do estado da loita de clases, do seu grao de antagonismo e da capacidade do Imperio para poder abortar un proxecto de liberación.

O Estado español foi,é, e sempre será un instrumento do Imperialismo, propio e alleo. O Réxime do 78 reúne todas as características dun produto político estadounidense, sendo considerado como unha “democracia perfecta”ao seu servizo. Na Galiza, como nación oprimida e explotada polo Estado español, a loita patriótica antiimperialista polo dereito a Autodeterminación baixo o principio nacionalista de auto-organización popular é obrigatoria; pois sen Soberania Nacional non poden desenvolverse os dereitos sociais,económicos e individuaís da maioría do pobo galego, cara a súa emancipación.

A via galega a autodeterminación ten de ser directa, sen atallos, nin necesita de rodeos para empoderar ao pobo como noutros países cun Estado propio ao servizo do Capital Global, que sí precisan dunha previa transformación política, dunha ruptura revolucionaria. A Revolución na Galiza será o exercicio da súa Autodeterminación a través da auto-organización voluntaria e soberana do pobo no marco da Nación galega, desde os ámbitos políticos, sociaís, culturaís.......O tremendo atraso político do noso País é froito da súa condición colonial. Por esta circunstancia a loita de clases na Galiza é inexorabelmente nacionalista. A toma de conciencia nacional conduce sen dúbida cara un salto cualitativo, no que Galiza deixará de ser invisíbel. A culminación desta progresión é un Estado galego cunha democracia Política e Económica.

O Imperialismo xunto co españolismo actúan sobre o pobo galego cos seus diversos poderes opresivos, distintos mas unidos, para promover e designar os dirixentes e representantes políticos , que posteriormente son votados,sen respetar o ámbito territorial galego, en sufraxio universal entre as listas españolistas de esquerdas e de dereitas, para seguir mantendo o atraso político de Galiza ate a súa extinción definitiva, se o nacionalismo galego lles deixa.

Os tentáculos do poder capitalista españolista interfiren e toman postura desde fora e dende dentro do campo nacionalista galego, para tentar de debilitalo, e no mellor dos casos invalidalo, como xa temos comprobado dabondo, facendo unha variedade de propostas como unidade de esquerda, unidade popular......para diluír o nacionalismo e a Soberanía do noso país nestas “unidades”.

O Bloque Nacionalista Galego é a única forza política plural nacionalista sen ligaduras con Madrid, só depende do pobo galego e da súa vontade política. Por iso, xa intentaron eliminar as súas siglas nalgunha ocasión. Esquerda e dereita non son o dilema nas Eleccións e o Poder na Galiza, senón a subordinación colonial da noso país ou a Soberanía efectiva do pobo galego. Xa que logo, as eleccións son un medio máis para poder avanzar con dignidade, co BNG cara un futuro de Poder popular galego e Soberano no noso País.