Censo de veciños da parroquia de San Salvador de Lanzós – Vilalba, no ano 1809

Censo de veciños da parroquia de San Salvador de Lanzós – Vilalba, no ano 1809

En San Salvador de Lanzos a cinco de febreiro de mil oitocentos nove, D. Ramón María, presbítero patrimonial e veciño da vila de Vilalba, por ausencia do crego párroco Santiago Lourenzo da Vella e en cumprimento do mandado polo bispo fai reconto de casas e veciños da Parroquia de San Salvador.

A casa da Igrexa pequena da que e dono do dominio directo Don Josef Becerra e a habita como dona do dominio útil os fillos de Francisco González e a súa viúva, Rosa Fernández. Esta foi bautizada en San Martiño de Lanzos o primeiro de setembro de mil setecentos cincuenta, de alí veu casada co Francisco, de cuxo matrimonio tivo por fillos a: Xoán Antón González nado o trinta de marzo de mil setecentos setenta e oito; traballa coa súa nai a terra, Ana Fernández nada o vintedous de mil setecentos oitenta e sete, ten como oficio labradora e exerce de “tejedora”, estado celibato; Theresa Fernández nada o catro de xuño de mil setecentos oitenta e nove, de oficio labradora e costureira; Xoán Francisco González o dezaoito de agosto de mil setecentos noventa e catro axudando no cultivo.

Lugar das Grañas, arriba da igrexa que leva como de aniversario e vincular o habita, pose e cultiva, D. Josef Ramil que naceu o vinte e dous de febreiro de mil setecentos trinta e sete. Foi casado con Teresa da Riba da freguesía de San Martín de Lanzos, da que quedou viúva, e seguiu co cultivo e granxeo do lugar na compaña dos seus fillos: Manuel Antonio Ramil nado o tres de abril de mil setecentos oitenta e dous no estado celibato, cultivando cos seus irmáns o lugar e as veces exercía en facer zapatos de pau, Manuel Antonio nado o vinte e nove de maio de mil setecentos oitenta e catro e axuda no cultivo do lugar e atopase celibato, María Ana Isidora da Riba nada o trinta de nadal de mil setecentos setenta e nove solteira e de oficio labradora e tecedora, Xoaquín Xacinto Ramil nado o vinte e seis de agosto de mil setecentos oitenta e seis solteiro e axudando na labranza e aprendiz no oficio de ferreiro.

Lugar da Casa Nova ou do Crego que é unha casa nova construída e cimentada nun baldío por Don Andrés Ferreiro, crego que por entón era desta freguesía a que lle agregou un retallo de monte que agora ten a cultivo e agregada esta propiedade a aforou e habita nela Luís Martinez o cal naceu en San Martín de Lanzos e foi naquela igrexa bautizado en mil setecentos sesenta nesta freguesía con Antonia das Ribas filla de Jph. Ramil morador no lugar das Gatenas e da súa muller Teresa da Riba. Antonia das Ribas naceu o dezaoito de setembro de mil setecentos setenta e un e púxoselle por nome segundo a partida María Antonia Juliana. Casou o trinta e un de Agosto de mil setecentos noventa e tres e de profesión tecedora.

Teñen por fillos a Antonio Martínez, nado o vinte e tres de maio de mil setecentos noventa e cinco, María Ana da Ribas, o once de Outubro de mil setecentos noventa e oito, Josefa da Ribas o vinte e un de marzo de mil oitocentos un, Francisca da Ribas o trece de decembro de mil oitocentos tres, María Rosa Manuela o oito de xullo de mil oitocentos oito e Manuel María o dezaseis de setembro de mil oitocentos once (1).

,A casa da parte de abaixo, camiñando á Igrexa nas del Barrio ou segundo dín Carballal de Arriba, e propia en ambos dominios de María Josepha López, coñecida polo común por Rosa e non por María Josepha, é muller de Pedro Díaz e ten igual parte en ambos dominios o irmán dela que é quen actualmente a habita Pedro Andrés Rodríguez fillo de Josef Rodríguez e a súa dona Jacinta Fernández nada o trinta de xuño de mil setecentos setenta e dous casou con Teresa Alonso o quince de xuño de mil setecentos noventa e tres, habita na casa e bens de abaixo do barrio do Carballal de Arriba. Teñen por fillos: Rosa María Alonso o trinta de novembro de mil setecentos noventa e cinco, Ramón Rodríguez o vinte e cinco de abril de mil setecentos noventa e oito, Jpha. María Alonso, o vinte e nove de marzo de mil oitocentos un, Juan Antonio Rodríguez, o vinte e catro de novembro de mil oitocentos tres, María Teresa Alonso, dezaoito de febreiro de mil oitocentos seis, María Vicenta, o catorce de xaneiro de mil oitocentos dez (2) e Josef Rodríguez, o doce de setembro de mil oitocentos trece (3).
Lugar darriba do Barrio de Carballal, dominio directo de Don Josef Becerra, veciño da Pobra de Navia de Galegos e habita como colono forista e cultiva, Pedro Díaz, veciño que foi de San Martín de Noche, casado con María Josefá López (coñecida por Rosa vulgarmente). María Josefa e filla de Josef Rodríguez e a súa muller Juana e foi bautizada o vinte de xuño de mil setecentos cincuenta e un. Ela dí que casaron na parroquia de Sancobad. Teñen por fillos a, María López veu con seus pais da dita freguesía de Noche e Carmiña, aprendiz de costureira e Andrés Díaz nado o dez de outubro de mil setecentos noventa e dous.
Lugar do Carballal de Abaixo e propio en ambos os dous dominios de Josef Becerra veciño da Pobra de Navia de Galegos e levaa en colonia, a traballa e a cultiva, Antonio Trastoy que veu da parroquia de San Martín de Lanzos na compaña da súa familia e segundo certificación naceu en mil setecentos corenta e sete. A súa muller chámase Agustina Fernández e naceu o ano de mil setecentos cincuenta e un, e teñen por fillos: María Josefa Fernández nada o sete de xaneiro de mil setecentos setenta e nove e axuda ós seus pais no cultivo do lugar, Josef Antonio Trastoy nado o tres de novembro de mil setecentos oitenta e sete, ocúpase do cultivo do lugar e sobre el carga a maior parte do peso a causa dos achaques e enfermidades do seu pai e males habituais, María Antonia Fernández, o vinte e catro de marzo de mil setecentos setenta e nove, solteira e con algunhas indisposicións lle sobreveñen na saúde.

Juan Antonio Celeiro fillo de Juan e Jpha Alonso do lugar de San Martín de Lanzos contraeu matrimonio con Jpha Fernández o seis de maio de mil oitocentos nove. (4)

Lugar das Miohadas por outro nome de Farroeira. Fíxoa e construiuna de terróns no monte común e agregou do mesmo monte unha porción reducíndoa a cultivo e ten como sitio propio en ambos dominios e a propio por sí do común Antonio Pereira. Este casou en primeiras nupcias con una veciña de San Pedro de Santaballa e de segundas con una irmá de Placido Rodríguez de Fontebella de San Martín de Lanzos e despois de que quedou viúvo veu desde a casa de Francisco Paz da Pereira da freguesía de San Martín de Lanzos a este sitio de Miohadas en onde construiuno, esta vivenda na que habita en compaña dos seus fillos, Josef Pereira, fillo da primeira muller na freguesía de San Martín de Lanzos e foi bautizado o vinte de setembro de mil setecentos oitenta e cinco e estou ó servizo dos exércitos e María Bermúdez e Rodríguez filla do segundo matrimonio e foi bautizada o dezasete de agosto de mil setecentos noventa e cinco.

Lugar de Pereira da Casa de Arriba, propia de D. Francisco do Pico veciño de San Simón. Habita, labra e cultiva en virtude dun arrendo e como colono Pedro das Vellas. Este e fillo de Francisco das Vellas e María Fernández e veu da parroquia de San Martín de Lanzos, está casado con Rosa Alonso. Esta é filla de Jacobo Río e Francisca Alonso e bautizouse o vinte e un de setembro de mil setecentos setenta e catro. Teñen por fillos a Francisco Antonio nado o vinte e nove de novembro de mil setecentos noventa e oito, María Rosa, o vinte e catro de setembro de mil oitocentos dous, Felipe das Vellas, o seis de xaneiro de mil oitocentos sete e Agustín das Vellas, o vinte e un de nadal de mil oitocentos dez.
Lugar de Pereira da Casa de Abaixo e dono D. Jorge Ramón Sanjurjo veciño de San Mamed de Oleiros e levao como colono e traballa e cultiva co seus fillos dona Josepha González viúva de Caetano Piñeiro, oriúnda o parecer de Santiago de Goiriz veu co seu defunto marido e mais familia desde os Lagos freguesía de San Martín de Lanzos. Fillos: Antonio Piñeiro, celibato e o que sigue coa grangería do lugar axudando a súa nai, Rosa González, estado celibato e sabe o oficio de tecedora, Vicenta foi bautizada nesta parroquia o dez de outubro de mil setecentos oitenta e catro e sabe o oficio de costureira.
Lugar dos Castros da Pereira, a casa darriba atópase caída e arruinada sirve como refuxio da outra casa que se divide un medianil e comunicase por unha porta que nela hai. E propia cos seus bens e o seu dominio del Capitán Ciprían Ramudo e útil de Josef de Insua e como tamén da outra casa e lugar que a esta está pegada e na que tamén vive e fai lume e ten como principal da súa habitación cuxo dominio parece que é de D. Antonio María Montenegro e Rois veciño de San Martín de Pino e ambas casas e lugares habita, labra e goberna e cultiva coa súa familia e un solo lume, Josef de Insúa, fillo de Francisco de Insúa e Maríña Fernández, bautizouse o dous de marzo de mil setecentos sesenta puxéronlle de nome Josef Rosendo. Ademais do oficio de labrador, sabe o de xastre. Está casado con Manuela Fernández á cal axuda o seu marido no cultivo dos lugares e a coidar a súa familia. Fillos: Josef Andrés de Insua nado o dezaseis de febreiro de mil setecentos oitenta e oito axuda ó seu pai no oficio de xastre, Antonio Andrés de Insúa nado o dous de xullo de mil setecentos noventa axuda no cultivo das terras, María Francisca Fernández nada o trinta de xaneiro de mil setecentos oitenta e seis sabe o oficio de tecedora. Teñen vivindo na casa a Jpha Fernández como criada, a cal e filla de Vicente Guntín e Antonia Fernández de San Martín de Lanzos e veu para esta freguesía en novembro de mil oitocentos oito.
Lugar dos Castros da Pereira, a casa de abaixo da que e dono no directo Don Josef Becerra veciño da Pobra de Navia de Galegos e no útil, habita, labra e pose Josef Ferreiro o cal veu de San Martín de Lanzos e casou o vinte e un de marzo de mil oitocentos tres con María Fernández nada o trece de nadal de mil setecentos sesenta e un e filla de Luís de Ramil e María Josefa Fernández. Teñen por fillos a Josef Juan del Río nado o vinte e tres de outubro de mil oitocentos un e Juan Antonio nado o dous de xuño de mil oitocentos catro.