Artigos de Alfredo López Ferández
Feixóo: un ausente ambiental
Un cambio na presidencia da Xunta de Galicia é un cambio significativo, suficiente como para facer unha avaliación do realizado, ou non. Sobre todo tendo en conta que o mandato trascende unha lexislatura, e máis tamén. É por isto que a apreciación sobre o desenvolvemento ambiental gobernamental sería acaída tratándose dun punto de inflexión, como […]
O ecopostureo, enfermidade infantil da política
Se para referirnos dunha política mediocre facemos chanza, podemos cualificala de “politiqueo”. É por iso que se esa política, ou esa xestión deficiente, toca temas verdes non poden ser cualificados máis que de “ecopostureo”. Que pode ser ecopostureo?, uns breves exemplos: A perversións das recomendacións sustentables que son substituídas por propostas vestidas de verde, máis […]
Neo-uso do litoral e neo-moral
O uso da costa e do litoral en Galicia foi sempre moi intenso, podemos comprobalo nas construcións e nos oficios. Mais, dende hai anos obsérvase un cambio substancial no uso tradicional e tamén nas consecuencias do impacto no medio. Os que levamos 30 anos percorrendo o litoral na percura de crebas, no meu caso de […]
Ventos de espolio con salseiro
Das escuras factorías da explotación e extorsión ambiental, dinnos enxeñeira técnica do progreso, chegan propostas renovadas. O seu mal non acouga e ten que dar resposta á ambición capitalista desmedida que ao mesmo tempo confirme un sometemento máis, unha dependencia metropolitana maior, quedando patente que algo máis estamos perdendo. Así, seguen a maquinar na eólica […]
Reacción a cando din: Basta xa de tanta tontería cos golfiños
Hai unha boa manchea de anos, o Dr. Martin Hall, que é director do Programa Tuna-Dolphin da Comisión Interamericana do Atún Tropical desde 1984, profesor adxunto da Universidade da Columbia Británica e membro da axencia americana das pescas, NFCC – National Fisheries Conservation Center, díxome unha vez en Vigo: “deixen de foder co asunto dos […]
O cheiro a esterco que altera os sentidos a algúns
Algúns marcharon do campo, abandonárono, non porque viviran mal, senón porque o cheiro a esterco altéralles os sentidos. Deixaron atrás os ovos da casa, o leite fresco e a agricultura -ecolóxica?-, a lameira, a fochanca e a bosta, era unha ordinarieza e o cheiro a esterco altéralles os sentidos. Mais hai quen, a pesar diso, […]
Ciencia cidadá: unha nova manobra de distracción terminolóxica?
Dende hai centos de anos a cidadanía implicouse en diferentes aspectos sociais paralelamente aos intereses e funcionamento gobernamental e relixioso: solidariedade, paz, deporte, consumo, ciencia…. foron as accións sociais previas que deron lugar aos debates filosóficos relativos ao termo de sociedade civil. Son as accións colectivas que crean conciencia e sociedade. Centrándonos na ciencia, xa […]
Para cando a vacina para o (es)quecemento global?
Vivimos tempos de cambios, ou cambiantes, e non é a causa de ningún proceso revolucionario, se cadra, é causa da resposta máis conservadora do planeta, da contestación do propio planeta fronte ás modificacións ambientais, conscientes ou non, propostas pola humanidade. Aínda hai xente que dubida do quecemento global, como quen dubida de que as folerpas […]
A interacción das candorcas con veleiros
Achegabámonos anteriormente ao asunto das candorcas con humor, e éche cousa seria. As candorcas (Orcinus orca) que habitan a Península Ibérica, normalmente obsérvanse na primavera e no verán alimentándose de atúns na súa entrada ao Mediterráneo, o Estrecho de Gibraltar. Considéranse unha subpoboación diferente ás do resto do Atlántico, parentes seus serían as observadas nas […]
A resposta do consello das candorcas
O consello das candorcas reunido en pleno e contando con representación das candorcas Tipo A: residentes, transeúntes e oceánicas. Tipo B e C: antárticas e sub-antárticas e as neocelandesas. Tipo D, chegadas de todos os mares e océanos do planeta, en base á convocatoria realizada en tempo e forma, declara: 1º- Un minuto de silencio […]