Unha sociedade urbana afastada do rural

Unha sociedade urbana afastada do rural
Nun primeiro momento pensei titular o artigo “Unha sociedade de imbéciles”, pero dinme conta de que alguén se podería sentir ofendido, deixando ao criterio de cada quen avaliar se era acertado ou desatinado despois de ler o que vou a expoñer. Para iso debemos partir do feito de que o ser humano e froito da súa circunstancia, e dicir, da súa orixe, das súas vivencias e experiencias, da súa formación, do seu coñecemento, en definitiva dunha serie de factores que van a determinar a súa traxectoria vital.

Con menos dereitos cun can
A pandemia do Covid-19 que estamos padecendo, fíxome decatar de algunhas cousas que antes pasábanme desapercibidas. Observei que tanto na fase 0 no tramo horario destinado ao paseo dos considerados anciáns, grupo no que me atopo, como cando saía para comprar o meu sustento, sempre atopaba na rúa a persoas que deberían estar na casa confinadas, pero que tiñan patente de corso porque levaban canda eles a un can.

Como a miña circunstancia é que o sistema evolutivo, outros dirían a Providencia, e a ciencia na clasificación xeral dos seres vivos, me colocou nun nivel superior ao deste animal, eu, con todos os respectos para os cans e permiso dos animalistas, considérome superior a eles, enténdase aos cans, e con dereitos como ser humano, senón superiores a lo menos iguais cos que poden ter un caniche ou un dóberman.

Os propietarios dun can puideron saír á rúa desde o primeiro momento en calquera das 24 horas do día, incluso apareceu un mercado de aluguer de cans para xustificar o uso desa liberdade. Posiblemente o home do municipio de Palafrugell (Girona) que ao comezo da reclusión o sancionaron os Mossos d'Escuadra por saír a pasear cunha cabra se sentiu discriminado e inxustamente sancionado, porque a cabra e tan animal doméstico como o can desde hai miles de anos por moito que lle pese á policía autonómica catalá que advertiu de que "nin canarios, nin porcos vietnamitas", nin animais como unha cabra "son escusa para saír á rúa e romper o confinamento". Pero si tes un can si o podes facer, e digo eu que nunha sociedade que está a falar de democracia, dereitos e liberdades, cada quen debe ter a posibilidade de escoller o animal de compañía, racional ou irracional, que máis lle guste, mesmo para que o acompañe no paseo.

Unha parte da miña biografía
Eu nacín no medio urbano lucense, dentro das murallas, sete anos despois de rematada a guerra civil (1936-1939), cando os alimentos estaban racionados e as carencias eran de todo tipo. Aos 8 anos tiven tuberculose e para curarme meus pais, con un grande esforzo económico, mercaban a estreptomicina de contrabando para poderme curar a un camareiro que traballaba no Café de Méndez Núñez e que habitaba no andar superior ao noso.

A pesar de vivir no casco histórico, a miña casa tiña unha horta que daba á muralla, na que plantabamos patacas, repolos, coles, leitugas, xudias, tomates, pementos, flores, ademais de contar con dúas cerdeiras enxertadas de cereixas do Bierzo e unha parra que cubría un galiñeiro, e a carón del unha cuadra onde se criaban cochos e coellos. E unha cadeliña branca chamada Coral, coa que soño en moitas ocasións, que nos trouxo meu pai de Belesar onde traballaba na construción da central hidroeléctrica. Por iso, e non por ser enxeñeiro agrícola, sei diferenciar un sacho dun rodo, e unha forquita dunha picaña.

Como os galegos temos case todos aldea, ata os da Coruña, os lucenses da miña mocidade eramos tamén da aldea en primeira ou segunda xeración. De cando en vez iamos a Cadoalla (Becerreá) para ver aos avós maternos e a pasar unha parte do verán despois de rematar na escola. Íamos cas vacas, axudabamos a preparar o caldeiro para cocer a comida dos cochos, recolliamos os ovos do niño, botabamos unhas verzas aos coellos, participabamos na recollida da herba, na sega, en facer a meda do pan, recoller a bosta para facer a aira, na malla, íamos á feira do 3, do 12 e do 19, sabiamos o que era e para que se levaba a cocha ao cocho, ou a vaca ao touro, capar os cochos, como se miraba si a galiña ía poñer o ovo, se un coello era macho ou femia ou se unha pita tiña a potra. O can unhas veces atado preto do palleiro e outras solto, recibíanos con ledicia cando chegabamos e subía canda nós ata a N-VI ao coller o autobús para regresar á cidade. Eramos urbanitas pero coñecíamos a vida do rural. Por iso o que vexo agora en relación cos animais paréceme esaxerado e as veces faime rir.

As avoas como táboa de salvación
Cando os xitanos deixaron as chabolas para ocupar vivendas socias, dicían que subían o burro ao piso para metelo no cuarto de baño. Estou seguro que iso non era certo, pero o que vou contar do que agora fan algúns paios supera esta lenda urbana.

Comecemos co caso de dous fillos dun curmán meu que viven no Reino Unido, un en Inglaterra e outro en Escocia. O primeiro e biólogo, casado cunha bióloga, filla dun veterinario. A parella traballa en reservas de animais. O outro é astrofisico pero traballa na empresa da ovella Doly secuenciando xenomas de gando bobino, ovino e porcino. Este tiña un can e encargoulle ao irmán que llo coidase mentres ía a Canada. Unha mañá o biólogo viu que o can andaba arrastras, consultouno co sogro, levárono a unha clínica veterinaria, fixéronlle probas e diagnosticáronlle unha hernia discal, operárono pero o can quedou tullido. O desgusto foi grande tanto para o encargado de coidalo como para o propietario cando se decatou do suceso. Pero non o quixo sacrificar, porque, segundo lle dixo o veterinario, o animal era feliz, así que mercoulle un aparello con rodas para que se puidese mover.

E agora o caso dunha amiga. Desde hai moitos anos celebramos un faladoiro os luns na casa dunha señora que ten un fillo escritor e xornalista, outro pintor residente en Nova York e unha filla arquitecta, todos de recoñecido prestixio. Despois do Nadal atopamos no medio do salón un caixón con herba cuberto por unha tela metálica. E como os que imos ao faladoiro somos ex-alumnos da Escola de Artes Aplicadas, pensamos que sería unha instalación do fillo pintor. Resultou que non, dentro do caixón había un coello dunha especie exótica que o Papá Noel lle trouxera a súa neta. O xenrro decidiu deixar o coello para que o coidase a avoa, porque dixo que era alérxico ao pelo do animal. Cada un dos que chegaba quedaba sorprendido polo que había no lugar que antes ocupaba unha mesa decimonónica. Cando chegou a catalá contou que a unha neta da súa irmá lle regalaran un porco vietnamita que primeiro andaba polo piso e despois pasou ao balcón. Pero o porco comía, cagaba, cheiraba, berraba e medraba, entón os propietarios déronse conta de que o balcón no era o lugar máis axeitado para ter o porco e leváronllo a avoa que ten un chale. Agora o porco ten dezaseis anos e pesa máis de cen quilos.

Nunha reportaxe na 6 TV sobre a problemática da invasión de especies exóticas, saía un individuo posuidor doutro porco destes acomodado no caseto dun can que xa tiña dez anos, era visitado de cando en vez polo veterinario, dáballe penso dos cabalos e gastaba no bicho máis de cinco centos euros ao ano.

En Alxeciras hai polas rúas un cento deles que se reproduciron a partir dunha parella que tiña un señor que se cansou deles e os ceibou á rúa. Como está preto un parque natural onde hai xabaril recastou e ao cruce chámanlle agora “cerdoli”. E o xabaril xa é habitual en moitas das rúas das nosas cidades.

Como unha chamada de auxilio se pode considerar a oferta na rede dun pai que regalaba un porco vietnamita: "se lo han regalado a mi hijo y no me puedo deshacer de el". Polo que se ve ou o ofertante non ten nai ou ten conciencia e non llo quixo endosar á avoa.

Titulares de xornais

Se observamos os xornais podemos ver que raro é o día que non veñan varias noticias relacionadas, non só con animais de compañía senón con anjmais propios do rural. A min algunhas parécenme tenras e outras disparatadas. Pero son o reflexo do sentimentalismo dunha sociedade urbana desapegada do rural. Xulguen:

A unha columna: “Diez mil animales regalados en Navidad serán abandonados”.

A catro columnas: “Una entrevista previa para adoptar una mascota. Protectoras y animalistas piden endurecer el control y las condiciones para acoger animales”.

A catro columnas: “Nueve cachorros y su madre, abandonados en el Concello de Pol. Tres de ellos vagan desnutridos por una carballeira de Liñares, en Cirio”.

A catro columnas: “La Xunta se incauta de la perra y los cachorros de Pol que vagan por Cirio. Los agentes colocaron ayer jaulas tras habérselo pedido el concello el día tres”. (A noticia é dun día 18).

A dúas columnas: “Los bomberos reaniman a un conejo intoxicado por el humo de un incencio en Baiona”.

A tres columnas: “Aparece un burro muerto y cubierto de vegetación en un camino rural de Vilalba. El animal fue hallado en Román, cerca de fincas con pastos”.

A tres columnas: “Dos perros famélicos devoran un poni que vivía con ellos en la misma finca de Muxa. El Rof Codina (hospital veterinario universitario) estudia si el caballo murió de hambre o atacado”.

A catro columnas: “«Podíanme deixar polo menos un can». Le quitan once perros en un año a un vecino de Taboada. El juzgado investiga en que condiciones los tenía. Se les escapaban y atacaban los corrales cercanos”.

A tres columnas: “Sol busca a su dueña, una señora de 80 años que se desorientó en el Rato. El animal pertenece a una mujer que fue trasladada al HULA tras desorientarse en el Paseo do Rato”.

A catro columnas: “Hurona albina busca adopción. Se llama Chicha y apareció dentro de un contenedor de basura el 16 de noviembre”.

A tres columnas: “Dos niponas vuelven a Santiago a por el perro que las enamoró. Lo rescataron en mayo y ahora se lo llevan con ellas a Osaka”.

A tres columnas: “Torturan, tirotean y cuelgan de un árbol a un zorro en Ponteceso”.

A cinco columnas: “Madelo se mudará a Gondomar con su nueva familia en los próximos días. Su inseparable Pablo, el voluntario de la Protectora que lo apadrinó, lo llevará hasta su nueva casa”.

A cinco columnas: “Así viven día a día los cachorros de Alma. La mujer que cuida de las crías de la perra que mataron en Chantada les da de comer cada cuatro o cinco horas”.

Distinguir o olor da herba seca do cheiro dun ensilado
En fin, podía seguir, pero abondan estes exemplos para que se comprenda que as miñas circunstancias, os meus antecedentes urbano rurais, fanme ver estes titulares como un exceso, e dicir, a maioría non tiñan que ser noticia para unha persoa que coñeza e viva no campo. Entendo que si o son para unha parte da sociedade urbana que precisaba estar mais en contacto con ese medio. Esa “España vaciada” da que se fala agora como táboa de salvación para fuxir das pandemias, podería ser útil para que os urbanitas afeitos ao embeleso dos perfumes caros, souberan distinguir o olor da herba seca do cheiro dun ensilado, o das mazás maduras das da froitería, un chourizo curado ao fume dun de fábrica, ou o pan recen saído do forno. Saber que función ten un galo no galiñeiro para non ter que dicir que viola as galiñas.

A min paréceme un destino ver a señoras que pasean un can nun coche semellante ao dun neno, os visten con roupa de marca de 300 €, lévanos ao psicólogo, a perruquería, a clínica con servizo de urxencias 24 horas, e lle chaman Paquita ou Lolita. Na aldea só levaban estes nomes as vacas, como admiración do propietario a Paquita Rico ou Lola Flores por gustar dos seus cantares. Aos cans na miña época moza era habitual que se lles chamase Soult, en honor do mariscal francés da Guerra Peninsular ou Troski na ditadura de Franco, nos dous casos como menosprezo.

Que lle imos facer. Eu son froito das miñas circunstancias, de cando todos eramos animalistas. A min que os bombeiros do Baixo Miño salven a vida dun coello urbano intoxicado polo fume dun incendio aplicándolle “oxixenoterapia porque había tragado mucho humo y gases”, paréceme unha discriminación para os coellos que non teñen quen os auxilie cando arde o monte, cando están no seu hábitat. Eses non teñen que lles de aire fresco e os leven nun coche oficial ao veterinario.

Cotorra argentina, traída nos anos 80 como animal de compañía, hoxe hai unha poboación dunhas 24.000 (40.000). O concello de Madrid pretende sacrificar a metade.

O cuico en Cataluña, hai dez anos que entrou de Francia, destrúe o cultivo do arroz.

Cerdo vietnamita en los 90 como animal de compañía. Especie exótica invasora. Mantenerlo cuesta 500 € al año, pienso para cabellos, veterinario. puede llegar a 150 kg.

Una oferta en la red
En Algeciras unos 100 cerdos, un señor que tenía 2 los soltó ahora se cruzaron con el jabalí, les llaman "cerdoli".