Das multinacionais aos monopolios globais

Das multinacionais aos monopolios globais

A expansión dos monopolios é permanente dende o comezo do Capitalismo. Na primeira fase imperialista as empresas monopolistas aínda tiñan a súa base nun Estado-Nación, que co tempo, por medio da guerra e o saqueo colonialista se estenden co intercambio desigual por varias nacións, e se transforman en empresas multinacionais centralizadas nun Estado-Nación. O seguinte paso foi dotar de mobilidade aos centros económicos e produtivos da empresa por varios Estados como empresas transnacionais.

A concentración monopólica das empresas transnacionais é o fenómeno máis relevante do proceso de Globalizacón que ten lugar en todo o planeta. As guerras e o caos inevitábeis fomentados por estes monopolios transnacionais, achéganos paulatinamente un mundo onde os monopolios globais son as forzas económicas dominantes, formando unha rede de conglomerados so a fusión do capital financeiro e industrial, e so a éxida da especulación financeira.

O capital globalista avanza nesta dirección, liquidando todos os atrancos que atopa no seu camiño cara a dominación mundial total, que oculta con mil caretas ao financiar unha ampla constelación de ONGs especializadas, dende a defensa do pluralismo, da liberdade de información dos medios, dos dereitos humanos das elites, da democracia burguesa, do humanitarismo caritativo... até a liberdade relixiosa e o apoio a diversas Igrexas comezando polo Vaticano. O Daesh, xa todos e todas hoxe o sabemos, é unha ferramenta dos servizos de intelixencia estadounidense. O certo é que esta concentración monopólica é propiedade dunha reducida elite privada, que concentra a riqueza global nunhas pouca familias, moitas delas casualmente sionistas, que expanden o caos e a miseria por todo o mundo.

As aspiracións desta minúscula elite globalista é a privatización nas súas mans da totalidade das capacidades económicas dos pobos, e tamén o establecemento dun Goberno Mundial, nomeado por esta. Este Goberno contaría cun aparello xurídico-militar e económico global para lexitimar e defender o seu poder; (a actual Otan pode servir de xerme militar... deste Estado-Mundo), amáis das institucións mundialistas internacionais do presente, convenientemente adaptadas a esta finalidade, comezando polas financeiras.....Entrementres non cristalice este obxectivo ideado polo seu Club Bilderberg, a elite apoiase na actualidade nos Estados-Nacións imperialistas, que tentan manter so o seu control, a través do Capital financeiro.

A crise económica mundial endémica do capitalismo, está a causar efectos contraditorios no proceso de Globalización. Por unha banda reforza a concentración e centralización do Capital, coas guerras e conflitos que o acompañan, mais por outra pona en perigo de descarrilamento. A Globalizacion tamén agudiza as contradicións entre as distintas fraccións do Capital que hoxe afectan á primeira potencia imperialista, co fenómeno Trump; e contra a alternativa do poder mundial que encarnan os BRICS, coa China e Rusia principalmente, China na economía e Rusia no militar.

China aposta pola Globalización, a súa maneira, e está a levala a práctica, pero pilotada polo seu poder político que controla as finanzas. Unha Globalización pacífica inclusiva mediante unha concentración e centralización regulada da economía real, comezando polas súas empresas estatais xigantes as cales son convertidas nuns poucos conglomerados globais que compiten con éxito e pacificamente fronte aos occidentais, ao seren máis eficientes reportando ao Estado chino grandes ingresos financeiros.

Con todo, os conglomerados globais estatais, non empregan nin un quinto da poboación laboral. A gran maioría traballa nas empresas colectivas de pobos e cidades e nas diversas formas cooperativas reguladas polo Estado. Outra parte menor en empresas capitalistas estranxeiras e chinas privadas, principalmente en Hong Kong e Macao, ambas tamén reguladas.

Recentemente Trump e Xi Jimping chegaron a un acordo para que o Capital financeiro privado estadounidense poida mercar os Bancos Estatais chinos, (A xoia da Coroa do “Socialismo con peculiaridades chinas”). Esta operación pode ter varias lecturas. (Non hai que esquecer de que os chinos poden dar leccións de política e diplomacia ao mesmísimo Maquiavelo do Occidente, e cos ianquis resulta moi doado, como xa puido comprobarse). Os acordos de Pequin de 1972, entre Richard Nixon e o vello Mao Tse Tung, permitiron enriquecer ao conxunto do pobo chinés e as elites multimillonarias globalistas, a costa do empobrecemento de grandes sectores do pobo estadounidense.

Xa que logo, dende outra lectura pode servir para a promoción dun novo Estado de Benestar para o pobo chino, pilotada polo Partido Comunista de China, que a diferencia dos partidos políticos de Occidente, suman cerca de un cento de millóns de militantes, cun alto nivel de militancia e participación no poder político, (as ¨células comunistas” nas empresas teñen poder de veto na súa administración, por lei). Parece que neste caso o Estado está sendo absorbido polo Partido, e non ao revés como foi o paradigma tradicional.

Por todo iso,a realización do Estado chino de Benestar (o soño chino) a cambio da súa participación activa para o beneficio da Élite globalista. A gobernación e explotación das amplas masas e nacións do mundo dun xeito pacífico? Ao final a contradición entre as distintas fraccións do Capital resolveríanse en favor do Capital globalista, en detrimento do nacional e Trump remataría o seu papel de Bufón da oligarquía, e xa non habería lugar para outros persoeiros similares.

En todo caso, ponse en evidencia a máis efectiva alternativa liberadora para toda a humanidade, o verdadeiro suxeito revolucionario antiimperialista, que é,sen dúbida, a loita de emancipación dos pobos das pequenas e medianas nacións do mundo, incluídas as que aínda non teñen Estado propio. Na Península Ibérica, hoxe temos a Catalunya en loita. E a Nós tamén nos chegará a hora