China, unha gran decepción para Occidente

China, unha gran decepción para Occidente

Fai un aproximado de catro anos, a inefábel Christine Lagarde, hoxe Presidenta do Banco Central Europeo (BCE) e daquela do Fondo Monetario Internacional (FMI), manifestou a intención do seu traslado a Pekin, e con ela da sede do FMI e toda a administracón. Máis de repente e sen explicación pola banda da tecnocracia supranacional mundial, foi descartada e nomeada Presidenta do Banco Central Europeo, índose de China a fume de carozo. Que provocou esta fuxida ?

A celebración do XX Congreso do Partido Comunista Chino (PCCh) nos aproxima a posibles respostas a este suceso que case pasou desapercibido, pero que pode resultar o reflexo dunha importante mudanza na configuración da Orde Mundial, ao destapar un proceso de aguda loita de clases, até agora confinado nas penumbras dunha controversia de tendencias no seo do PCCh. Este conflito emerxe dunha maneira espectacular no último Congreso cos Informes do reelecto Presidenrte Xi Jimping.

Neste informe público tamén divulgado dun xeito discreto polos medios occidentaís, faise unha crítica demoledora a precedente cúpula saínte do Partido Comunista dirixida polo anterior Presidente Hua Hintao. Se denuncia unha tendencia a debilidade nas estruturas do Partido Estado, burocracia, hedonismo.....e unha gran corrupción que chega a casos chocantes. No caso económico, se ben se recoñece no informe un bo crecemento, este non era equilibrado, senón desproporcionado e descontrolado. Continúa afirmando que algúns dirixentes (por non decir a maioria, suponse), non cren no Socialismo e estaban imbuídos dun pensamento liberal capitalista. Neste contexto dábase o poder de decisión sobre o destino e papel de China ás elites occidentais instaladas no xigante Pais, por enriba dos seus órganos estatales coma o SASAC(Comisión Estatal para a Supervisión e Administración dos Activos do Estado), na teoria dependentes do Consello de Estado, responsábel da Planificación da economía.

A elite globalista comezaba a mandar no Consello de Estado a través do Club Bilderberg, Davos e outras poderosas ONGS, que conforman a cúpula da oligarquía capitalista globalista. A o final a Soberania de China se disiparía en favor dun único Goberno Mundial oligárquico do Imperio Unipolar Occidental dependente dos lobbys sionistas anglosaxons.

Este XX Congreso do PC Chino, chama a atención pola coincidencia co XX Congreso do PCUS da extinta Unión Soviética, pero con conclusións contrarias na apariencia. Así, se identifican dunha maneira explícita e radical coa ideoloxía marxista, contraria as veleidades pseudocientíficas da tecnocracia burguesa impulsadas por Nikita Khruchev no seu tempo, pero asumindo a continuidade da reforma e apertura modernizadora de Deng Xiaoping, sempre baixo a Dirección do Estado Partido como defendeo Deng, mais agora facendo énfase no Socialismo Moderno por riba do Socialismo de Mercado, salientando a planificación coma principio rector da economía do xigante chino, para reequilibrar e recompoñer as proporcións de equilibrio do seu sistema económico truncado polo intevencionismo da oligarquia capitalista globalista,. nos seus intereses. O caso da crise da vivenda coa saturación na súa construción amais da corrupción vinculada é o paradigma desta nefasta inxerencia. Outras medidas apuntan a profundar no nacionalismo e o desnvolvemento individual e colectivo das características e capacidades populares chinas.

Non podemos afirmar que este novo cambio de rumbo sexa irreversíbel, Mao Tse Tung xa pensaba que poden necesitarse varias Revolucións nun Pais para avanzar no Socialismo, xa que a loita de clases continúa, e con toda seguridade tamén a loita de liñas no seo do Partido e pobo chinos. A tendencia capitalista e mercantil do PCCh recibeu unha derrota, máis sigue presente e está subordinada a ideoloxía tecnocrática de Occidente que pon o Mercado por riba da Planificación aberto as directrices da demanda da elite capitalista occidental xa instalada en Pekin, aínda que finalmente foi expulsada sen contemplacións pola nova tendencia nacionalista china contraria e competidora co Mundo Imperialista Unipolar e partidaria da Soberania dos Pobos.

En todo caso este evento constitúe un novo chanzo cara o Socialismo Moderno Chino e non un retroceso, usando a súa nomenclatura, sen que isto signifique que o capitalismo xa está derrotado pois a Historia continúa e con ela a loita de clases en China, e nos pobos oprimidos pola súa liberación como o principal conflito. Esta foi con toda probabilidade a causa do regreso, para a nosa desgracia, de Christine Lagarde ao seu cubil do galiñeiro europeo. Os altos funcionarios e funcionarias dirixentes do capitalismo, responsabéls da toma de decisións oligárquicas estratéxicas, veranse agora máis inclinados a apoiar as alternativas nazifascistas que xurden coma fungos, a pesar de que estas alianzas non lles gustan demasiado.

Con certeza ninguén o agardaba tan zombificados como estamos, saturados cos cánticos dos dereitos humanos e da democracia, pensábamos que o capitalismo era indestrutibel, aínda que se chame doutro modo. Máis a cousa xa non está tan clara, cada vez menos, e a presencia do Socialismo volve a rexurdir no horizonte; agardamos que para ben do xénero humano.