CAPITALISMO GLOBAL


O feito de que hoxe o sistema capitalista abrangue todo o planeta, non denota que teña as mesmas particularidades en todo os territorios, espazos nacionais e culturais que ocupa. Tendo en conta o seu permanente movemento e dinamismo, moi superior as das precedentes formacións económico sociais. Porén, a acumulación e centralización do desenvolvemento capitalista no Occidente, levou a formación dun só centro de Poder mundial, que despois de varios conflitos e guerras interimperialistas deu como resultado a súa xerarquización global, na que a maior parte dos países aínda mantéñense atados ao bloque do centro imperialista dos EEUU.

Que aconteceu cos países que romperon coa hexemonía estadounidense ?. Xa hoxe podemos apreciar que un crecente grupo de nacións liberadas aceleran o desenrolo das súas capacidades produtivas e tecnolóxicas, a pesar dun sistemático acoso polivalente imperial que reciben. Mais, aínda hoxe, a maioría son moi vulnerables ao Poder global capitalista dos EEUU e a OTAN, atravesando grandes dificultades, afundidos na pobreza, mais non na miseria por causa dos seus Gobernos populares, socialistas e soberanos co apoio da Solidariedade internacionalista.
Para facer visíbel as carencias e dificultades destes países en transición bloqueada, os medios de información manipulada occidental espallan polo mundo as novas con medias verdades para que tomen nota das consecuencias que carrexa aos países que deciden opoñerse ao Orde mundial establecido polos EEUU e os seus aliados subordinados da OTAN.

Nestes últimos tempos o balance militar e económico, inclínase a favor das nacións independentes e soberanas que romperon co Imperialismo Unipolar capitalista neoliberal, que xa no presente superan as occidentais. Esta tendencia, é cada vez mais visíbel a pesar dos esforzos do Occidente, liderado polos EEUU coa súa capacidade económica e militar en declive irreversíbel; recorrendo perante estas circunstancias a inxerencia neles para introducirlles formas fascistas e colonialistas renovadas do capitalismo imperialista, como as mais idóneas para frear ou desviar o avance destes países na Soberanía, e tamén de igual maneira a sancións, na procura da destrución dos seus Estados , que no nome da democracia e dos dereitos humanos, non se subordinan aos seus intereses e políticas imperialistas.

Durante a permanencia da Guerra Fría, con dous polos de poder en pugna polo Poder mundial, e un terceiro China que buscaba a súa vía propia. O Occidente liderado polos EEUU e a Unión Soviética por outro. Situación, que provocou parálise da loita de clases revolucionaria no que atinxe as loitas de liberación nacional dos pobos oprimidos salvo casos excepcionais como Cuba, Vietnam.... quedou reducida a loita obreira occidental, a un conflito económico dentro das empresas capitalistas polas mellores condicións de vida e de traballo, e deu lugar a o Estado de Benestar no centro capitalista imperialista liderado polos EEUU.

Na Unión Soviética a celebración do XX Congreso do PCUS orixinou un complexo debate no campo antiimperialista, que inda as veces revive. Uns coa Unión Soviética e a III Internacional defendendo o seu carácter antiimperialista daqueles tempos, a pesar das visibles tendencias a inxerencia, ou mais ben grazas a elas .Incluso chegouse a teorizar naquel tempo, que o carácter comunista ou non dunha organización política ou individuo estaba vinculado a súa posición ante a necesidade da defensa incuestionábel do Estado Soviético. Outros non dubidamos de calcificar a Unión Soviética como un novo imperialismo que tivo como modelo estrutural aos Estados capitalistas da súa época opresor de pobos e nacións en favor dunha casta burocrática que gobernaba no seu interese (sen deixar de recoñecer os grandes avances en dereitos sociais e laborais que supuxo o proceso de consolidación da revolución soviética). En calquera caso a inxerencia no mundo tanto do Imperialismo occidental como do Imperialismo soviético foi determinante nos anos da Guerra Fría ea Coexistencia pacífica, para a liquidación da Soberanía e do Dereito a Autodeterminación dos pobos e nacións.

Na época de Brézhnev, a URSS acuñou a teoría da Soberanía limitada. E China ,despois do seu corto fracaso en estender a Revolución Cultural po lo mundo, optou por manter un baixo perfil inoperante no campo internacional moi en línea coa súa filosofía de non inxerencia do seu antigo pasado. Ao final China pactou con EEUU que representaba ao mundo libre occidental para exercer a súper explotación da súa forza de traballo gradualmente retirada do rural. Foi unha especie de acumulación orixinaria de capital na que todos ganaron; Multinacionais privadas capitalistas Bancos estatais chinos..... Pero ao final resultou ser unha estratexia para o desenvolvemento integral da China que sempre mantivo o seu control político, o crecemento do Partido Comunista Chino e a Organización popular. Occidente nunca pensou isto, pois esperaba que toda esa acumulación de Capital caería nas mans dunha minoría privada capitalista china e non que fora destinado para desenvolver o Pais e ao Pobo, erradicando a miseria, cunha elevación constante do nivel de vida de todo o Pobo, e non duns poucos como no Occidente. Así, o Imperialismo sentiuse enganado especialmente os EEUU, pois hoxe China e a maior potencia económica do mundo.

As contradicións na casta burocrática soviética, coa axuda de Occidente, levouna a súa división e o colapso da Unión Soviética ,poñendo incluso en perigo a súa existencia como pobo. Máis grazas as forzas patriótica existentes en Rusia a unidade foi restaurada con toda a pluralidade posible coa Federación Rusa. Hai que resaltar o papel desenrolado por elementos importantes do Estado profundo soviético a burocracia, Forzas armadas, Servicios de seguridade, as Empresas estatais estratéxicas, diversos sectores culturais económicos e relixiosos, e especialmente unha Oligarquía moi patriota liderada por Putin, un antigo axente da KGB, a política exterior mudou radicalmente coa Federación Rusa,. E con ela ,rematada a “Coexistencia Pacífica” de EEUU-URSS e a Terceira Internacional, para desgraza do Imperialismo estadounidense que volveuse mais agresivo, foi substituída por unhas relacións abertas a todas as ideoloxías, con respecto mutuo e sen inxerencias.

Rematada a política de Bloques, a loita de clases emerxe dun xeito masivo en América Latina, algúns países de África e Oriente...con naturalidade cara un mundo multilateral policéntrico, o que facilitou a amizade e alianza política económica e militar da Federación Rusa coa República Popular China e tamén con outros países que loitan polos seus dereitos, con independencia das súas ideoloxías, frente ao Capitalismo Global, no mundo, cara un planeta mellor que no presente, onde prevaleza a Paz entre os pobos e Nacións Soberanas. Algo impensábel e imposíbel na Guerra Fría que puxera en veda a loita de clases no mundo.