ASTURIES NACIONALIDADE HISTÓRICA ?

ASTURIES NACIONALIDADE HISTÓRICA ?

Hoxe, Podemos defende que Asturies se defina no seu Estatuto de Autonomía como unha “nacionalidade histórica”. Podemos Asturies, propón que o seu estatuto recolla que Asturies é unha “nacionalidae histórica”. Mais Izquierda Unida, IU-IX, quere deixar o debate sobre as “esencias” para o final do proceso de negociación; dí,”nos importa gañar o futuro, non incidir nunha historia que é evidente”

A Comunidade de Madrid é a única,(que non se define por razóns obvias, pois é o Centro real de España), que no seu territorio alberga a élite capitalista española, en prexuicio do Concello de Madrid, obreiro e popular, que segue a ser unha cidade oprimida castelán e de inmigrantes de dentro e de fora da Península. Obviamente a oligarquía española non vai desaparecer porque houbera un cambio de Capital ou de Dinastía monárquica.

Este curioso evento nos demostra que entramos nun tempo no que o nacionalismo constitúese en referente principal no conflito co Imperialismo en declive, con independencia das diversas ideas que o sustentan. IU, sucesora do comunismo español e coñecedor coma Nós, que Asturies non reúne ningunha característica esencial que a conforme como “nacionalidade”, e menos como Nación, segundo a visión eurocéntrica, na que a burguesia é a principal protagonista. O de “histórica” da risa. A causalidade desta ocorrencia e das outras probábels que xurdan no futuro, é outra.

Esta movida, ven a conto do atractivo social, e sobre todo no ámbito electoral , que hoxe representa o nacionalismo. Xa fai moitos anos que os comunistas españoles se presentan como os xenuínos defensores das élites capitalistas, poñéndose ao seu servizo, e por iso necesitan ter representación electoral. A súa vella careta xa non serve. Podemos non pasa de ser unha moda pasaxeira.

Para Nós os nacionalistas galegos, este novo fenómeno que atinxe a ideoloxía nacionalista , nos sitúa nunha posición máis destacada , que nos obriga a exercer un liderado compartido coas outras Nacións sen Estado, na emancipación dos pobos peninsulares e illas dependentes do territorio subordinado ao Estado español. Amais, temos que ter en conta que as conversións , a fume de carozo, cara a ideoloxía nacionalista das esquerdas e dereitas españolistas, responde a lóxica oportunista destes conversos para situarse como representantes electos ante a oligarquía capitalista española e ser empregados como mercenarios políticos ao seu servizo con dereito a portas xiratorias inclusive, para desviar por rutas inócuas as ansias soberanistas que latexan no profundo dos pobos da Península Ibérica para sacudirse o xugo español, que os oprime e empobrecen como Nós no BNG ben o sabemos.

España e Portugal hoxe. ocupan o territorio da Península Ibérica con toda a súa singularidade. Esta rexión xeográfica constitúe unha realidade obxectiva inalterábel. Portugal logrou liberarse do xugo español e Galiza e os outros pobos da Península ainda non. Por iso, todo movemento emancipador que axude a se desprender da opresión española debe ser apoiado, mais sen deixar de analizar a súa realidade contraditoria; hai sempre unha base popular que aspira a rebelarse buscando símbolos e identidades, e tamén unhas élites políticas manobreiras e oportunistas que as veces recorren ao esperpento para aproveitarse no seu beneficio político electoral destas xustas aspiracións populares.
Nós, en base a solidariedade internacionalista debemos apoiar a todos os pobos oprimidos do mundo, e especialmente aos pobos ibéricos que por razóns xeográficas sempre serán os nosos viciños,traballando pola súa Soberania popular e liderando a nosa común emancipación.

Galiza,Euskadi e Catalunya, que reúnen as características de Nación e os demáis pobos do territorio español, teñen dereito a exercer a súa autodeterminación, mais para ser efectivo este dereito na práctica, os pobos necesitan contar cun Estado propio e ser independentes, con suficiente poder político para ter capacidade de decidir en liberdade pola vía da autoorganización, dende si mesmos, que relación queren manter entre eles e co resto dos pobos do mundo. Para iso, tamén necesitan o impulso do desenvolvemento da conciencia nacional e o sentimento patriótico popular. Non abonda con posuír soamente as características esenciais que definen unha nación.

Cumpridas estas condicións, os pobos peninsulares poden afrontar despois en liberdade, a conveniencia ou inconveniencia de establecer algún tipo de asociación entre eles, e ceder competencias ao conxunto peninsular, dun xeito limitado e reversíbel, por cada entidade territorial individualmente, que en calquera intre poida ser anulado ou modificado. Así este entrelazado político sempre sería dependente das unidades territoriais e nacionais soberanas na singularidade da Península Ibérica.


FRANCISCO GRAÑA

OUTUBRO 2021