Crítica ao altermundismo

Crítica ao altermundismo

O Altermundismo, conforma hoxe unha corrente de pensamento neo-marxista cosmopolita partidaria do proceso de Globalización e da disolución dos Estados-Nación, cara un Goberno Mundial “Estado Imperio”, que sería o preludio dunha futura Revolución proletaria Mundial, como condición necesaria para que esta poida ter lugar e non antes, pois a burguesía cosmopolita global só pode ser confrontada cun proletariado cosmopolita mundial. Esta é a única maneira de realizar unha verdadeira revolución proletaria mundial, dacordo cos globalistas altermundistas.

Esta liña de razoamento parte da consideración de que o sistema de produción capitalista é un fenómeno transnacional desde as súas orixes, que avanza cara ao espazo global a escala mundial. Dende este punto de vista, resulta necesario que a elite capitalista global cosmopolita se consolide finalmente como único poder mundial absoluto fronte a outros poderes emerxentes que se enfrontan a este destino, o máis rapidamente posible.

Os países do BRICS (Brasil, Rusia, India, China e Sudáfrica) constitúen segundo eles, un fenómeno temporal, e non son unha alternativa ao capitalismo global e, xa que logo, o altermundismo avoga pola súa eliminación e posterior integración plena das súas burguesías nacionais na elite global, e as súas clases baixas na futura masa miserable cosmopolita, perdendo rapidamente o seu nivel de vida e as súas características nacionais e culturais. Desta sorte, a espoliación e os conflitos impulsados polo Imperialismo actual provocan grandes migracións e a internacionalización do proletariado, creando deste xeito as condicións para a existencia dun proletariado cosmopolita mundial. É así como se completa a disolución dos Estados e nacións para facer posíbel a “Revolución Proletaria Mundial”.

Os globalistas baséanse en que o Capitalismo, segundo Marx, é un mal que había que combater, pero que sen embargo, é un fenómeno progresista en comparación coas sociedades anteriores. Os Alter-globalizas partindo deste razoamento cren que a Globalización, (un eufemismo do Imperialismo triunfante) é inevitábel, e incluso moito mellor e máis progresista que os “Estados-nación” soberanos que se opoñen a el.

Así conclúen que os Estados-nación, deben ser abolidos xunto coas nacións sen Estado e disoltas todas as identidades políticas,relixiosas ou culturais, somentes a hexemonía globalista occidental. Xa que logo, os alterglobalistas coinciden co seu “teórico”inimigo, a elite global, en combater as forzas “antiglobalización” que son consideradas “reaccionarias”. Os nacionalismos e independentismos e toda soberanía contrarias ao Imperialismo Unipolar occidental. Con elas, a existencia dun Goberno Mundial e a clase proletaria cosmopolita non serían posíbeis e polo tanto a Revolución Proletaria Mundial, xa que as Revolucións en un só pais ou en varios son contraproducentes, pois dexeneran nunhas burocracias que só serven para dificultala e atrasala. Coa consigna “outro mundo é posíbel”, os mundialistas traballan para socavar os movementos soberanistas e independentistas que se opoñen a Globalización.

,Envoltos en máscaras, os altermundistas como Wallerstein, N.Chomsky... ocultan e xustifican as intervencións imperialistas con diversos pretextos humanitarios, avogando por un bo Goberno Mundial, uns mediante reformas globais, outros coa Revolución Proletaria Mundial, e todos denigrando as forzas realmente progresistas que teñen a ousadía de loitar pola liberación nacional e a Soberanía real de cada pobo, tentando de reconducilas e sometelas ao Imperio. Os globalistas presentanse como defensores dos dereitos humanos e das liberdades democráticas. Tamén como anticapitalistas ao cualificar de ditaduras capitalistas e incluso imperialistas aos países que se atreven a defender a súa soberanía. Sob a consigna de que “todos son iguais”, soamente estenden o certificado de “demócratas” cando aceptan a hexemonía occidental . Apelan a todo tipo de “caretas” humanitarias e tolerantes para xustificar as súas revolucións de cores, empregando unha multitude de ONGs pagadas en dólares, defensoras dos dereitos humanos de toda índole. Todas estas máscaras valen como escusas para ocultar as intervencións imperialistas, incluíndo o terrorismo global , para a destrución das estruturas políticas nacionais.

O Altermundismo axuda á creación de Estados vasalos do Imperialismo no nome do dereito á autodeterminación, da democracia e o pluralismo, aproveitando todo tipo de conflitos, usando o terrorismo global como ferramenta para despexar os obstáculos que se opoñen ao proxecto globalista do Goberno Mundial. Así mesmo avogan por unha mestura racial e cultural das masas empobrecidas e miserables de todo o mundo, por iso ven con bos ollos, cubertos de carantoñas humanitarias, os procesos de migración provocados polas guerras que promove o Imperialismo Unipolar Occidental. A mestura sen ligames con o Pais das diferentes culturas, nacións e relixións, é un mecanismo fundamental para a destrución do ser colectivo dos pobos e nacións, que mina a súa capacidade de resistencia e loita antiimperialista.

Pero a Revolución Proletaria Global, que proclaman para o final do túnel, ou para as calendas gregas, non é máis que un brinde ao sol... Mentres tanto, traballase para denunciar toda alternativa emancipadora que atrasa a “Revolución Mundial” cualificando de reaccionarios e antidemocráticas as organizacións políticas e sociais nacionalistas e soberanistas que son contrarias ao progreso global dirixido polo Imperialismo Unipolar estadounidense e sionista.

A pesares de todo, e admitindo ser factíbel a construción dun Goberno Mundial, para completar o proxecto globalista, non parece,sen embargo, moi doada a disolución das nacións e das culturas, para a conversión da humanidade nunha masa de miserables sen identidade,libres das particularidades das diferentes culturas; pois esta desestruturación deixaría inermes as masas cosmopolitas, e con iso sen a súa capacidade de subversión e resistencia. É nos marcos nacionais, onde se realizan as revolucións e transformacións políticas, económicas e sociais, e, polo tanto, o desenvolvemento dos dereitos humanos, nos que se vincula o desenvolvemento das persoas individuais co da nación; a soberanía de cada nación coa soberanía concreta de cada persoa individual.

Certo que no mundo actual dominado polo Imperialismo Unipolar (Os outros centros de poder alternativos, apostan até hoxe por un Mundo Multipolar); as posibles revolucións nacionais, soberanas e democráticas, dexeneran necesariamente unhas burocracias autoritarias. Pero os alter-globalistas non teñen en consideración e pasan por alto, que o inevitábel xurdimento de castas burocráticas, é debido, no fundamental, á necesidade que teñen estes países de se defenderen das agresións e intervencións directas ou indirectas do Estado-Imperio; e canto máis acosados e premidos, máis burocracia e militarismo padecerán. Desta sorte, é a existencia do propio Imperialismo intervencionista e agresivo, a causa principal da burocratización e militarización dos Estados nacionais soberanos. Estamos, pois, diante dun caso no que o aumento da cantidade muda a cualidade dos fenómenos, pois en cantos máis países venza o poder popular soberano, máis factíbel será erguer democracias anticapitalistas e antiimperialistas, ao debilitar ao Imperialismo globalmente dominante até a súa erradicación, sen necesidade de tanto militarismo e burocracias que limitan ou imposibilitan a participación dos pobos. Lenin manifestou no seu derradeiro escrito: “ ... o mañá da Historia Universal será o día en se esperten definitivamente os pobos oprimidos polo Imperialismo, que xa han aberto os ollos, e comece a longa e dura batalla final pola súa emancipación“ Este é o verdadeiro suxeito da Revolución Mundial, concibida como un proceso internacional de liberación nacional, e non como unha masa cosmopolita globalizada dominada e sumida na miseria, nun sistema mundo estancado gobernado por unha elite, como único poder Global absoluto, daquela e non antes, segundo os altermundistas, a Revolución Proletaria Global xa terá vía libre.

É fácil distinguir neste proxecto de Revolución globalista, unha versión trotskista do marxismo; así, temos á vista estoupidos sociais puntuais, folgas xerais “revolucionarias”, ás que os altermundistas son moi aficionados. “Momentos históricos”, que non pasan de ser simples “algaradas” facilmente manipulables polo Estado-Imperio que proclaman, sob a tiranía dunha elite capitalista global benfeitora.

-------------------------------------------------------------------------------------------------
Nota da Fundación Bautista Álvarez, editora do dixital Terra e Tempo: As valoracións e opinións contidas nos artigos das nosas colaboradoras e dos nosos colaboradores -cuxo traballo desinteresado sempre agradeceremos- son da súa persoal e intransferíbel responsabilidade. A Fundación e mais a Unión do Povo Galego maniféstanse libremente en por elas mesmas cando o consideran oportuno. Libremente, tamén, os colaboradores e colaboradoras de Terra e Tempo son, por tanto, portavoces de si proprios e de máis ninguén.