A comezo do ano pagáronse ós canteiros, Juan de Riss, Diego Pico e Alonso López por facer a calzada que vai de San Roque a Nosa Señora do Camiño, 99 reais.

Ribadeo: Calzadas E Outras Obras No Ano 1623.

Ribadeo: Calzadas E Outras Obras No Ano 1623.
O concello librou mandamento para que rectifique a Juan de Riss e ós demais compañeiros que acaban de facer a calzada que vai a Nosa Señora do Camiño que arranxen “quanto a las piedras grandes”, pena de non facelo terán cárcere e a súa costa se arranxe. No consistorio do 2 de Maio pagouse a Bartolome Pérez de Solmaior 16 reais que son polo camiño que se fixo desde a porta de Cabanela á casa en que vive Domingo de Villaselan por estar en mal estado. O 22 de maio acordaron que por canto a carnicería desta vila está nunha rúa das principais por onde pasa a procesión do Santísimo Sacramento o día de Corpus e outras xenerais e dar mal “olor” por que está posta no medio “día a donde la carne ace daño y no conveniente”. E propiedade do hospital desta vila e págase cada ano dous ducados de renda, sacouse executoria para que se quitase de alí, como consta nesa executoria. E por haberse atopado un sitio “comodo” para a dita carnicería na rúa dos fornos, pegado á muralla que o leva e posee Diego García de Castrillón e María López a súa dona por foro do dito hospital en 60 mrs. anuais. Acordouse que se compre dito sitio ó mencionado Diego e a súa dona e habendo tratado con el concertouse en 24 ducados e medio os 24 para Diego e o medio a Domingo Pérez arrendatario da Alcabala. O 24 de xuño acórdase facer o camiño que vai desta a Santa María do Campo e a San Francisco e se limpe e poña de modo que esté ben e decente porque no inverno caen nel as mulleres e os homes e saen con perigo as procesións do Santísimo Sacramento e outras procesións. Acórdase poñer un andamio e blanquear e pintar onde ande la mano del Relox desta vila por non estar feito ata agora. Nas casas consistoriais o 6 de Setembro acórdase que por canto se mandara facer a calzada desde a porta principal desta vila que sae do campo ata a Igrexa Colexial desta vila e desde a fronte da porta do hospital e esquina da casa de Francisco Rodríguez concertouse con Hatonin Pegor, empedrador francés a dous reais cada braza dándolle un peón para cavar a terra e que a dita obra medida se acharon 132 brazas que montan un total de 264 reais. Mais 6 reais por un reloxo de sol que fixo. Así mesmo para esta obra, achar a parte onde se fixo a calzada ata a igrexa maior dende a porta da vila e toda a prazuela ata o dito hospital poñer a cruz onde agora esta, e achar o camiño ata San Francisco e o camiño que atravesa dende o hospital ata a igrexa maior e pintar o dito e dourar a man do reloxo e poñer as letras e pintar dita cruz o óleo coas súas mans douradas e aderezar o lavadoiro que está fora da porta da vila onde se gastaron pedras de cantería labradas, gastouse o seguinte:
  • Bartolome de Solmeyor por achar e facer os encañados que van desde o lavadeiro ata a cruz e axudar e servir o empedrador trinta e tres días e medio que montaron 83 reais e 3 cuartillos
  • Andrés da Corredoyra labrador que traballou en ditas obras 40 reais.
  • Juan Fernández que traballou 14 días 28 reais
  • Pedro do Coutro polo seu traballo 13 reais e 26 reais.
  • O fillo de San Juan das travas 15 días 30 reais.
  • Juan López de Cabanela oito días 16 reais.
  • Felipe tres días 6 reais.
  • Tedado 32 reais.
  • Callobre criado que foi do Convento e traballou 25 días, 50 reais.
  • Pedro, estafero e correo traballou dous días 4 reais
  • Un soldado “empedrador” un día 3 reais.
Mais a todos os traballadores “porque se animasen y trabajasen con cuidado se les socorrio con 20 reals de vino que bebieron en el discurso de los días “ 20 reais. O pintado o óleo da man do reloxo e puntos, dourar, branquear como estaba o presente concertouse co pintor Juan González , 40 reais. En pintar a cruz e dourar as mans 14 reais Facer o andamio para o pintor e dourar 12 reais a Juan de Riss. De facer o planeado que fixo o dito Juan Riss onde o lavadoiro ata a cruz 24 reais co traballo de asentar a pedra grande xunto o lavadoiro outros 24 reais. Gastouse no pe da cruz e poñer e asentar o relox de sol e as dúas pedras do lavadoiro 18 reais. 88 fanegas de cal que a vila mercou a Bartolomé Díaz que as debía de atrasadas. Costaron as pizarras que trouxeron de Meirengos para o cañado pagouse os veciños de Rinlo 28 reais. A os labregos e carreteiros que trouxeron e carretaron para as ditas calzadas así desde a ribeira de Porcillan onde se trouxo parte dela como desde Vilaselán montaron 91 reais. Mais outros 25 reais duns carros de pedras que faltaron para achar as calzadas. Outros 56 que se pagaron a Pedro de Mora e Juan López veciños da vila barqueiros e a Domingo López e Pedro Méndez veciños das Figueras que trouxeron nos seus barcos a Porcillan para dita obra onde a tomaron os carros. E outros 21 carros de pedras que se trouxeron de Vilaselán para a dita calzada. O que fai un montante de 657 reais.