ANTIGOS NOMES DE VELLAS RUAS COMPOSTELÁS

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
ANTIGOS NOMES DE VELLAS RUAS COMPOSTELÁS

AS RODAS:

Xa temos comentado nestas páxinas o absurdo desta denominación que non é coerente coa sua antiga orixe.

Na verdade, ese lugar chamouse AS RUÊDAS, (con -Ê- fechado ) facendo referencia as pequenas ruas ou ruêlas que proliferaban no exterior da muralla da cidade.

Alí moraban os RUÁNS, xeralmente, extranxeiros adicados aos oficios e ao comercio.

Desas antigas RUÊDAS, os castrapeadores entenderon que se deberian a unha hipotéticas “rodas” e por moito tempo foi chamada a rua de RUÉDAS; chegaron os galeguizadores, con millor intención que coñecemento e chegamos as RODAS de hoxe.

Cando lle colocarán o seu nome orixinal de RUÊDAS ?

O CRUCEIRO DO “GALO”

Tamén temos exposto aquí a nosa arriscada teoría de que non hai “galo” ningún que defina ao tal cruceiro.

Era chamado popularmente “ CRUCEIRO DO GALLO” , que os novos recuperadores entenderon que se refería aun castelanizado “Kikirikí ” e non dubidaron en colocar a traducción galega DO GALO.

Nosa doutrina supón a antiga existencia no lugar dun NUGALIO ou NUGALLO , vello chamadeiro dun aprisco ou descansadeiro do gando.

O cruceiro do NO.GALLO orixinal trasformouse, co paso do tempo, no GALLO de hoxe, do mesmo xeito que o monte dos NUGALLÁS veu dar no monte GAIÁS.

OS BASQUIÑOS

Na teoría oficial, estamos nunha rúa antiguamente habitada por xentes vindas de Euskadi; entendemos dunha confraría ou gremio coma os canteiros, que cumprían para as enormes obras pétreas da cidade.

O que acontece é que, daquela, non eran chamados de VASCOS, senón de BISCAYÑOS.

Os VASCOS que inzan como apelido na nosa Terra e no viciño Portugal, procederían dun VELASCO, que sería o oficio dos VELADORES das atalaias, se non procedese dun PELÁGICO > BEASCO > BASCO > VASCO, conforme do PELAI saiu o apelido BELAI,.

De todos os xeitos, entendemos que a orixe do apelido VASCO nada ten a ver nada ten a ver cos habitantes da VASCONIA.

Así, dunha orixinal RUA dos BISCAIÑOS, debeu sair a actual rua dos BASQUIÑOS.

A RAPA DA FOLLA

Ise é o extrano nome da rua que vai da Carreira do Conde á que hoxe se chama a Praza Roxa.

Decimos que nos resulta un nome raro porque non escoitamos nunca, que entre os traballos rurais, houbese o de “ rapar a folla”.

A folla das árbores apañábase con un angazo para pasar a formar parte do estrume fecundativo, sen que nunca se chamase a tal proceso “ a rapa”.

“Rápanse” as bestas en Sabucedo e “rózanse” os montes , pero, “RAPAR A FOLLA”das árbores non dá xeito nengún.

Ainda que non dispomos de documentación antiga que susteña a nosa teoría, imos ser tan ousados de supor que estamos aquí diante dunha : “RAMPA DA FOXA”.

A tremenda costaneira que caracteriza a esta rúa ben xustificaría ser chamada de “RAMPA”, e o lugar enfochancado , tantas veces anegado de agua, que é a Praza, ben merecería do nome de : A FOGIA, que emparentaría con nomes análogos como OS FOXOS, que inzan como chamadeiros de moitos lugares empozados da nosa Terra.

Ao fin, dunha antiga “RAMPA da FOGIA” xunto coas habituais doses de desleixo e ignorancia, chegaríamos á RAPA da FOLLA de hoxe.

O PEXIGO

Aquí, todos os estudosos coinciden en que nos atopamos cun antigo portelo da vella muralla da cidade.

O nome orixinal foi O POSTIGO, ou porta falsa ,que evoluiría a POCHIGO, e daí O PEXIGO actual.

Antigos nomes das rúas da antiga cidade que nos transportan a tan recuados tempos !