A OTAN global


A Globalización continúa o seu curso, agora coa Otan, (A organizacón militar do bloque Occidental), coa incorporación formal de Colombia, que xa tivo participando baixo a bandeira española, con tropas do exército colombiano expertas en anti-narcóticos no Afganistan. Curiosamente, desde diversas fontes se fala do incremento no cultivo da papoula do opio, coincidindo coa presencia da OTAN neste país, tal como ocorreu no triangulo do opio con a presencia dos U.S.A. Cando a guerra no Vietnam. Segundo noticias, este opio é transportado en avións da CIA até Kosovo para alí o transformar en heroína.

A OTAN/NATO, (que hai tempo que xa trascendeu o ámbito da rexión do Atlántico Norte), agrupa a 29 Estados membros e a 9 paises socios, contando coa incorporación de Colombia ( o maior produtor de cocaina do mundo), Australia,Corea do Sur, Xapón, Afganistan,Irak, Mongolia, Nueva Zelanda e Pakistan.

En 1954 a Unión Soviética propuso a súa unión a OTAN, co obxectivo de manter a paz en Europa, mais os aliados occidentais rexeitaron a proposta. A partición de Alemania polos aliados occidentais e a incorporación da súa zona occidental a organización da OTAN, promoveu a Guerra Fria e a creación do Pacto de Varsovia pola Unión Soviética e os seus aliados para contrarrestar a OTAN.

Durante a guerra de Corea creouseeunha estrutura militar so a dirección dos Estados Unidos. O papel hexemónico dos EEUU soamente foi contestado pola Francia de De Gaulle, que pretendia unha dirección tripartita da Otan en plena igualdade, EEUU,Reino Unido e Francia. Esta pretensión francesa foi rexeitada, obrigando a Francia a manter unha politica de defensa independente durante algúns anos, aínda que siguiu colaborando contra a URSS, mais volveu a recuncar aceptando ao final o mando imperial dos EEUU, que é o que lidera o bloque da Otan e ningún outro pais, xa sexa membro ou socio global, é capaz de facerlle frente a súa posición hexemónica que é indiscutibel, dado que o Reino Unido despois da Segunda Guerra Mundial, cedeulhe o seu liderato, mantendo certos privilexios a escala mundial. Alemania e Xapón foron derrotados incondicionalmente e aínda teñen tropas estadounidense nos seus territorios. Francia xa superou o enfrontamento de De Gaulle volvendo ao seu rego, e alivia a súa frustración imperialista exercitando un brutal colonialismo na Africa, so a batuta dos EEUU. A Italia e a España, xa lles chega con manter a súa unidade territorial....e o resto son paises pequenos ou socios globais como Xapón, unha potencia sometida e aínda ocupada parcialmente, que padece a colonización cultural dos EEUU.

A OTAN é unha organización militar radicalmente anti-comunista, que practica a guerra permanente contra os pobos na defensa do Imperialismo capitalista baixo o dominio dos EEUU e os seus valores. É a principal organización militar terrorista do mundo, que interven para invadir, saquear e cambiar os gobernos dos paises que son hostiles aos poderes e valores occidentais, baixo a máscara da democracia, dos dereitos humanos e da axuda humanitaria,e que non dubida se é necesario en romper e dividir nacións, para servir aos seus obxectivos. Pero tamén ten o papel non menos relevante, de velar pola unidade do mundo occidental, sempre so a dirección imperial dos EEUU, sometendo aos imperios subalternos capitalistas a súa hexemonia.

Aínda que gran parte do globo está dominado polo imperialismo capitalista, xa non estamos nun mundo unipolar pois noutra porción importante e crecente, emerxen potencias que xa constitúen unha seria ameaza para o poder de Occidente, e para o ben da Humanidade. Por outra banda o mundo ocidental imperialista está a padecer unha profunda e irreparábel decadencia, comezando polo Imperio estadounidense, que ten toda a súa forza militar envorcada, a través da Otan, na defensa do orde mundial baseado no dominio do capitalismo occidental. Sen o esfozo e a protección dos EEUU este orde non sería posible de manter,por iso, é comprensíbel que esixa aos seus aliados subordinados protexidos , unha compensación económica, e máxime en tempos de crise , para fortalecer a súa economia nacional a conta dos seus socios vasallos.

Non é presentábel que o Imperio que lidera o mundo capitalista, teña una gran parte da súa poboación, vivindo na pobreza e na miseria, pois esta situación non axuda a xustificar a súa función imperial no seu ámbito interno, amáis do deterioro da súa capacidade política e militar. Como consecuencia, esta situación demanda unha política estadounidense proteccionista e competitiva, belixerante con todos os países sen distinción, incluídos os seus lacaios occidentais, (alén do goberno coxuntural de Trump), manexado polo poder fáctico estadounidense que é o que verdadeiramente goberna. Deste xeito, os EEUU poden mostrar unha mellor imaxe de poder e riqueza, incluíndo con entusiasmo un sector importante da súa poboación nas guerras pola dominación do mundo e a expansión dos seus valores, trasladando os problemas da pobreza e miseria xeradas por esta política imperialista ao resto do mundo sen volta, e non como agora, xa que gran parte destes problemas reverten na propia metrópole imperial.

O que resulta dubidoso, é se esta política dos EEUU pode chegar a agudizar as contradicións e implosionar o mundo imperialista ata chegar a producir a súa auto-destrución, co cal as elites privadas capitalistas quedarían a intemperie, sen protección. Sendo así, quen se vai a encargar de gardar as propiedades económicas desta reducida elite global?, e dos seus dereitos humanos? O Goberno de Suiza? Ou acaso o Estado das Illas Seychelles?