A guerra mediática e a técnica do ventilador

A guerra mediática e a técnica do ventilador

Hai pouco tempo Hillary Clinton manifestou que os EEUU e o mundo ocidental en xeral, corre o risco de enfrontarse a un gran perigo que cuestiona o seu, ate de agora, omnipotente poder. Referíase ao seu monopolio mediático que exerce no mundo, invalidando calquera alternativa que se lle opoña.

Os EEUU e Occidente, foron os gañadores indiscutíbeis frente a pobre propaganda soviética “O sentido práctico norteamericano”, que admiraba Lenin, gañou por goleada ao “espíritu revolucionario ruso”.

Coa axuda das novas tecnoloxías que desenvolveron, elevaron a cotas máis elevadas as experiencias nazis da propaganda de guerra, baseadas na concepción que tiñan da verdade, e do seu manexo “ a verdade no é máis que a mentira suficientemente repetida “.

A alarma dada pola globalista estadounidense Hillary Clinton, sustentase nas consecuencias que o xurdimento insospeitado dos medios de comunicación rusos construídos sobre as cinzas dos soviéticos, representan para o monopolio occidental, un inesperado competidor alternativo, que aproveitando o desenvolvemento das novas tecnoloxías e a proliferación das redes sociais, confronta o monopolio dos medios estadounidenses. Por outra banda, os ataques recibidos a traveso das redes sociais abertas a toda a xente a pesares do control, ainda que o seu uso é hoxe minoritario a nivel global, pero non para de medrar, permitindo a divulgación de noticias prexudiciaís para o Imperio e o seu entorno Unipolar occidental.

Os medios rusos, agora sí teñen sentido práctico, xa non se presentan como revolucionarios, pero con ser escasos, estan a gañar a partida mediática a Occidente, grazas as súas coidadas técnicas e a recuperación da visión real e próxima para as grandes maiorías, espallando as novas que non transmite o Imperio e que sistematicamente oculta. Non difunden a verdade total, pero se aproximan a realidade so o seu prisma de intereses, e este feito trae consecuencias. Ate de agora, baixo o monopolio occidental, todas as noticias dadas polos medios se presentaban como verdadeiras, sendo falsas, pero eran indubidábels polo público receptor, con todos os matices posíbels. Unha especie de dogma de fé que ninguén podía rebater so pena de caer no ridículo perdendo toda a credibilidade e ser arrombado cara a marxinalidade . Estas noticias falsas e tendenciosas, foron e son usadas para a formación da opinión pública favorábel ao sistema capitalista imperialista.

O impacto producido pola aparición dos medios alternativos, foi dabondo forte para obrigar aos medios occidentais a mudar o seu paradigma propagandístico. Así, desta maneira as noticias xa non son infalíbeis como antes, cando tiñan o control. Agora todas son mentiras, e así xurdiron as FAKE NEWS, un produto ianqui por excelencia que rapidamente se espalla por todo o Occidente, para xerar caos e confusión restando credibilidade as novas que circulan por internet, e as rusas especialmente, pois para eles Rusia sempre está conspirando,(rusofobia). China ponse ao marxe desta guerra mediática, coas súas rotundas declaracións oficiais e noticias asépticas.

A técnica do ventilador compaxinase moi ben coa saturación das “Novas Falsas”. O Occidente aproveita a súa abafante hexemonía na posesión dos medios informativos so a consigna de que “todos son iguais” (empregada con éxito na política institucional do noso pais, como nos temos observado),poñendo os seus poderosos medios propiedade privada duns poucos, casualmente sionistas, a funcionar como un potente ventilador esparexendo ata encher o mundo de mentiras naqueles temas en conflito , estendendo o lixo deica o derradeiro recuncho; co cal acada a “verdade” segundo a tese de Joseph Goebbels. Ao final só queda nas condicionadas mentes das maiorias e na opinión pública, a súa verdade dos feitos. A manipulación é total.

Estes feixes de mentiras están encubertas con todo tipo de “carautas” humanitarias e tolerantes, que presentan ao Imperio como o policia defensor dos dereitos humanos, que serven como escusa para xustificar as súas intervencións imperialistas , incluíndo o terrorismo global, para a destrución dos paises que non se someten aos seus intereses. E tamén, para a difusión xeneralizada da idea de que ”todos son iguais”, ditadores, imperialistas,capitalistas ....por iso e mellor quedarse co que hai agora, e non enfrontarse ao poder global de Occidente . Mais os pobos e a xente é teimuda, por iso este precisa usar con frecuencia o ventilador informativo, amais das armas convencionais, para abrandar e limpar as mentes que porfían nas súas ideas e actitudes antiimperialistas.