Robert Neal Baxter

Robert Neal Baxter

Shrewsbury (R.U.), 1966. Licenciado en Lingüística e Francés pola Universidade de York (R.U.) traballou durante varios anos nas escolas en lingua bretoa, Diwan. Instalouse definitivamente na Galiza en 1993, exercendo como profesor de interpretación simultánea e consecutiva (galego-inglés) na Universidade de Vigo desde 1995. Ten varios artigos publicados sobre a tradución e a normalización das linguas minorizadas (sobre todo o galego e o bretón) e sobre tradución e xénero/sexualidade. Milita no BNG case desde a súa chegada á Galiza, entrando no Consello nacional no seu XII Asemblea Nacional coa responsabilidade de Coordinador do Grupo de Traballo LGBTI, e é membro do Secretaría de Relacións Internacionais da UPG. Ficou encargado de xeito oficial da corrección lingüística do Terra e Tempo a partir do número 11 de maio 1999.