Videoteca

Homenaxe ás vítimas do franquismo 2010. Illa de San Simón

O 18 de xullo de 2010, as Asociacións para a Recuperación da Memoria Histórica e demais entidades adheridas á Iniciativa Galega pola Memoria vimos de realizar na Illa de San Simón unha homenaxe nacional ás vítimas do franquismo, seguindo a xeira comezada no 2006 -o ano da memoria- dedicado especialmente nesta ocasión a lembrar as familias dos represaliados que tiveron e teñen que sufrir as consecuencias do acontecido ao seu parente. Consecuencias polas que aínda hoxe non foron resarcidos.

Carvallo Calero, a posibilidade de rectificar a historia

Vídeo documental levado a cabo pola AS-PG con Guión e locución de Francisco Rodríguez. Imaxes da entrevista con Carvallo Calero realizada por Francisco Salinas Portugal en 1988. Arquivo gráfico de A Nosa Terra. Produción Xan Carballa Alonso. Realización Servimav.

Entrevista a Eric Toussaint en Pontevedra

Pontevedra. Abril 2012. Entrevista a Eric Toussaint concedida á prensa cando participaba na XXIX Semana Galega de Filosofía organizada pola Aula Castelao de Filosofía.

50 aniversario de “Memorias dun neno labrego”

50 aniversario da saída do libro “Memorias dun neno labrego” de Xosé Neira Vilas.
Acto de celebración do cincuentenario. O máis vendido entre os mellor vendidos. Saído do prelo na Arxentina un 5 de xaneiro, do ano 1961. Medio século despois da súa publicación, a obra de Xosé Neira Vilas despachou 600.000 exemplares, foi traducida a 14 idiomas, entre eles o chinés, o ruso, o alemán ou o inglés, e coñeceu 31 edicións, a máis recente a que, co gallo da conmemoración dos 50 anos do texto, Galaxia ofrece coa cuberta orixinal de Luís Seoane.