Videoteca

Entrevista con Xosé Chao Rego (Homenaxe 2004)

A Asociación Cultural “O Galo” organiza o sábado 11 de decembro de 2004 unha homenaxe ao teólogo e escritor Xosé Chao Rego no Teatro Principal de Santiago. Os actos comezarán arredor das once da mañá cun recital poético a cargo de Marica Campo, Lois Diéguez, Salvador Garcia Bodaño, Xesús Rábade, Rafa Villar e Helena Villar Janeiro. Están tamén previstas actuacións musicais de “A Quenlla” e o Grupo Coral e Instrumental de Solfa. Por último proxectarase un un documental sobre a vida e o labor de Xosé Chao Rego. Este é o documental que se proxectou durante a homenaxe da autoría de Marcos Maceira, Cesar Carmés, Carme Vidal e Xoán Carlos Garrido

Intervención de Néstor Rego, Secretario Xeral da Unión do Povo Galego (UPG) na clausura do seu XIII Congreso

Auditorio de Galiza, Santiago, 17 de xuño de 2012

Realización: Alberte Mera

Alba de Gloria no Pico Sacro 2012

Lectura do Alba de Gloria no Pico Sacro no sábado anterior ao 25 de xullo de 2012, coa intervención da presidenta da Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura María Pilar García Negro e a actuación da Quenlla.

Homenaxe nacional ás vítimas do franquismo 2012

Nas vésperas da infausta data do 18 de xullo temos outra vez a oportunidade de lembrar ás vítimas da represión franquista na Galiza nun acto nacional a celebrar na illa de San Simón. Desta volta a intención é poñer a mirada nas novas xeracións da memoria. Descendentes de vítimas mais tamén mozos e mozas quen sen ter un vencello familiar se achegan a memoria como un xeito de comprender o presente que se lle legou.
Os actos celebraronse o domingo 15 de xullo na Illa de San Simón. Comezaron coa presentación do proxecto documental “A pegada dos avós” no auditorio e a actuación musical de Samuel Acuña e Laura Romero. Logo de visitar as instalacións da outrora Colonia Penitenciaria farase unha ofrenda floral e solta de pombas no cemiterio, coas intervencións de Pablo Iglesias Núñez (Fillo de Mercedes Núñez, internada no campo de exterminio nazi de Ravensbruck e representante para Galiza de Amical de Mauthausen), Valentín García Bóveda (Neto de Alexandre Bóveda e Secretario da Fundación que leva o seu nome) e Ana Aller (Neta de Enrique Gómez, fuxido e asasinado no 1937).