Videoteca

Entrevista con Xosé Chao Rego (Homenaxe 2004)

A Asociación Cultural “O Galo” organiza o sábado 11 de decembro de 2004 unha homenaxe ao teólogo e escritor Xosé Chao Rego no Teatro Principal de Santiago. Os actos comezarán arredor das once da mañá cun recital poético a cargo de Marica Campo, Lois Diéguez, Salvador Garcia Bodaño, Xesús Rábade, Rafa Villar e Helena Villar Janeiro. Están tamén previstas actuacións musicais de “A Quenlla” e o Grupo Coral e Instrumental de Solfa. Por último proxectarase un un documental sobre a vida e o labor de Xosé Chao Rego. Este é o documental que se proxectou durante a homenaxe da autoría de Marcos Maceira, Cesar Carmés, Carme Vidal e Xoán Carlos Garrido

Entrevista a Eric Toussaint en Pontevedra

Pontevedra. Abril 2012. Entrevista a Eric Toussaint concedida á prensa cando participaba na XXIX Semana Galega de Filosofía organizada pola Aula Castelao de Filosofía.