Videoteca

Inauguración do monumento a Carvalho Calero
Presentou Margarida Martins, da F. Meendinho, entidade promotora, e interviron membros das tres universidades galegas; falou tamén o presidente da AGLP, José Martinho Montero Santalha; o presidente da ASPGP, José Paz Rodriguez; o presidente da AGAL, Valentim Rodrigues Fagim; a CIG, represenada por Ramiro Oubiña; e Mª Victória Carvalho Calero Ramos , representando á familia do homenaxeado. Por parte do Concello de Santiago acode a concelleira de normalización lingüística e a de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel, Elvira Cienfuegos. O monumento é de Xosé Molares

Homenaxe ás vítimas do franquismo 2010. Illa de San Simón
O 18 de xullo de 2010, as Asociacións para a Recuperación da Memoria Histórica e demais entidades adheridas á Iniciativa Galega pola Memoria vimos de realizar na Illa de San Simón unha homenaxe nacional ás vítimas do franquismo, seguindo a xeira comezada no 2006 -o ano da memoria- dedicado especialmente nesta ocasión a lembrar as familias dos represaliados que tiveron e teñen que sufrir as consecuencias do acontecido ao seu parente. Consecuencias polas que aínda hoxe non foron resarcidos.

Homenaxe popular a Uxío Novoneyra no Courel
Homenaxe popular a Uxío Novoneyra aberto organizado polos xestores da páxina web uxionovoneyra.com o 9 de maio de 2010.