Videoteca

Homenaxe nacional ás vítimas do franquismo 2012

Nas vésperas da infausta data do 18 de xullo temos outra vez a oportunidade de lembrar ás vítimas da represión franquista na Galiza nun acto nacional a celebrar na illa de San Simón. Desta volta a intención é poñer a mirada nas novas xeracións da memoria. Descendentes de vítimas mais tamén mozos e mozas quen sen ter un vencello familiar se achegan a memoria como un xeito de comprender o presente que se lle legou.
Os actos celebraronse o domingo 15 de xullo na Illa de San Simón. Comezaron coa presentación do proxecto documental “A pegada dos avós” no auditorio e a actuación musical de Samuel Acuña e Laura Romero. Logo de visitar as instalacións da outrora Colonia Penitenciaria farase unha ofrenda floral e solta de pombas no cemiterio, coas intervencións de Pablo Iglesias Núñez (Fillo de Mercedes Núñez, internada no campo de exterminio nazi de Ravensbruck e representante para Galiza de Amical de Mauthausen), Valentín García Bóveda (Neto de Alexandre Bóveda e Secretario da Fundación que leva o seu nome) e Ana Aller (Neta de Enrique Gómez, fuxido e asasinado no 1937).

Homenaxe a Bóveda en Pontevedra

Homenaxe á Alexandre Bóveda na praza de Curros Enríquez en Pontevedra coa intervención de Miguel Lores e Olaia Fernández, presenta Anxos Riveiro

12 de agosto 2011: Moncho Reboiras, a loita continúa!

Celebración do 12 de agosto de 2011 en Imo e Ferrol coa intervención de Francisco Jorquera.

Homenaxe Nacional a Castelao en Rianxo

Rianxo, 7 Xaneiro de 2011. O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, participou pola mañá no acto en homenaxe a Castelao en Rianxo, no ano en que se cumpren 125 anos do seu nacemento. Neste acto, o líder nacionalista lembrou que en maio deste ano se celebran eleccións municipais e asegurou que o BNG “é a garantía fronte ao PP, o éxito do BNG é a chave o fracaso do PP” e por iso convidou a todos e todas a participar na campaña electoral que se aproxima.