Alexandre Sieira Almallo

Os negocios dos da clase vip

O raposo ao coidado das galiñas… —————————————————————– [NOTA EDITORIAL.- A responsábel editorial desta publicación dixital, Terra e Tempo, recorda que as valoracións e opinións contidas nos artigos das colaboradoras e colaboradores habituais recaen integramente no ámbito da responsabilidade delas e deles. A directiva non asume como propias máis que as afirmacións do “Editorial” ou de […]

13 Abril, 2012 Listaxe de artigos do colaborador 32 Leituras
(0)

O raposo ao coidado das galiñas…

—————————————————————–
[NOTA EDITORIAL.- A responsábel editorial desta publicación dixital, Terra e Tempo, recorda que as valoracións e opinións contidas nos artigos das colaboradoras e colaboradores habituais recaen integramente no ámbito da responsabilidade delas e deles. A directiva non asume como propias máis que as afirmacións do “Editorial” ou de “Xunta Directiva da Fundación Bautista Álvarez” que, con este nome, se publica á cabeza dos artigos do día. Tendo comprobado como é moi elevado o número de lecturas e comentarios dalgúns artigos -cousa que nos honra, naturalmente-, asistimos igualmente a unha utilización espuria da opinión dalgúns colaboradores, facéndoa extensiva á Fundación Bautista Álvarez ou á Unión do Povo Galego, partido que non ten responsabilidade sobre este dixital que edita a Fundación. Insistimos, por isto, en como o dixital Terra e Tempo, respeitando a liberdade de expresión dos seus colaboradores, non fai súas en absoluto as aprezacións particulares, sobre calquera tema, dos mesmos. Reservámonos, claro está, como en calquer publicación similar, o dereito de inserimento dos comentarios que cada artigo merecer, pois non damos nin daremos cabida a aqueles que conteñan insultos ou resulten difamantes ou inxuriantes para persoas, institucións ou organizacións.]
—————————————————————–

Estamos a ver estes días, con moita tristura, o esperpento do alcalde de Compostela, unha das cidades do noso pais, tentando o imposible. Isto é, tentando permanecer na poltrona onde se deciden moitas veces asuntos económicos de relevancia (concursos, recalificacións de solo,…), e ao tempo está a declarar como imputado por un delito fiscal de case cincuenta millóns das antigas pesetas por non ingresar na conta de Facenda o I.V.E. cobrado nas súas actividades empresariais, que desenrolaba ao tempo que era deputado no Congreso nos pasados anos. O raposo ao coidado das galiñas…. Agora comprendo por qué retirou as axudas a salas de espectáculos como a Sala Nasa. Él ía ser o que dera o espectáculo, o máis triste espectáculo que pode dar un representante público. Si, Facenda somos todos (a mensaxe oficial), pero é tempo de comezar a definir a que se refire ese “todos”.  

Nadie está libre de cometer erros, nin no seu mundo persoal, nin no laboral ou no económico. Pero cando un é adulto e ten unha formación mínima e un estado mental normal, sabe que se poden derivar diversas consecuencias en función da gravidade do feito cometido. Pódense poñer escusas ou atenuantes, que é probable que existan, pero o certo é que unha persoa que queira representar na política aos seus concidadáns debería ter un comportamento ético sin tacha (antes e despois de pasar por responsabilidades políticas)  

Que un licenciado en dereito, avogado en exercicio durante bastantes anos, parlamentario e “espallador” das boas costumes, defensor da liberdade frente as perigosas mensaxes dos mozos do “15M” ou das obras de teatro e actividades da sala Nasa, por exemplo, non teña a lucidez suficiente para dimitir, deberíanos encher de tristura a todos. Aos que o votaron e aos que o queremos que se vaia.  
O que é máis triste aínda é que non teña algún amigo (ou xefe) que lle diga que isto non pode seguir, que acabou o seu tempo, que tire por él a toalla e que deixe de pasearse  dando bandazos como un boxeador soado.  

A cuestión é quén temos nas “altas esferas”; se non dimite debe ser porque entende que o normal é non facelo, que outros da súa clase fan e  fixeron o mesmo, parecido ou peor e que non se lles xulga ou “maltrata” como se lle fai a él, que recoñeceu a débeda ante Facenda a peito “descuberto”…por Facenda.   Non imos gastar máis tempo con este tema. Que fagan algo, pero rapidiño que o forno no está para bolos.  

Outra reflexión que quería traer a estas páxinas e o encarecemento da electricidade, con unha nova subida. Resulta que somos o terceiro pais membro da comunidade europea coa electricidade máis cara (é máis cara en Malta e Chipre).  

Temos (teñen) sementada Galiza de muiños de vento, encoros e algunha que outra termoeléctrica, e pagamos a electricidade a máis prezo que a como os pagan os países do noso entorno. Din que vai subir o recibo da luz porque hai que  achegar os custes reais de xeración de enerxía aos consumidores. Menuda pandilla. Resulta que temos que crernos que a grandes compañías de electricidade, esas que teñen en nómina a dous expresidentes do goberno de España, están vendendo agora por debaixo dos custes que teñen eles.  

E outra máis, que ten que ver coas reformas que se están a levar, mellor dito, ten que ver coas reformas que non se están a dar. Qué pasa coa fusión dos concellos, coa desaparición das Deputacións e dos Ministerios que xa teñen todas as transferencias transferidas… Escoitando á  Presidenta da Comunidade de Madrid, comprendín que seguen sen comprender nada de nada, pero que nada de nada. Nin co tema de facer desaparecer o modelo autonómico, esa estratexia centralista-golpista que soamente pode traer enfrentamentos e dor, nin no tema do encarecemento superior ao 25% do transporte público da súa comunidade (ela segue insistindo que non hai subida porque hai un boleto que non sube). É razoable nos tempos nos que estamos semellante incremento de prezos, tendo en conta que son redes de transportes básicas, utilizados por eses cidadáns  a que din que representan. Nadie, en ningún lugar de este pais que traballe nunca empresa sometida a competencia real, proporía semellante subida de prezos.  

Pero en mans de quen estamos?  

Que lonxe están da nosa realidade eses que din que nos comprenden e representan. Mentres estes competidores do Sr. Bassi (non me equivoco de sr.) teñan esas responsabilidades político-institucionais, dáme medo a onde nos van levar. Cada un que faga o que se espera do seu oficio. Os pallasos que fagan pallasadas, que nos fagan rir e pensar, e os políticos que traballen para mellorar a calidade de vida dos seus cidadáns, non soamente a dos seus colegas e socios e se iso fora pedir moito…, alomenos que non nos avergoncen e non fagan o papel do pallaso malo, ese que era o “listo-VIP” do grupo.

(0)
0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Artigos relacionados