Alexandre Sieira Almallo

O teatriño das marionetas

Ou como se están a perder as poucas esperanzas para saír da crise con algunha pluma Recordo asistir, fai moitos anos, aos teatriños que polas festas do meu pobo se organizaban.             Eran teatriños de marionetas ou de monecos de trapo onde, especialmente neste últimos, sempre remataba a trama, dándose […]

13 Maio, 2012 Listaxe de artigos do colaborador 31 Leituras
(0)

Ou como se están a perder as poucas esperanzas para saír da crise con algunha pluma

Recordo asistir, fai moitos anos, aos teatriños que polas festas do meu pobo se organizaban.            
Eran teatriños de marionetas ou de monecos de trapo onde, especialmente neste últimos, sempre remataba a trama, dándose de estacas uns a outros. E os nenos a rir canto podían. Os guiñois espertábannos á imaxinación.            

Agora que xa non hai cartos para ese tipo de actividades lúdicas, sacan a políticos pola televisión (hai que ver que algúns serven para todo!!), e fan o mesmo que facían os monecos de trapo. O problema é que os que os escoitamos non nos escarallamos de risa, senón que tremamos pensando en quén temos ao fronte dos nosos intereses como cidadáns.              

Este apunte ven ao conto de escoitar ao Sr. Martínez-Pujalte (membro do PP, que traballa/cobra como parlamentario en Madrid dende o ano 1993 e que sempre está en comisións de economía, xa que é doutor en ciencias económicas), dando estopa ao sr. Gobernador do Banco de España, onde pouco menos que o acusa de enganar ao sr. Rato (probe sr. Rato!!!) co asunto das primeiras fusións entre caixas. Nesta trama, Rato pasa a ser a damisela maltratada e enganada polo rufián MAFO (acrónimo de Miguel Angel Fernandez Ordoñez –gobernaquééé do Banco de España) e o sr. Pujalte o pintureiro protagonista que ven salvar á damisela neste teatriño de guiñol no que se está a converter o Estado.              

Ou sexa, que o “pai económico” do miragre-pesadelo da España, ministro e vicepresidente económico do goberno do PP desde 1996 e 2004, probo cidadán, altruísta internacional que foi director xerente do FMI , mediante enganos puxérono de presidente de CajaMadrid-Bankia, a gañar algo máis de uns miserentos trescentos setenta millóns de pesetas anuais (2,34 millóns de euros).            

Tiña como misión “imposible” reflotar a cuarta institución financeira do estado. E non o puido facer porque, segundo o “vingador” Pujalte enganárono no tema das fusións, xa que o Banco de España non foi especialmente claro co sr. Rato cando o obrigou a fusionarse con Bancaja (esa caixa que como a CAM provén da comunidade prototípica da miragre, tamén coñecido como territorio Gürtel).              

Aclaro que non teño ningún interese en Bankia, xa que non son accionista nin teño conta aberta en ningunha oficina.            

Non vou a ser eu quen defenda o que fixo nestes anos o sr. MAFO, xa que noutros artigos xa comentaba que tiña que ter dimitido por non exercer as funcións de esa institución, e polas que cobraba un estipendio xeneroso, e que visto o visto, non gañou. Non creo, tamén, que os que están a traballar no Banco de España se adiquen a enganar a ninguén. Non é a sua función. Que MAFO sea un gobernador “presuntamente” incompetente (polo que ten pasado no sistema bancario español) parece que non é ir contra a realidade dos feitos.              

Pero querer colar que o sr. Rato foi enganado…, isto xa é de libro Guinnes dos records. O que o sr. Pujalte non se decata é que está a xogar o papel do “bufón pelota”. Somos todos maiorciños, todos teñen moita vida vivida, e tratar de facer crer que Rato foi enganado, soamente nos da a medida da catadura moral da casta dos que nos están a converter nunha sociedade escrava dos seus erros.              

Que un doctor en económicas, membro do parlamento español dende 1993 (pretiño dos 20 anos como pai/tutor do estado español), para tapar a nefasta xestión de Rato, veña co conto ese do engano do Banco de España, comentario a posteriori de terse destapado o burato nas contas de Bankia por parte da empresa auditora…

O Sr. Rato fixo o mesmo no goberno español, no FMI e en Bankia. Na historia xa houbo un coma el, chamabanlle  Atila e ía a cabalo; e a única diferenza é que o sr. Rato coida o marketing e a imaxe pública e non vai por aí rompendo países ou bancos co cabalo e a espada, el faino dende un supercoche, cun boli e un móbil…, e “con gastos extras si son necesarios”…              

Pero a quén temos a nos gobernar? Esa sería a pregunta a facerse como sociedade, si non superamos a resposta dende fai xa bastante anos.              

Tristemente, se non mudamos rápido imos encallar como está acontecendo en Grecia. Non pode ser que xente informada e formada, sexa capaz de facer o dicir o que fan e o que din.            

As “accións/kgPds” de estes elementos van abonando o camiño para o fascismo. Noutro artigo pedía a dimisión do Gobernador do Banco de España, e neste pido a dimisión de Martínez-Pujalte. Xa sei que non van dimitir ningún dos dous, pero entendo que debo pedilas porque os dous non se merecen cobrar un salario que ven dos impostos do pobo, ao que deberan servir e non o veñen facendo.        

Si queren saír nos medios de comunicación dicindo o que din, ofrézolles  a idea do emprendemento do teatriño de títeres. Poden facelo sen os monecos de trapo. Poden chamar a Rato e entre os tres facer unha compañía que vaia polos pobos “ilustrando” coas súas ocorrencias. Pasta seguro que teñen, esa pasta que nos lles demos e que non gañaron (ningúns dos tres).            

Non podemos seguir malgastando en malos xestores nin en malos parlamentarios os impostos que se lle negan os servizos públicos básicos, como é a sanidade, a educación e os servizos sociais.            

O problema, vendo estas actitudes, é de moita máis gravidade do que podería pensar. Escoitando estas explicacións xa parece que todo está perdido. A enfermidade que nos está matando non é soamente económica, esa xa parece que pode ser secundario. O problema real é que quen están chamados a atopar solucións adícanse a “pelotear” aos seus deuses paganos (seguro que esa defensa será recompensada con algún favor divino..).            

O verdadeiro reto está no rearme ético, xa que depende de nos e non de Francia nin de Merkelandia. O saneamento máis urxente  ven máis por unha marea ética, para facerlle ver a estes  políticos que traballan para o noso benestar, non ao revés. Isto depende de nos. Tantos anos afastados da realidade dos individuos aos que din representar fai que digan cousas como as que di Pujalte (hoxe tocoulle a el pero hai para escribir ata pasado mañá). É triste que un doutor en económicas pola Universidade de Valencia trate de xustificar por eses medios o que sucedeu con Bankia-Rato. Dende ese punto de vista habería que pensar que a educación en España está moi mal, ou estaba moi mal neses anos en que lle deron o doutorado, ou o sitio onde llo deron, ou que despois de ser doutor tivo un golpe na cachola, ou… eu que sei,  pero algunha explicación terá que haber aínda que eu non a atope.            

Temos a obriga de non deixar pasar esas manifestacións que nos firen, non porque nos maltraten, se non porque nos fan parecer espectadores sen criterio. No exemplo do teatriño dos monecos de trapo, cando a escenografía falla e cae o velo do moneco que fai de damisela, e deixa ver o careto dun tipo “tipo Rato”, cos anos que ten, con perilla,…, ata os nenos dirían que era un engano…e marcharían dicindo que os trataban de enganar.            

Iso é o que pode pasar coa nosa sociedade, que se sinta enganada e lle dea as costas as institucións que teñen que pilotar o camiño para sacala da crise-crises nas que estamos. Como sociedade estamos coa auga no queixo, e cada dia que pasa a auga vai subindo…. e parece que nesta longa noite escura da crise, ao outro lado, no lado dos “oficiais e cabaleiros”, non hai ninguén que escoite os lamentos e desesperanzas da tropa…

Necesitamos políticos e técnicos ao servizo do ben común, non forofos nin pelotas…

(0)
0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Artigos relacionados