Se para referirnos dunha política mediocre facemos chanza, podemos cualificala de “politiqueo”. É por iso que se esa política, ou esa xestión deficiente, toca temas verdes non poden ser cualificados máis que de “ecopostureo”.
Que pode ser ecopostureo?, uns breves exemplos:
A perversións das recomendacións sustentables que son substituídas por propostas vestidas de verde, máis baleiras de contido, para a foto.
O querer e non poder.
As políticas paliativas que non van a raíz dos problemas.
A compaixón exacerbada para desviar a atención social.
A educación convencional disfrazada de ambiental.
O lavado de cara das empresas contaminantes en compensacións e publicidade.
O considerar que somos a especie principal planetaria e que un deus, calquera, nos deu patente de corso.
O entender que a natureza é algo alleo ao noso salón da casa.
A ladaíña de consignas ocultando o desprezo polas propostas ecoloxistas.
O exercicio consiste en: reflexionar, e escribir, novos exemplos disto….
O ecopostureo, o que provoca no público non é formación, educación ambiental ou xeración de actitudes positivas cara ao medio ambiente, senón escepticismo.
Non ten remedio nin cura, só madurar politicamente, evitar manipular e politiquear con contas de colar e espelliños e incorporar ao planeta, no seu conxunto, ás nosas vidas.
0 Comments