Libraría

Xosé Chao Rego. Renacer galego. Actas do Simposio-Homenaxe
Galiza recoñeceu neste tributo o traballo e esforzo inesgotábel de Xosé Chao Rego, que puxo sempre o mellor de si mesmo ao servizo do seu País, da súa Nación, e xa que logo ao conxunto da humanidade, tan necesitada de recoñecerse na súa propia identidade nun mundo cada vez máis globalizado, no que se pretende reducir a pluralidade étnica, nacional, cultural, a unha lacra ontraria ao progreso, nese camiño que se nos pretende marcar cara a unha visión única do mundo no que, en consecuencia, os Pobos non teñen espazo. O libro editouse en Xullo de 2010.
De teres interese en adquirir o libro, só tes que te poñer en contacto coa Fundación Bautista Álvarez.

Moncho Reboiras: O nacionalismo galego nos anos 70
Libro editado en papel pola Fundación Bautista Álvarez en Agosto de 2009 (xa esgotado), en homenaxe á súa figura e cadrando coa declaración oficial, feita polo Goberno español, na que se lle recoñece como vítima do franquismo, restituíndo -agora xa nun plano formal- a súa figura como mártir galego.
Escriben no libro: Francisco Carballo, Manuel Reboiras, Francisco Rodríguez, Ramón Muñiz, Marisa Vázquez, Xosé Moa, Lois Diéguez, Elvira Souto, Xosé Salvadores, Francisco Luís R. Guerreiro, Xoán López, Margarita Ledo, Fernando Souto, Xosé Lois Ríos, Francisco Xabier Alonso, Inácio Hernando, Alfredo S. Canal, Manuel Fernández, Saleta Goi, Xosé Lois Ledo, Nemésio Barxa, Marisol García, Manuel Mera, Marisa Canto e Bautista Álvarez.

Bautista Álvarez: 40 anos da UPG, 40 preguntas
En datas próximas á celebración do 40º aniversario da fundación da Unión do Povo Galego, en Xullo de 2004, entrevistamos a Bautista Álvarez, utilizándomos un cuestionario que, desde 1964 aos nosos días, interrogase sobre aspectos centrais da diacronía da UPG, do seu cofundador e, en definitiva, da xeira do nacionalismo ao longo destes anos. A edición impresa do libro está esgotada.

Homenaxe Nacional a Bautista Álvarez. 50 anos de militancia nacionalista
O xantar é no Restaurante “Pórtico”, en Cacheiras, Teo, o sábado 2 de marzo de 2013.
– A hora de recibimento con música será a partir das 14:00 horas e o xantar comezará as 14:30 horas.
– Prezo 25 €.Para calquera dúbida o teléfono de contacto é o 981 57 02 65.