Libraría

Denuncia diante a UNESCO da persecución do idioma galego polo Estado Español (1954)

Denuncia diante a UNESCO da persecución do idioma galego polo Estado Español.

Bos Aires, 1954

Especial “Terra e Tempo” editado en París sobre marzo de 1972

Terra e Tempo, editado en París, tomando como base un informe realizado por Moncho Reboiras que na Galiza non se publicou como Terra e Tempo e si como un caderno informativo.

Historia sintética de Galicia: Por Ramón Vilar Ponte

En 2007 saíu á luz o primeiro volume das Obras Completas de RAMÓN VILAR PONTE, titulado Textos filosófico-políticos de Ramón Vilar
Ponte, con inclusión de catro obras fundamentais deste clásico do pensamento nacional galego. Editado pola Deputación de Lugo e baixo os
cuidados de Xesús Blanco Echauri, María Pilar García Negro e Goretti Sanmartín Rei, neste ano 2013 publicaranse os dous volumes que
completarán a bibliografía de autor tan sinalado e vixente da literatura galega.

Conterán, entre outros, o seu manual de Historia da Galiza e os artigos que escrebeu ao longo de toda a súa vida.

Neste arquivo ofrecemos parte deste libro, “Historia sintética de Galicia”, editado por “Nós” no ano 1927; a introdución a cargo de Vicente Risco e o capítulo de Prehistoria e Historia Antiga.

Nación e sistemas de financiamento. Análise elaborada por Xosé Díaz Díaz

Nova análise de Xosé Díaz Díaz sobre a Nación e sistemas de financiamento.