Libraría

Quen é Vicente Risco?
Libro editado pola Fundación Vicente Risco no ano 2013 que recolle unha profunda análise da vida e obra dunha das figuras máis senlleiras, controvertidas e importantes do nacionalismo galego de comezos do século XX

O Noso Galeguismo, Agrupación Nós, Caracas, 1967
Documento escrito por Celso Emilio Ferreiro para a campaña electoral de 1967. Os textos do mesmo léronse no programa de radio “Sempre en Galiza”, levantando as polémicas dados os tempos que corrían. A embaixada tentou presionar ás autoridades venezolanas para que pecharan o programa pero non tiveron éxito e aínda hoxe en día “Sempre en Galiza” segue a ser o programa da Irmandade. A “Agrupación Nós” era o nome da candidatura que se presentou a esas eleccións.

Os nosos cantos (Ultreia)
Caderno de cantigas ordenadas por Álvaro das Casas e editado polos “Ultreia”

Bases Constitucionais e Medidas económicas para un programa de Goberno provisiorio Galego
O caderno -de 24 páxinas- foi editado en abril de 1976 pola UPG e contén 3 textos: Unha “Presentación” asinada polo editor, o “Proxecto de Medidas Económicas para un Programa de Goberno Provisorio Galego” e as “Bases Constitucionais para a participación da Nación Galega nun Pacto Federal e de Goberno Provisorio Galego”. Estes dous últimos textos están asinados polo Consello de Forzas Políticas Galegas (PGSD, PSG e UPG).