Libraría

Discurso de Castelao no Día da Galiza Mártir de 1940 rendendo homenaxe a Alexandre Bóveda Bóveda
Quixemos recoller nesta edición dixital tal como foi publicado o seu discurso por canto queda no formato das páxinas, na autoría da edición, na prestación do proxecto editorial, etc… a contextualización necesaria para entender o seu contido. Os que non saben nada e tanto escriben sobre Castelao grazas as súas facilidades para publicar e a difusión que teñen as súas palabras baleiras pola pertinencia para o poder non van entender tampouco este texto aínda que o lean. Non é pois esta unha réplica a estes enterradores de Castelao. A intención coa que orixinariamente foi publicado o discurso era sementar entre os novos a inquedanza necesaria para camiñar na dirección da autoconciencia.

Programa do Partido Galeguista
Este libriño-documento é o programa do Partido Galeguista, baixo o título “Ideas que defende e fins que se propón o Partido Galeguista”, editado no ano 1934 na cidade de Ourense.

Dossier: Ben-Cho-Shey, político
Dossier formado por un artigo sobre a senlleira figura de Ben-Cho-Shey e tres textos do mesmo:
– Xosé Ramón e Fernández Oxea, setenta anos de militancia nacionalista [Xosé Ramón Ermida Meilán]
– Os movementos nacionalistas na Europa actual [Ben-Cho-Shey]
– Carta a Castelao [Ben-Cho-Shey]
– Carta sobre a reconstitución do Partido Galeguista [Ben-Cho-Shey]

Discurso de Porteiro Garea ao fundarse a Irmandade da Fala en Santiago o 1916
Documento pertencente aos cadernos de propaganda do Partido Galeguista, grupo de Compostela.
Este contén o discurso de Lois Porteiro Garea ao fundarse a Irmandade da Fala en Santiago o 1916.