Libraría

O estudantado galego sae á rúa. ERGA no movemento estudantil galego
Unha achega ás orixes de ERGA, en tanto expresión da autoorganización do estudantado galego, fai referencia, nun primeiro plano, ás motivacións que levaron a este grupo de estudantes a organizarse e, nun segundo plano, a reparar nas razóns que provocaron que fose precisamente no campo estudantil onde xurde a primeira das organizacións de masas do nacionalismo após a Guerra Civil.
O libro inclúe un DVD. É unha longametraxe documental de 78 minutos de duración, baixo o título “Lume novo”, da autoría de Alberte Mera García no que, coa participación de máis de 18 entrevistados e entrevistadas e co acompañamento de imaxes audiovisuais inéditas até a data, retornamos ás loitas estudantís que comezaron nos anos 70.
O libro, de 200 páxinas, divídese en 4 capítulos e un anexo documental contando con máis de 50 fotografías, unha selección de más de 100 autocolantes, cartaces e doucumentos inéditos que recollen os momentos fundamentais dos conflitos estudantís. Aquí recollemos o limiar do libro.
De teres interese en adquirir o libro, só tes que te poñer en contacto coa Fundación Bautista Álvarez.

Pequeno Dicionario Nacional-Popular
Limiar a cargo de Bautista Álvarez.
Baixo o nome de Pequeno Dicionario Nacional-Popular a revista
Ceibe acolleu durante dous anos (1978-1979) unha
sección na que se publicaron algo máis de medio cento de
definicións de conceptos básicos que calquera nacionalista
debía saber e –o máis importante- ser quen de entender e
poder explicar axeitadamente no seu ámbito de militancia.
De teres interese en adquirir o libro, só tes que te poñer en contacto coa Fundación Bautista Álvarez.

A Terra sabe a loita. Testemuño de rebeldía labrega
A Fundación Bautista Álvarez vén de editar este volume, en colaboración coa Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, onde se recollen as loitas do agro galego desde comezos da década dos 70 até comezos dos século XXI. A autoría corre a cargo de Emilio López Pérez, Milucho, un dos mellores coñecedores da realidade labrega.
O libro inclúe dous DVDs. Un contén extras e o outro é unha longametraxe documental de 88 minutos de duración, baixo o título “Clamor da Terra”, da autoría de Alberte Mera García no que, coa participación de máis de 22 entrevistados e entrevistadas e co acompañamento de imaxes audiovisuais inéditas até a data, reconstrúese as loitas dos últimos decenios.
O libro, de algo máis de 300 páxinas, divídese en 13 capítulos e conta cunha ampla cronoloxía. Tamén ten un anexo documental e unha selección de máis de 100 fotografías que recolle momentos fundamentais dos conflitos agrarios. Aquí recollemos o limiar de Lois Diéguez e o índice do libro.
De teres interese en adquirir o libro, só tes que te poñer en contacto coa Fundación Bautista Álvarez.

Xosé Chao Rego. Renacer galego. Actas do Simposio-Homenaxe
Galiza recoñeceu neste tributo o traballo e esforzo inesgotábel de Xosé Chao Rego, que puxo sempre o mellor de si mesmo ao servizo do seu País, da súa Nación, e xa que logo ao conxunto da humanidade, tan necesitada de recoñecerse na súa propia identidade nun mundo cada vez máis globalizado, no que se pretende reducir a pluralidade étnica, nacional, cultural, a unha lacra ontraria ao progreso, nese camiño que se nos pretende marcar cara a unha visión única do mundo no que, en consecuencia, os Pobos non teñen espazo. O libro editouse en Xullo de 2010.
De teres interese en adquirir o libro, só tes que te poñer en contacto coa Fundación Bautista Álvarez.