Libraría

Boletín Internacional da Unión do Povo Galego (UPG) Nº 5
A Secretaría de Relacións Internacionais da UPG publicou o seu boletín internacional número 5 no mes de novembro do 2013 na súa páxina web www.uniondopovogalego.org, en portugués, inglés e español, que distribuiu polos cinco continentes e fixoo chegar a varias ducias de organizacións e partidos cos que a Unión do Povo Galego mantén intercambios regulares de información

Comic “Servir o povo galego” sobre Moncho Reboiras
Autoría do comic: “Tokio”
A continuación podes ver os horarios dos actos do 38 Aniversario do asasinato de Moncho Reboiras organizados pola Unión do Povo Galego (UPG):
19:00 horas
Concentración na Praza de Armas
(diante da Casa do Concello de Ferrol).
Saída cara ao portal da rúa da Terra onde foi asasinado Moncho Reboiras e ofrenda floral.
Canto da Internacional e baixada até a Alameda do Cantón
19:30 horas
Intervencións políticas no Cantón:
Mercedes Tobío Rodríguez (Concelleira do BNG en Ferrol)
Xacobe García Souto (Secretario Xeral da UMG)
Néstor Rego Candamil (Secretario Xeral da UPG)
Himno galego

50 anos ao servizo do povo e e da Patria Galega. 50 anos de loita e un proxecto de futuro para a Galiza
A Unión do Povo Galego (UPG) vén de facer 50 anos de existencia.
Medio século de loita constante en prol dun único obxectivo: unha Galiza libre e sen explotación. Un obxectivo que sabemos difícil e complexo. Nada máis e nada menos que o de romper con 500 anos de dominación colonial sobre o noso País, de conquistar a independencia nacional e de construír na nosa patria unha sociedade radicalmente nova, xusta, libre, democrática, igualitaria, unha sociedade socialista.

“Autodeterminación, pobo e socialismo” de Xoán Carlos Garrido Couceiro
Xoán Carlos Garrido Couceiro, diretor da revista Terra e Tempo escrebe para o voceiro e revista da UDP , “A Comuna”, este artigo para explicar o concepto de autodeterminación desde un punto de partida nacionalista e comunista, mais no contexto dun país sen Estado.