Libraría

Bases Constitucionais e Medidas económicas para un programa de Goberno provisiorio Galego
O caderno -de 24 páxinas- foi editado en abril de 1976 pola UPG e contén 3 textos: Unha “Presentación” asinada polo editor, o “Proxecto de Medidas Económicas para un Programa de Goberno Provisorio Galego” e as “Bases Constitucionais para a participación da Nación Galega nun Pacto Federal e de Goberno Provisorio Galego”. Estes dous últimos textos están asinados polo Consello de Forzas Políticas Galegas (PGSD, PSG e UPG).

Denuncia diante a UNESCO da persecución do idioma galego polo Estado Español (1954)
Denuncia diante a UNESCO da persecución do idioma galego polo Estado Español.
Bos Aires, 1954

Especial “Terra e Tempo” editado en París sobre marzo de 1972
Terra e Tempo, editado en París, tomando como base un informe realizado por Moncho Reboiras que na Galiza non se publicou como Terra e Tempo e si como un caderno informativo.

V Xornadas Lois Obelleiro, de Historia, Pensamento e Cultura. Pontevedra, 28 de outubro de 2017
PONTEVEDRA. Sábado, 28 de outubro de 2017 Casa das Campás (Rúa Don Filiberto, 11)
PROGRAMA
- 10.15 Recepción aos asistentes
- 10.30 Conferencia: «As modificacións legais e o seu papel sobre a regresión en dereitos e condicións de vida das e dos traballadores». Héctor López de Castro Ruis. Avogabo laboralista. Confederación Intersindical Galega
- 11.10 Coloquio
- 11.30 Mesa redonda: Intervención de Lucía Freire e Patricia Cordo sobre as condicións de traballo desde a súa experiencia no sector servizos
- 12.00 Coloquio
- 12.15 Descanso
- 12.30 Conferencia: «Pobreza e dinámica da pobreza na Galiza actual». Ánxela Troitiño Cobas. Doutora en Economía Universidade de Santiago de Compostela
- 13.10 Coloquio
- 13.30 Remate