Libraría

Discurso de Porteiro Garea ao fundarse a Irmandade da Fala en Santiago o 1916

Documento pertencente aos cadernos de propaganda do Partido Galeguista, grupo de Compostela.

Este contén o discurso de Lois Porteiro Garea ao fundarse a Irmandade da Fala en Santiago o 1916.

Quen é Vicente Risco?

Libro editado pola Fundación Vicente Risco no ano 2013 que recolle unha profunda análise da vida e obra dunha das figuras máis senlleiras, controvertidas e importantes do nacionalismo galego de comezos do século XX

O Noso Galeguismo, Agrupación Nós, Caracas, 1967

Documento escrito por Celso Emilio Ferreiro para a campaña electoral de 1967. Os textos do mesmo léronse no programa de radio “Sempre en Galiza”, levantando as polémicas dados os tempos que corrían. A embaixada tentou presionar ás autoridades venezolanas para que pecharan o programa pero non tiveron éxito e aínda hoxe en día “Sempre en Galiza” segue a ser o programa da Irmandade. A “Agrupación Nós” era o nome da candidatura que se presentou a esas eleccións.

Os nosos cantos (Ultreia)

Caderno de cantigas ordenadas por Álvaro das Casas e editado polos “Ultreia”