Libraría

As Irmandades da Fala. Os inicios do nacionalismo galego contemporáneo (I) e (II)

Dossieres publicados na Revista Terra e Tempo nos seus números 135 e 136 (2005)

Índice Dossier “As Irmandades da Fala. Os inicios do nacionalismo galego contemporáneo (I)”

O tempo das Irmandades da Fala
María Pilar García Negro
A tradición do país galego e a súa cultura actual
Antón Vilar Ponte
Verbas d´un loitador ¡Dinidade!
Luís Porteiro Garea
Crónicas de Galiza. As letras vernáculas e a cultura
Roberto Blanco Torres

Índice Dossier “As Irmandades da Fala. Os inicios do nacionalismo galego contemporáneo (II)”

Estatuto de Nación, un paso adiante sen esquecer o camiño andado
Xoán Carlos Garrido Couceiro
Discurso en Betanzos (1907)
Manuel Lugrís Freire
Temas nacionalistas
Manuel García Barros
Programa electoral
Luís Porteiro Garea

Da emigración galega na Suíza [Textos e documentos] por Xurxo Martiz Crespo

ÍNDICE
Limiar / Páx 5
Xurxo Martiz Crespo: Entrevista a Marianne Helfer
“A emigración e o retorno dos galegos da Suíza” / Páx. 9
Acordo de inmigración Suíza-Estado español / Páx. 21
Breviario para a man de obra do Estado español na Suíza, 1961 / Páx. 33

Documento “A hora das Nacións, a hora de Galiza”

Cando conmemoramos o 40 aniversario do asasinato de Moncho Reboiras queremos formular publicamente 40 puntos, ideas, principios, propostas, que son tamén 40 compromisos con este noso País, como chanzos dun camiño que estamos dispostos a percorrer con decisión porque sabemos que ao final está a liberdade. 40 puntos que arrancan, por coherencia, coa mesma afirmación con que hai 51 anos a Unión do Povo Galego iniciaba o combate: Galiza é unha nación e, como tal, ten dereito á autodeterminación, e que sintetizan o presente e o futuro que queremos para a Galiza.

Cartaz da exposición A Nación galega en pé. 50 anos da fundación da Unión do Povo Galego

A exposición permanecerá aberta até o martes 3 de marzo de 2015 (incluído) no Museo Provincial de Lugo -con entrada gratuíta- e cos seguintes horarios:
Luns a Venres: 9:00 a 21:00 h.
Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: 11 a 14 h.

Ollar A Nación galega en pé. 50 anos da fundación da Unión do Povo Galego, supón un reflexivo reencontro con feitos que se gardan na memoria colectiva e individual das galegas e dos galegos. Son realidades que requeriron do noso povo capacidade de loita, moito esforzo e ilusión por vencer e que agora reviven nesta exposición para patentizar a coraxe, dignidade e concienciación dos homes e mulleres de Galiza, e tamén dunha forza política nacionalista que foi quen de asumir e canalizar as súas reivindicacións e anseios. As fotos, revistas, discos, cartaces, audiovisuais e publicacións de todo tipo que se exhiben nesta mostra, trasládannos e fannos sentir e conectar anímica e racionalmente con quen levaron a cabo as fortes loitas contra a ditadura franquista, e contra o actual sistema que segue a esquecer os problemas socioeconómicos das nosas xentes e a situación sociocultural da nosa Nación.

Comisaria: María Antonia Pérez
Coordinador e documentalista: Roberto Vilameá
Deseño: Pepe Barro
Edición das filmacións documentais: Alberte Mera
Realización vídeo: Xoán Carlos Garrido