Alexandre Sieira Almallo

Da España do euro á España sen euros

A soberbia que non mingua Fai poucos anos íamos a comer o mundo. Estabamos no pelotón de cabeza perto de coller o barrete do alumno máis espabilado do mundo rico.     Víamos unha emigrante nun bar e xa logo pensabamos que era unha meretriz, e si era un inmigrante varón podía ser que fora […]

13 Xuño, 2012 Listaxe de artigos do colaborador 32 Leituras
(0)

A soberbia que non mingua

Fai poucos anos íamos a comer o mundo. Estabamos no pelotón de cabeza perto de coller o barrete do alumno máis espabilado do mundo rico.    

Víamos unha emigrante nun bar e xa logo pensabamos que era unha meretriz, e si era un inmigrante varón podía ser que fora un ladrón ou un que viña a “chupar da teta” do papá estado que co noso traballo o converteramos en rico en, certamente, pouco tempo. Ese estado novo rico, con tódalas eivas que teñen os novos ricos elevado a enésima potencia de moitos millóns de cidadáns que crían nese soño.    

Pero os soños, co tempo, resultaron ser pesadelos, e agora case que pasamos por ser o estado falido da Unión Europea (co permiso de Grecia).    

E cando nos ofrecen un creto para tapar as nosas vergoñas (as dos bancos, por mellor dicir), imos de farol e vai o presidente do goberno central e di que pouco menos que lles fixemos un favor  ós prestamistas europeos e mundiais para aceptar o seu creto.     

Que non somos “non sei que pais africano” e que somos unha potencia……      

E como xa lles deixamos que fixeran unha colecta para deixarlle unha cantidade mareante ao sistema bancario español, ímonos ao futebol, porque é necesario, imprescindible, que o sr. Raxoi estivera en Polonia vendo a selección española de futebol, que non hai dúas sen tres, e así temos unha reunión de alto nivel co presidente de Polonia, que non se diga que non somos “serios”.    

Claro exemplo dos tempos nos que estamos.!?   Para os alleos receitamos austeridade en todo,e  para  nos, todo segue igual “que non temos” nada que ver co asunto, como cando íamos xunto cos líderes do pelotón.    

Así imos…. a onde.    

Era, seguramente, vital a súa presenza en Dansk. Seguro que se il non fora, os Xavi, Iniesta e compaña terían perdido por goleada. Circo, circo…, pero non era pan e circo?    

Nada parece mudar. Seguirán apertando ás “clases medias” (a clase obreira de toda a vida, pasado pola moda do pasteleiro), ata que non se poida máis. É non van saber ver isto ata que lles/nos estoupe a todos nunha situación incontrolable.    
Seguen sen dar pasos no tema da supresión de Deputacións, unión de concellos, creación dunha banca pública que faga chegar financiamento á activade económica,… Están centrados en aforrar, aforrar e aforrar no que eles non usan de cotío.    

Os banqueiros que enganan coas contas que presentan, os que enganaron coas preferentes, os que recibiron indemnizacións/autoregalos millonarios, os que están esperando por ese creto europeo sen deixar a cadeira de brazo para así poder seguir facéndolle favores aos seus amigos (eles mesmos), seguen vivindo entre nos como auténticos próceres cando o que son, na meirande parte, soamente ten un nome: dígao vostede que a min dáme, dáme…, non sei que me da.    

Xa sabemos que os que mandan non van mudar nada. Non van facer política para axudar á sociedade a que din representar. Teñen tantos anos de servizo a intereses espurios de cando íamos de sociedade rica, que aínda non interiorizaron que a crise tamén vai a por eles.    

Pero todo parece que vai mudar porque van ser outros (os que verdadeiramente teñen os euros) os que digan o que temos qué facer.    

E cando iso se leve a efecto, vai quedar claro que unha parte moi importante do poder sobra. E entón si que vai a haber cachoadas, porque ninguén vai aceptar que “sobra”. E entón si que teremos problemas. Porque eses que sempre din que nos comprenden, que traballan para nos, que tal e que cal, van tentar rachar a baralla. Si eles sofren, vai chorar todo quisque. E isto é o que máis me preocupa agora mesmo.    

Sempre andamos a dicir que os pobos teñen os gobernos que se merecen, especialmente en un sistema democrático.    

Os que están aínda mandando son o exemplo de esa sociedade mescla de soberbia, cobiza e caspa. Podían valer para a sociedade que votaba fai 8 anos.     Pero agora non valen.    

Demostran dia a dia que non teñen nada que ver coa sociedade a que din representar. Esta sociedade xa percorreu un tramo grande cara a dignidade e a decencia, con exemplos diarios de solidariedade, socorro e auxilio aos máis prexudicados pola crise.    

Pero os dirixentes aínda non se decataron que o persoal xa non comulga coas súas dobres linguaxes. Que teñen a batalla perdida van a sabelo nas eleccións máis próximas. Máis honorabilidade, máis política para resolver os problemas da cidadanía e menos cariño polo euro fácil, polo que se gaña con triquiñolas ou en consellos de grandes hidroeléctricas.    

Verdadeiramente non ven que o mundo mudou, que está a mudar cada dia?

(0)
0 Comments

Submit a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Artigos relacionados