Raúl Río Díaz

Raúl Río Díaz

Guitiriz, 1950 Estudou Maestria Industrial en Lugo. En 1969 emigra a Bilbao onde traballa de peón de albanel, de caldeireiro e soldador en varios asteleiros, de siderúrxico nos Altos Fornos de Vizcaya nos que exerceu de sindicalista e que aínda segue a exercer na factoría de Etxebarri de ArcelorMittal. Delegado de Cultura durante dous anos na Casa de Galicia de Santurtzi, funda en 1994, conxuntamente con outros emigrantes, a Asociación Cultural Rosalía Castro de Barakaldo. Colaborou con artigos de opinión en varios periódicos vascos e galegos así como en varios libros colectivos. Aficionado a escultura, tallou en granito o busto do poeta Xosé María Diaz Castro que se atopa na súa parroquia natal e a placa en baixo releve que se colocou na casa de Barakaldo onde viviu D. Ramón Cabanillas.