Artigos de Francisco Rodríguez Sánchez
Tres mulleres galegas
Neste ano 2020 cómprense 200 do nacemento en Ferrol de Concepción Arenal. Rechama que sexan tres mulleres do século XIX, galegas de nación, as que teñan mostrado coa súa actitude e a súa obra, as tres perspectivas básicas de futuro para Galiza, consoantes coa súa visión da Humanidade. As formas de posicionarse de cada unha […]
A estrela de Rosalía de Castro
Segundo informan os medios, unha estrela amarela e o seu exoplaneta veñen de ser denominados como Rosalía de Castro e río Sar, respectivamente, unha proposta da Agrupación Astronómica Coruñesa Io, que acadou os apoios necesarios na rede para logralo. Rosalía tiña especial interese no mundo que nos supera e transcende, e que tendemos a mitificar […]
Realidade e ilusionismo
Séntome a escribir nun contexto no que un remuíño de sucesos me perturban, non sei se dicir máis ben incomodan, para lle restar transcendencia á miña reacción. Asemade fágoo após ver un filme que me axudou a coñecer mellor, a explicarme con máis matiz, a dinámica social do actual capitalismo, no que hai de común, […]
Contra a intoxicación
No balbordo abafante da incomprensión e a intoxicación propagandística e mesmo do odio respecto do movemento independentista catalán en que nos fan vivir a inmensa maioría dos medios de comunicación, agora co gallo da reacción popular contra a sentencia do Tribunal Supremo, voume limitar a cinco aclaracións básicas por se serviren de algo a quen […]
Hai que falar!!!
Ás veces síntome constrito pola falta de información e debate na sociedade galega sobre os distintos aspectos da realidade de Galiza que nos debían preocupar e servir de indicadores para definir a nosa posición mesmo política. Velaí a causa de que, cando vexo ou leo algo que descubre o noso agochado ou axuda a comprender […]
Realismo, coherencia e iniciativa
Corren tempos complicados. O escepticismo e o desánimo asolagan moitas persoas que teñen unha visión crítica da realidade. Ao mesmo tempo parece que, na política, debe primar o ilusionismo. Non se procura o entusiasmo, a iniciativa e a indicación dos problemas con claridade e das solucións que se propoñen, de forma que dominen o debate […]
A Rosalía que nos orienta
Habituados como estamos a que nos diten todo desde fóra e a velo referendado desde dentro como propio, non nos decatamos, nin valoramos como debésemos, do que nos pode orientar, nos pode facer existir con dignidade, e mesmo nos sitúa polo noso propio valor e esforzo no mundo. Poderíamos afirmar que descoñecemos, en boa maneira, […]
Pequenos detalles, evidencias clamorosas
A verdade é que custa moito, resulta difícil, aínda habendo vontade, lograr que a vida municipal sexa algo máis que xestión do existente para quen goberna os concellos, sometidos a un deseño moi estrito e controlado, que deixa pouca marxe de manobra. No fundo non deixan de ser unha articulación dun sistema burocrático-administrativo de marcado […]
Cárcere dos pobos
A Jordi Sánchez, Jordi Turull, Josep Rull, Raul Romeva e Oriol Junqueras Estamos á porta de se celebraren unhas eleicións múltiples, no caso galego, para os concellos e para a UE. A ver cando dunha vez, sobre todo os nacionalistas, falan coa corrección debida a este respecto, e non empregan a palabra Europa, algo máis […]
O predicador rupturista e a súa biblia sagrada
Chéganme os ecos dun sermón coñecido que enuncia, con ostentación, quen, no seu día, anunciouse como a boa nova que viña mudalo todo. Resulta que agora enarbora a Constitución española, non só a dereita e a esquerda españolas que a patrocinaron e cociñaron. Tamén o fai sen complexos quen apareceu, nun escenario político español en […]